Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 231 Mércores, 4 de decembro de 2019 Páx. 51770

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 3 de Cangas

EDICTO (105/2016).

Eu, Ana María Pazos Gómez, letrada da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 3 de Cangas, fago saber que no procedemento seguido por instancia de Jessica Filomena González Piñeiro fronte a Manuel Gregorio Figueroa, se ditou sentenza, do seguinte teor literal:

«Sentenza.

Cangas, 10 de xullo de 2019

Vistos por David Pérez Laya, maxistrado xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 3 de Cangas de Morrazo, os presentes autos de xuízo verbal número 105/2016, sobre garda e custodia da menor, en que foi demandante Jessica Filomena González Piñeiro, representada pola procuradora Araceli Barrientos Barrientos e asistida do letrado José Vázquez Vázquez, e demandado Manuel Gregorio Figueroa, en situación procesual de rebeldía, e con intervención do Ministerio Fiscal.

Parte dispositiva:

Estimo a demanda interposta pola procuradora dos tribunais Araceli Barrientos Barrientos, en nome e representación de Jessica Filomena González Piñeiro, contra Manuel Gregorio Figueroa, en situación procesual de rebeldía e, en consecuencia, acordo as seguintes medidas:

1. A garda e custodia da menor atribúeselle a Jessica Filomena González, sendo a patria potestade compartida por ambos os proxenitores, quen deberán tomar conxuntamente cantas decisións importantes afecten ou se refiran á menor.

2. Fíxase a pensión de alimentos, que deberá aboar o pai para a menor, na cantidade de 100 euros mensuais.

Esta pensión aboarase dentro dos cinco primeiros días de cada mes na conta que designe Jessica Filomena González Piñeiro e actualizarase anualmente conforme a variación do IPC.

Os gastos extraordinarios da menor serán aboados por metade por ambos os proxenitores.

3. Non se establece ningún réxime de visitas a favor de Manuel Gregorio Figueroa.

Todo isto sen especial pronunciamento en materia de custas.

Notifíquese esta resolución ás partes e ao Ministerio Fiscal e infórmese dos recursos que caben contra ela, prazo e órgano ante o cal se debe interpor.

Así o acordo, mando e asino».

E ao estar o demandado, Manuel Gregorio Figueroa, en paradoiro descoñecido e en situación de rebeldía procesual, expídese este edicto co fin de que lle sirva de notificación en legal forma.

Cangas, 14 de novembro de 2019

A letrada da Administración de xustiza