Eu, María Lago Rivero, letrada da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia número 1 de Vigo, polo presente anuncio:
No presente procedemento de xuízo verbal número 241/2018, seguido por instancia de Jorge Manuel Palacios González fronte a Idoia Piñeiro Brao, ditouse sentenza, cuxo encabezamento e resolución son do teor literal seguinte:
«Sentenza
En Vigo o 18 de xullo de 2019
Vistos por María Isabel Castro Martínez, maxistrada xuíza do Xulgado de Primeira Instancia número 1 de Vigo, os autos de xuízo verbal sobre reclamación de cantidade co número 241/2018, promovidos por Jorge Manuel Palacios González, representado polo procurador Sr. López López e asistido da letrada Sra. Couselo Filgueira, contra Idoia Piñeiro Bao, en situación procesual de rebeldía.
Resolución
Estimando integramente a demanda promovida pola representación de Jorge Manuel Palacios González contra Idoia Piñeiro Bao, debo condenar e condeno a demandada a aboar a cantidade de 1.561,54 euros, máis os xuros legais desde a data de presentación da demanda, e ao pagamento das custas procesuais.
Notifíquese ás partes.
Contra a presente resolución non cabe recurso ningún.
Así o acordo, mando e asino».
E encontrándose a devandita demandada, Idoia Piñeiro Brao, en paradoiro descoñecido, expídese o presente co fin de que sirva de notificación en forma a esta.
Vigo, 30 de outubro de 2019
A letrada da Administración de xustiza