Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 234 Martes, 10 de decembro de 2019 Páx. 52375

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 2 de Vigo

EDICTO de notificación de sentenza (518/2018).

Eu, Pilar Sández González, letrada da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira instancia número 2 de Vigo, dou fe de que no xuízo verbal seguido ante este xulgado co número 518/2018, foi ditada a sentenza cuxo encabezamento e parte dispositiva son do teor literal seguinte:

«Sentenza:

Vigo, 25 de febreiro de 2019.

Vistos por min, Mª Belén Martínez Pato, maxistrada xuíza do Xulgado de Primeira instancia número 2 de Vigo, os autos de xuízo verbal número 518/2018, promovidos por Green Ice, S.L., representada polo procurador dos tribunais Francisco José Abajo Abril e asistida polo letrado Francisco Moriel Cambres, contra Carballo Material Eléctrico, S.L., en rebeldía procesual, autos de que resultan os seguintes (seguen antecedentes de feito e fundamentos de dereito).

Decido que debo estimar e estimo substancialmente a demanda interposta pola entidade Green Ice, S.L., representada polo procurador dos tribunais Francisco José Abajo Abril, contra Carballo Material Eléctrico, S.L., en rebeldía procesual e, en consecuencia, condeno a citada demandada a satisfacer á demandante a cantidade de dous mil sesenta e tres euros con noventa e dous céntimos (2.063,92 euros), máis os xuros legais conforme o exposto no último parágrafo do fundamento primeiro desta resolución, e as custas procesuais.

Dedúzase testemuño literal desta sentenza, que quedará nestas actuacións, con inclusión da orixinal no libro de sentenzas.

Notifíquese esta resolución ás partes facéndolles saber que contra ela non cabe recurso.

Así o pronuncio, mando e asino por esta miña sentenza».

E despois de ser dada e lida na súa data e atopándose en paradoiro descoñecido a demandada, Carballo Material Eléctrico, S.L., expido e asino este edicto para que sirva de notificación á referida demandada.

Vigo, 12 de xuño de 2019

A letrada da Administración de xustiza