Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 231 Mércores, 4 de decembro de 2019 Páx. 51772

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (PO 33/2019).

Eu, Eva Ortiz Suárez, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 33/2019 deste xulgado do social, seguido por instancia de Maritza Katy Borda Sauñe contra o Fondo de Garantía Salarial e Juferen Gestiones Inmobiliarias, S.L., sobre reclamación de cantidade, se ditou sentenza cuxa parte dispositiva di:

Que debo estimar e estimo a demanda que en materia de cantidade foi interposta por Maritza Katy Borda Sauñe contra a entidade Juferen Gestiones Inmobiliarias, S.L. e, en consecuencia, debo condenar e condeno a entidade Juferen Gestiones Inmobiliarias, S.L. ao aboamento da cantidade de 480,68 euros líquidos polo mes de xuño de 2018 e 2.328,8 euros brutos polos salarios de xullo e agosto de 2018, incrementadas ambas as cantidades no xuro do 10 % por mora e aplicable aos conceptos salariais.

Coa intervención do Fondo de Garantía Salarial.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e fágaselles saber que contra ela non cabe interpor ningún recurso. Así o pronuncio, mando e asino por esta miña sentenza. A maxistrada xuíza deste xulgado Pilar Carreira Vidal.

Para que sirva de notificación en legal forma á empresa Juferen Gestiones Inmobiliarias, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Boletín Oficial da provincia.

Advírteselle á destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 13 de novembro de 2019

A letrada da Administración de xustiza