Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 234 Martes, 10 de decembro de 2019 Páx. 52377

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (PO 513/2017).

Eu, Paloma Recalde Álvarez, letrada Administración de xustiza do Xulgado Social número 2 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 513/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de Francisco Javier Cabrera Mariño contra a empresa Global Group Gestión de Compras y Servicios, S.L., sobre ordinario, ditouse sentenza cuxa resolución é a seguinte:

«Decido que, estimando en parte a demanda interposta por Francisco Javier Cabrera Mariño contra Federico Sánchez Fernández Armesto, GG Gestión de Compras y Servicios, S.L. e o Fogasa:

– Condénase a empresa GG Gestión de Compras y Servicios, S.L. a aboar ao demandante a cantidade de tres mil novecentos setenta e tres euros e oito céntimos (3.973,08 €) incrementada co xuro por demora do 10 % exclusivamente con respecto ás cantidades salariais xa expresadas.

– Absólvese a Federico Sánchez Fernández Armesto.

– Así mesmo, débese absolver o Fondo de Garantía Salarial, sen prexuízo da súa responsabilidade subsidiaria nos casos previstos no artigo 33 do Estatuto dos traballadores.

Notifíquese esta resolución ás partes, facéndolles saber que esta non é firme e fronte a ela cabe formular recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza, que deberá ser anunciado por comparecencia ou mediante escrito presentado na oficina xudicial dentro dos cinco días seguintes á notificación desta sentenza, ou por simple manifestación no momento en que se lle practique a notificación. Advírtase igualmente ao recorrente que non sexa traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social, ou habente causa seu, ou non teña recoñecido o beneficio de xustiza gratuíta, que deberá depositar a cantidade de 300 euros na conta aberta no Banco Santander a nome desta oficina xudicial; no caso de ter sido condenado en sentenza ao pagamento dalgunha cantidade, deberá consignar na conta de depósitos e consignacións a cantidade obxecto de condena, ou formalizar aval bancario no primeiro requirimento indefinido pola devandita cantidade, en que se faga constar a responsabilidade solidaria do avalista, incorporándoos a esta oficina xudicial co anuncio de recurso.

En todo caso, o recorrente deberá designar letrado ou graduado social para a tramitación do recurso, no momento de anuncialo.

Así por esta sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación en legal forma a Global Group Gestión de Compras y Servicios, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no DOG.

A Coruña, 15 de novembro de 2019

A letrada da Administración de xustiza