Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 240 Mércores, 18 de decembro de 2019 Páx. 53689

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

ANUNCIO do 5 decembro de 2019, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se notifica o inicio do expediente PSC-FE-0210/2019-PPM e oito máis.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), despois de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícase ás persoas interesadas, que se sinalan no anexo deste anuncio, o inicio do expediente PSC-FE-0210/2019-PPM e oito máis.

A eficacia do acto queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado, polo que o prazo para presentar alegacións computarase desde esa publicación.

As persoas interesadas poderán comparecer nas oficinas da sede da Xefatura Territorial da Consellería do Mar, sitas na avenida Gerardo Harguindey Banet, 2, Viveiro, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro do acordo de inicio e constancia de tal coñecemento.

O procedemento desenvolverase de conformidade co principio de acceso permanente. Para estes efectos, en calquera momento do procedemento, as persoas interesadas teñen dereito a coñecer o seu estado de tramitación e a acceder e obter copias dos documentos contidos nel, de acordo co artigo 53.1.a) da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Sen prexuízo do anterior, as persoas interesadas dispoñen dun prazo de quince (15) días para presentar cantas alegacións, documentos ou informacións consideren pertinentes e, se é o caso, propoñer proba concretando os medios de que pretendan valerse, segundo o disposto no artigo 64.2.f) da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

De non efectuar alegacións sobre o contido da iniciación do procedemento no prazo anteriormente citado, a iniciación poderá ser considerada proposta de resolución, cos efectos previstos para esta no artigo 89.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, de conformidade co disposto no artigo 64.2.f) citado.

A Coruña, 5 de decembro de 2019

O xefe territorial da Coruña
Por delegación de funcións por Resolución do 6.11.2019
(Orde do 8.9.2017, DOG núm. 180, do 21 de setembro)
Mª José Cancelo Baquero
Xefa do Servizo de Recursos Mariños da Coruña

ANEXO

Nº de expediente

DNI/NIF/NIE

Acto que se notifica

Enderezo

PSC-FE-0210/2019-PPM

32701010R

Inicio

R/ Rosalía de Castro, 3, B-D, Mugardos

PSC-FE-0218/2019-PPM

32700660L

Inicio

R/ María Pita, 23, 1º esqda., Gándara, Narón

PSC-FE-0232/2019-COP

32692405K

Inicio

Castelao, 73, 1º, Cedeira

PSC-FE-0240/2019-PPM

32700404Q

Inicio

Lg. Campamento de Pazos, s/n, Serantes, Ferrol

PSC-FE-0242/2019-PPM

32638026Z

Inicio

R/ Las Telleiras, 23, Fene

PSC-FE-0245/2019-PPM

32738729T

Inicio

R/ Alexandre Bóveda, 6, 1º E, Mugardos

PSC-FE-0251/2019-PPM

32609033R

Inicio

R/ Mugardos, 8, 1º dta., Ferrol

PSC-FE-0259/2019-PPM

32663430A

Inicio

R/ Méndez Núñez, 2, 1º dta., Narón

PSC-FE-0275/2019-PPM

71779017L

Inicio

R/ Baíña, 15, Mieres del Camino