Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 228 Venres, 29 de novembro de 2019 Páx. 51054

III. Outras disposicións

Consellería de Infraestruturas e Mobilidade

DECRETO 152/2019, do 14 de novembro, polo que se aproba o cambio de titularidade a prol do Concello de San Cristovo de Cea de varias vías de titularidade autonómica.

Segundo o teor do artigo 9.4 da Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia, os cambios de titularidade das estradas ou treitos delas, cando non se trate de travesías urbanas ou treitos delas que estean incluídos no inventario de travesías da súa Administración titular, deberán ser aprobados por decreto da Xunta de Galicia, por proposta da consellería competente en materia de estradas e logo do acordo entre as administracións afectadas.

Por outra parte, a citada Lei de estradas dispón no artigo 9.7 que os cambios de titularidade poderán abranguer estradas, treitos delas, elementos funcionais e/ou espazos da zona de dominio público adxacente.

O Concello de San Cristovo de Cea solicitou a transferencia da titularidade do treito urbano da estrada OU-187 desde o punto quilométrico 0+000 ao punto quilométrico 1+980, vía de titularidade autonómica, que se corresponde coas rúas Calvo Sotelo e José Antonio.

A Axencia Galega de Infraestruturas, de acordo co informe emitido polos servizos competentes, formulou a proposta favorable á transferencia de titularidade solicitada inicialmente polo concello e considera que son susceptibles de transferir outros treitos de estradas, os cales carecen de funcionalidade dentro da rede autonómica de estradas xa que presentan un tráfico maioritariamente de ámbito local.

O día 7.6.2019, o Concello de San Cristovo de Cea acepta a transferencia de titularidade de todos os treitos propostos pola axencia.

De conformidade co anteriormente exposto, por proposta da conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día catorce de novembro de dous mil dezanove,

DISPOÑO:

Artigo 1

Aprobar o cambio de titularidade a prol do Concello de San Cristovo de Cea das seguintes vías da Rede autonómica de estradas de Galicia:

Clave

Denominación

PQi

Coordenadas UTM (ETRS89)

PQf

Coordenadas UTM (ETRS89)

OU-187

Fondo de Cea (N-525) – OU-504

0+010

X=582.966

Y=4.702.324

1+525

X=583.854

Y=4.703.098

OU-186

OU-504 – Fondo de Cea (N-525)

0+000

X=582.404

Y=4.701.796

0+820

X=582.959

Y=4.702.301

OU-185

OU-504 – San Fagundo – OU-504

0+000

X=581.101

Y=4.701.250

0+850

X=581.714

Y=4.701.666

-

Treito da antiga OU-201

0+000

X=583.824

Y=4.703.120

0+419

X=584.212

Y=4.703.262

-

Ramal de conexión OU-187/OU-504

0+000

X=583.100

Y=4.702.453

0+095

X=583.127

Y=4.702.368

-

Ramal de conexión OU-186/vía de servizo OU-504

-

X=582.769

Y=4.702.090

-

X=582.798

Y=4.702.031

Modificar o Decreto 308/2003, do 26 de xuño, polo que se aproba a relación de estradas de titularidade autonómica da Comunidade Autónoma de Galicia, suprimindo da relación de estradas da Comunidade Autónoma de Galicia as estradas OU-187, OU-186 e OU-185, que figuran como segue:

Estrada

Rede

Denominación

Clave anterior

OU-187

S

OU-504 – Cea – OU-504

OU-210

OU-186

S

OU-504 – Fondo de Cea – OU-504

OU-210

OU-185

S

OU-504 – San Fagundo – OU-504

OU-210

Artigo 2

Consonte os números 4 e 6 do artigo 10 da Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia, o Concello de San Cristovo de Cea deberá modificar o seu catálogo de estradas para incluír o cambio de titularidade a que se refire este decreto.

Artigo 3

De acordo co establecido no artigo 9.6 da Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia, o cambio de titularidade será efectivo o día seguinte ao da publicación deste decreto no Diario Oficial de Galicia. A entrega dos bens formalizarase no prazo dos dous meses seguintes a esta publicación mediante a sinatura da correspondente acta de entrega.

Artigo 4

Correspóndelle ao Concello de San Cristovo de Cea, a partir da formalización da entrega, todas as actividades de xestión, mantemento, conservación e explotación das vías, así como o exercicio das funcións de disciplina viaria e calquera outra que puidese corresponderlle como nova Administración titular das estradas.

Disposición derradeira

Este decreto producirá efectos desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, catorce de novembro de dous mil dezanove

Alberto Núñez Feijóo
Presidente

Ethel Mª Vázquez Mourelle
Conselleira de Infraestruturas e Mobilidade