Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 240 Mércores, 18 de decembro de 2019 Páx. 53694

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Infraestruturas

ANUNCIO do 28 de novembro de 2019 polo que se somete ao trámite de información pública a separata para información pública do proxecto de construción Mellora de seguridade viaria (MSV) na estrada PO-542, puntos quilométricos (p.q.) 4+840-5+040, Pazos, de clave PO/19/054.06, así como a relación individual de bens, dereitos e propietarios afectados.

Antecedentes:

Para os efectos previstos no artigo 21.1 da Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia, sométese ao trámite de información pública o documento Mellora de seguridade viaria (MSV) na estrada PO-542, p.q. 4+840-5+040, Pazos, de clave PO/19/054.06.

O obxecto do proxecto, cuxo ámbito de actuación se desenvolve no concello de Pontevedra, é definir, xustificar e valorar as obras necesarias para a mellora da intersección actual en cruz da estrada autonómica coas estradas provinciais EP-0003 e EP-0004, no p.q. 4+900 da PO-542. Para isto proxéctase a execución dunha rotonda con dous carrís, de largo 4,00 m cada un, 30 m de diámetro exterior (incluídas beiravías) e beiravías interior e exterior de 1,00 m, coa finalidade de:

• Mellorar a actual intersección en cruce.

• Reducir o número de xiros á esquerda do treito comprendido entre os p.q. 4+700 ao 5+600.

• Acadar unha diminución da velocidade no treito de estudo.

• Reordenar o espazo público no treito comprendido entre os p.q. 4+840 e 5+040.

No proxecto tense en conta tamén o itinerario peonil e ciclista previsto nas inmediacións da rotonda proxectada (entre os p.q. 4+840 e 5+040), e que se recolle no proxecto construtivo Fomento da mobilidade sustentable. Senda na PO-542. Treito: Pazos. p.q. 4+700-5+600, de clave PO/16/263.06, á hora de coordinar as distintas actuacións que se recollen en ambos os proxectos.

Considerando todo o exposto e o establecido na normativa vixente,

RESOLVO:

Primeiro. De acordo co establecido no artigo 21.1 da Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia, e no artigo 50 do Decreto 66/2016, do 26 de maio, polo que se aproba o Regulamento xeral de estradas de Galicia este documento sométese ao trámite de información pública durante un período de trinta días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial Galicia, para que as persoas que o consideren oportuno poidan formular por escrito, ante a Axencia Galega de Infraestruturas, as observacións que crean convenientes relativas á concepción global do trazado deseñado.

Segundo. Simultaneamente ao trámite sinalado no parágrafo anterior, e para os efectos previstos no artigo 56.1 do Decreto do 26 de abril de 1957, polo que se aproba o Regulamento de expropiación forzosa, sométese a información pública a relación individual de bens, dereitos e propietarios afectados pola realización da obra correspondente, para que os afectados presenten cantas alegacións ou rectificacións consideren convenientes en canto aos bens e dereitos descritos na relación anexa.

Terceiro. A exposición ao público, para os efectos da presente resolución, realízase na Axencia Galega de Infraestruturas (San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela), no no Servizo de Infraestruturas de Pontevedra (avda. Mª Victoria Moreno, 43-1º, 36071 Pontevedra), e no Concello de Pontevedra (Michelena, 36002 Pontevedra). Así mesmo, na páxina web da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade:

(https://infraestruturasemobilidade.xunta.gal/organizacion/c/CIV_Axencia_Galega_de_Infraestruturas), atópase á disposición dos interesados o documento de separata do proxecto de construción.

Santiago Compostela, 28 de novembro de 2019

Francisco Menéndez Iglesias
Director da Axencia Galega Infraestruturas

ANEXO

Relación de bens, dereitos e propietarios afectados

Proxecto de construción.

MSV na estrada PO-542, p.q. 4+840-5+040, Pazos.

Clave: PO/19/054.06.

Concello de Pontevedra:

Ref. catastral

Parcela

Políg.

Titular

NIF

Clas. NN SS

Uso

catastral

Sit. bás. solo

Sup. catastral total

Sup. solo afectado

Sup. ocupación temporal

Bens afectados

Medición

001

36900A11100085

00085

111

Diz Veiga, Domingo

Fco. Javier

***3509**

Solo de

núcleo rural

Agrario

Urbanizado

1.855

27,95

0,00

Muro de pedra con peche de malla/postes de formigón+recuamento de portón metálico

23 ml+1ud

002

36900A09500078

00078

095

Martínez

Malvar, Manuel

***3373**

Solo de

núcleo rural

Agrario

Urbanizado

982

774,45

44,05

Viña +peche malla T. torsión/poste formigón+portón metálico+galpón+

alpendre

250 m2+

266 ml+

1 ud+23,5 m2 +50 m2+57 m2

003

36900A09500080

00080

095

En investigación. Artigo 47 da Lei 33/2003

-

Solo non urbanizable común

Agrario

Rural

460

362,45

0,00

Peche malla T. torsión/poste formigón

36 ml

004

36900A09500082

00082

095

Pazos Portela, Divina

***2944**

Solo de

núcleo rural

Agrario

Urbanizado

4.530

766,45

0,00

Viña+árbore ornamental de gran porte

500 m2+7 ud

005

36900A09500081

00081

095

Pazos Portela, Emilia

***2944**

Solo de

núcleo rural

Agrario

Urbanizado

7.234

96,11

0,00

Muro de pedra/cerca+portón peonil+portón metálico

10 m2+1 ud +1 ud

006

36900A09500176

00176

095

González

Otero, José

***1209**

Solo de

núcleo rural

Agrario

Urbanizado

269

254,87

0,00

Viña+peche malla T. torsión

241 m2+

84 ml

007

36900A09500099

00099

095

Sebastián Parada, Rafael Aparicio

***2482**

Solo de

núcleo rural

Agrario

Urbanizado

150

160,07

0,00

008

36900A09500098

00098

095

González

Otero, José

***1209**

Solo de

núcleo rural

Agrario

Urbanizado

3.458

267,45

126,03

Muro de pedra con peche de malla/postes de formigón+árbore ornamental de gran porte+muro de pedra+portón metálico

48 ml+

1 ud+

28 m2+1 ud