Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 240 Mércores, 18 de decembro de 2019 Páx. 53697

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Infraestruturas

ANUNCIO do 2 de decembro de 2019 polo que se somete ao trámite de información pública o proxecto de construción Mellora da seguridade viaria na PO-531. Actuacións nos puntos quilométricos (p.q.) 8+850 e 9+400, de clave PO/18/101.06, así como a relación individual de bens, dereitos e propietarios afectados.

Antecedentes:

Para os efectos previstos no artigo 21.1 da Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia, sométese ao trámite de información pública o proxecto construtivo Mellora da seguridade viaria na PO-531. Actuacións nos puntos quilométricos (p.q.) 8+850 e 9+400, de clave PO/18/101.06.

A estrada PO-531 (Pontevedra-Barro) caracterízase por presentar unha intensidade media diaria de tráfico moi alta e por atravesar e dar acceso a varios núcleos de poboación e algún polígono industrial-comercial, todo o cal fai que se teñan continuas situacións de cruzamento de vías e por tanto, risco de accidente de tráfico e de inseguridade viaria.

Trátase de mellorar a seguridade viaria do treito considerado mediante a reordenación do trazado actual habilitando nos lugares, xa preestablecidos no estudo previo, dúas zonas para o cambio de sentido de tipo rotonda e paso inferior.

Está prevista tamén a execución de varios muros tipo quebramar, varios treitos de beirarrúas, dúas paradas de autobús (p.q. 9+310 e 9+270), o reforzo do firme no treito considerado, a renovación da drenaxe lonxitudinal e a reposición e mellora da iluminación pública, da sinalización viaria e das barreiras de seguridade.

Considerando todo o exposto e o establecido na normativa vixente,

RESOLVO:

Primeiro. De acordo co establecido no artigo 21.1 da Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia, e no artigo 50 do Decreto 66/2016, do 26 de maio, polo que se aproba o Regulamento xeral de estradas de Galicia, o proyecto de construción sométese ao trámite de información pública, durante un período de trinta días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial Galicia, para que as persoas que o consideren oportuno poidan formular por escrito, ante a Axencia Galega de Infraestruturas, as observacións que crean convenientes relativas á concepción global do trazado deseñado.

Segundo. Simultaneamente ao trámite sinalado no parágrafo anterior, e para os efectos previstos no artigo 56.1 do Decreto do 26 de abril de 1957, polo que se aproba o Regulamento de expropiación forzosa, sométese a información pública a relación individual de bens, dereitos e propietarios afectados pola realización da obra correspondente, para que os afectados presenten cantas alegacións ou rectificacións consideren convenientes en canto aos bens e dereitos descritos na relación anexa.

Terceiro. A exposición ao público, para os efectos da presente resolución, realízase na Axencia Galega de Infraestruturas (San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela), no Servizo de Infraestruturas de Pontevedra (avda. Mª Victoria Moreno, 43-1º, 36071 Pontevedra) e no Concello de Barro (Santo Antoniño, 11, Perdecanai, 36194 Barro-Pontevedra).

Así mesmo, na páxina web da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade:

(https://infraestruturasemobilidade.xunta.gal/organizacion/c/CIV_Axencia_Galega_de_Infraestruturas) atópase á disposición dos interesados o proxecto de construción.

Santiago Compostela, 2 de decembro de 2019

Francisco Menéndez Iglesias
Director da Axencia Galega Infraestruturas

ANEXO

Relación de bens, dereitos e propietarios afectados

Proxecto de construción.

Mellora da seguridade viaria na PO-531. Actuacións nos p.q. 8+850 e 9+400.

Clave: PO/18/101.06.

Concello de Barro:

Referencia catastral

Pol.

Parcela

Propietario

DNI

Sup. catastral (m2)

Aproveitamento

Expropiación

1

36002A222000020000AT

222

2

En investigación, artigo 47 da Lei 33/2003

--

283,00

C. Labor ou labradío secaño

283,00

2

36002A222000010000AL

222

1

Magariños Outón, Alicia (herdeiros)

***2143**

309,00

C. Labor ou labradío secaño

309,00

3

36002A222000060000AK

222

6

Sabarís Castro, Mª Lourdes

***1833**

381,00

C. Labor ou labradío secaño

223,00

4

36002A222000050000AO

222

5

Sartal Outeda, Carmen

***5506**

321,00

C. Labor ou labradío secaño

321,00

5

36002A222000040000AM

222

4

Sabarís Castro, Mª Lourdes

***1833**

275,00

C. Labor ou labradío secaño

275,00

6

36002A222000030000AF

222

3

Rivas Rey, Manuel

López Sabaris, José

Sabarís Villaverde, Erundino (herdeiros)

***1190**

***----**

***2236**

223,00

C. Labor ou labradío secaño

223,00

7

36002A222000070000AR

222

7

Sabarís Castro, Mª Lourdes

***1833**

1.017,00

C. Labor ou labradío secaño

541,00

8

36002A222000080000AD

222

8

Sabarís Castro, Mª Lourdes

***1833**

624,00

C. Labor ou labradío secaño

150,00

9

36002A222000090000AX

222

9

En investigación, artigo 47 da Lei 33/2003

--

507,00

C. Labor ou labradío secaño

62,00

10

36002A222000120000AX

222

12

Sartal Varela, Digna

***0712**

151,00

I. Improdutivo

118,00

11

36002A216003080000AE

216

308

En investigación, artigo 47 da Lei 33/2003

--

5.193,00

MM. Piñeiro para madeira

4.121,00