Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 231 Mércores, 4 de decembro de 2019 Páx. 51773

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Pontevedra

EDICTO (ETX 129/2019).

Eu, Blanca Susana Janeiro Amela, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 de Pontevedra, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 129/2019 deste xulgado do social, seguido por instancia de Javier Veiga García contra Grupo Buchan Rías Baixas, sobre despedimento, se ditou o Auto en que se despacha execución, do 12 de novembro de 2019, impugnable en reposición no prazo de cinco días, e dilixencia de ordenación en que se sinala incidente de non readmisión, impugnable en revisión no prazo de tres días. Ambas as resolucións están á súa disposición na sede do xulgado.

Para que sirva de notificación en legal forma a Grupo Buchan Rías Baixas, en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle á destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Pontevedra, 13 de novembro de 2019

A letrada da Administración de xustiza