Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 228 Venres, 29 de novembro de 2019 Páx. 51057

III. Outras disposicións

Consellería de Política Social

RESOLUCIÓN do 20 de novembro de 2019, da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, pola que se publican os requirimentos de emenda da documentación das xustificacións presentadas ao abeiro da Orde do 3 de xuño de 2019 pola que se regulan as bases das subvencións para entidades de acción voluntaria e entidades locais enmarcadas no programa voluntariado sénior e se procede á súa convocatoria para o ano 2019 (código de procedemento BS508C).

A Consellería de Política Social convocou para o ano 2019, a través da Orde do 3 de xuño de 2019, pola que se regulan as bases das subvencións para entidades de acción voluntaria e entidades locais enmarcadas no programa voluntariado sénior (DOG núm. 112, do 14 de xuño).

O artigo 17 da orde de convocatoria establece o prazo e a forma de presentación da xustificación das axudas concedidas. A data limite para a presentación da xustificación é o día 8 de novembro de 2019.

Así mesmo, nos números 2 e 3 do artigo 17 da orde determínase a documentación complementaria necesaria para a tramitación do procedemento para as entidades de acción voluntaria e para as entidades locais beneficiarias, respectivamente.

Unha vez revisadas as xustificacións presentadas ao abeiro da dita orde de convocatoria polo órgano encargado da instrución, identificáronse aquelas que non reúnen a documentación necesaria, ben por non tela presentado, ben por conter erros ou por non ser suficiente para a determinación do cumprimento das condicións impostas e da consecución dos obxectivos previstos no acto da concesión da subvención.

O artigo 18 da dita orde establece que, transcorrido o prazo establecido de xustificación sen se ter presentado esta perante o órgano administrativo competente, este requirirá o beneficiario para que no prazo improrrogable de dez días a presente para os efectos previstos neste artigo. No dito artigo establece que a falta de presentación da xustificación no dito prazo comportará a perda do dereito ao cobramento total ou parcial da subvención, a exixencia do reintegro e demais responsabilidades establecidas na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. A presentación da xustificación no dito prazo adicional non eximirá o beneficiario das sancións que, conforme a lei, correspondan.

Así mesmo, o artigo 15 da orde de convocatoria establece que se publicarán no Diario Oficial de Galicia (DOG), de conformidade co previsto no artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, os actos administrativos e as correspondentes resolucións deste procedemento e que esta publicación producirá os efectos de notificación.

Por todo o exposto,

RESOLVO:

Primeiro. Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia da relación de entidades beneficiarias requiridas para emendar as xustificacións que non están debidamente cubertas e/ou presentar a documentación preceptiva exixida segundo o establecido nas bases reguladoras. Esta relación figura como anexo desta resolución.

Segundo. Facer indicación expresa a todas as entidades beneficiarias recollidas no anexo que son requiridas para que, no prazo de dez (10) días, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia (DOG), emenden a falta ou acheguen os documentos preceptivos conforme se establece na orde de convocatoria recollidos no dito anexo. De non o facer, de conformidade co artigo 18.3 da orde, co artigo 28.10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, e co artigo 45 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, comportará a perda do dereito ao cobramento total ou parcial da subvención, a exixencia do reintegro e demais responsabilidades que correspondan.

Terceiro. En caso de dúbida, dificultades técnicas ou necesidade de máis información durante o proceso de emenda da documentación das xustificacións, poderán dirixirse á Consellería de Política Social a través dos teléfonos 981 95 79 20 ou 981 54 69 97.

Santiago de Compostela, 20 de novembro de 2019

Cristina Pichel Toimil
Directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado

ANEXO

Entidades de acción voluntaria e entidades locais enmarcadas no programa voluntariado sénior

Número

de expediente

Solicitante

NIF

da entidade

Documentación requirida

BS508C 2019/002

Asociación de Familiares de Enfermos de Alzhéimer de
Ourense, Afaor

G32198970

– Anexo IV: corrixir o gasto da nómina outubro acorde co artigo 17.2.d.4º

– Completar solicitude de inscrición das experiencias voluntarias e dos certificados de experiencias voluntarias (artigo 17.2.a)

BS508C 2019/005

Asociación Acción Solidaria de Galicia, Asdegal

G27727593

– Anexo IV: corrixir gasto nómina outubro acorde co artigo 17.2.d.4º e presentar a póliza do seguro de responsabilidade civil para acreditar a cobertura (artigo 17.2.d.3º)

– Anexo II: adaptar aos cambios do anexo IV

– Memoria económica: adaptar aos cambios do anexo IV

– Memoria de actividades: adaptar aos cambios do anexo IV

– Presentar nóminas orixinais ou compulsadas e facturas orixinais (artigo 17.2.b)

– Completar solicitude de emisión dos certificados de experiencias voluntarias (artigo 17.2.a): modelo de cesión de datos, modelo de emisión de certificados e pagamentos de taxas para cada persoa voluntaria

BS508C 2019/010

Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de A Mezquita

G32167900

– Completar solicitude de inscrición das experiencias voluntarias e dos certificados de experiencias voluntarias (artigo 17.2.a)

– Presentar facturas orixinais (artigo 17.2.b)

BS508C 2019/011

Asociación Aliad-Ultreia

G27021120

– Presentar os xustificantes de pagamento dos seguros para acreditar a cobertura durante toda a execución do proxecto (artigo 17.2.d.3º)

– Presentar nóminas orixinais ou compulsadas e facturas orixinais (artigo 17.2.b)

– Achegar acreditación da titularidade das tarxetas de crédito/débito e da súa asociación á conta da entidade (artigo 17.2.d.1º)

BS508C 2019/013

Concello de Cabana de Bergantiños

P1501400D

– Completar solicitude de inscrición das experiencias voluntarias e dos certificados de experiencias voluntarias (artigo 17.3.a)

BS508C 2019/014

Asociación Xuvenil Amencer

G32025405

– Anexo II

– Anexo V

– Presentar as pólizas dos seguros e os xustificantes de pagamento para acreditar a cobertura durante toda a execución do proxecto (artigo 17.2.d.3º)

– Presentar nóminas orixinais ou compulsadas e TC2 do mes de outubro (artigo 17.2.d.4º)

BS508C 2019/015

Asociación Xaruma

G27746486

– Memoria económica acorde o artigo 17.2.b

– Anexo II: incompleto, falta unha sinatura

– Anexo IV: enviar completo e debidamente asinado, xunto coa documentación establecida no artigo 17.2.d

– Presentar facturas orixinais (artigo 17.2.b)

– Completar solicitude de inscrición das experiencias voluntarias e dos certificados de experiencias voluntarias (artigo 17.2.a)

– Anexo V

BS508C 2019/017

Natural Ardai, Terapia, Ocio y Formación

G32456097

– Anexo II

– Anexo IV, xunto co orixinal de cada factura e o seu xustificante de pagamento e xustificante de pagamento ás persoas voluntarias (artigo 17.2.d)

– Anexo V

– Memoria de actividades (artigo 17.2.a)

– Memoria económica (artigo 17.2.b)

– Xustificación de ter solicitada a inscrición das experiencias voluntarias e dos certificados das experiencias (artigo 17.2.a)

BS508C 2019/018

Asociación Tesouros de Galicia

G94065000

– Anexo IV: presentado anexo III erroneamente, posto que se corresponde con entidades locais

– Presentar facturas orixinais (artigo 17.2.b) e xustificantes de pagamento dos seguros de accidentes e responsabilidade civil que cubran a totalidade do proxecto (artigo 17.2.d.3º)

– Xustificación de ter solicitada a inscrición das experiencias voluntarias e dos certificados das experiencias (artigo 17.2.a)

BS508C 2019/019

Asociación Cultural Galega de Formación Permanente de Adultos, Ategal

G15496607

– Corrixir anexo IV

– Corrixir memoria económica, anexo II e memoria de actividades acorde co indicado no anexo IV

– Acreditación de ter contratado o seguro de responsabilidade civil de todas as persoas voluntarias que participaron no proxecto, durante todo o período de execución deste (artigo 17.2.d.3º)

– Presentar facturas orixinais (artigo 17.2.b)

– Achegar acreditación da titularidade da tarxeta de crédito/débito e da súa asociación a conta da entidade (artigo 17.2.d.1º)

BS508C 2019/022

Grupo Compostela de Universidades

G15520307

– Anexo II

– Anexo IV, xunto co orixinal de cada factura e o seu xustificante de pagamento e xustificante de pagamento ás persoas voluntarias (artigo 17.2.d)

– Anexo V

– Memoria de actividades (artigo 17.2.a)

– Memoria económica (artigo 17.2.b)

– Xustificación de ter solicitada a inscrición das experiencias voluntarias e dos certificados das experiencias (artigo 17.2.a)

BS508C 2019/024

Escola de Tempo Libre Xaruma

G36817385

– Anexo II: revisar os orzamentos indicados e asinar debidamente

– Anexo IV: incompleto, indicar todos os conceptos a xustificar e asinar debidamente. Corrixir o gasto da nómina outubro acorde co artigo 17.2.d.4º

– Anexo V

– Memoria de actividades (artigo 17.2.a)

– Memoria económica (artigo 17.2.b)

– Xustificación de ter solicitada a inscrición das experiencias voluntarias e dos correspondentes certificados das experiencias (artigo 17.2.a)

– Presentar facturas orixinais, nóminas e recibíns das persoas voluntarias, xunto cos xustificantes de pagamento, de todos os importes da xustificación. TC1 e xustificante de pagamento, TC2 e modelo 111 do trimestre correspondente e xustificante de pagamento, para cada nómina presentada (artigo 17.2.d)

BS508C 2019/025

ONG Mestura, para la Integración Social de las Personas Inmigrantes y Emigrantes

G15940414

– Presentar facturas orixinais e xustificantes de pagamento (artigo 17.2.d.1º)

BS508C 2019/026

Asociación Protectora de Animais do Camiño

G70459045

– Memoria de actividades (artigo 17.2.a)

– Memoria económica completa (artigo 17.2.b)

– Anexo II

– Anexo IV

– Anexo V

– Completar no depósito de experiencias voluntarias á parte da solicitude dos certificados das experiencias (artigo 17.2.a)

– Xustificantes de pagamento ás persoas voluntarias (artigo 17.2.d.2º)

– Presentar nóminas orixinais ou compulsadas e facturas orixinais (artigo 17.2.b)

– Presentar xustificante de pagamento orixinal das factura 101 e xustificantes de pagamento das facturas do servizo de auga (2019/004) e da factura de teléfono (272905) (artigo 17.2.d.1º)

– Presentar modelo 111 do 3º trimestre e o seu xustificante de pagamento (artigo 17.2.d.4º)

– Presentar a póliza do seguro de responsabilidade civil para acreditar a cobertura (artigo 17.2.d.3º)

BS508C 2019/027

Asociación Cultural Monte Branco

G15066384

– Anexo II

– Anexo IV, xunto co orixinal de cada factura, o seu xustificante de pagamento e xustificante de pagamento ás persoas voluntarias (artigo 17.2.d)

– Anexo V

– Memoria de actividades (artigo 17.2.a)

– Memoria económica (artigo 17.2.b)

– Xustificación de ter solicitada a inscrición das experiencias voluntarias e dos certificados das experiencias (artigo 17.2.a)

BS508C 2019/028

Asociación de Vecinos Afectados por Infraestructuras en el Municipio de Cambre

G15928088

– Anexo II: corrixir os orzamentos acorde co indicado na memoria económica

– Anexo IV: presentado anexo III erroneamente, posto que este correspondese con entidades locais

– Achegar xustificantes bancarios de pagamento das facturas 2077/19 e 1002547 (artigo 17.2.d.1º)

– Presentar facturas orixinais (artigo 17.2.d.1º) e xustificantes de pagamento dos seguros de accidentes e responsabilidade civil que cubran a totalidade do proxecto (artigo 17.2.d.3º). Recibí de Luis Teijido, posto que o xustificante de pagamento non indica ningún concepto (artigo 17.2.d.2º)

– Memoria económica: acorde co indicado nos anexos II e IV

– Xustificación de ter solicitada a inscrición das experiencias voluntarias e dos certificados das experiencias (artigo 17.2.a)

BS508C 2019/029

Asociación Sociocultural ASCM

G15161573

– Achegar TC2 de outubro (artigo 17.2.d.4º)

– Achegar xustificante de pagamento do TC1 do mes de setembro (artigo 17.2.d.4º)

BS508C 2019/030

Concello de Ponteceso

P1506900H

– Anexo III: a factura número 21 non é acorde co artigo 6

– Conta xustificativa: modificar acorde co indicado no anexo III

BS508C 2019/033

Concello da Veiga

P3208400F

– Xustificación de ter solicitada a inscrición das experiencias voluntarias e dos certificados das experiencias (artigo 17.3.a)

– Conta xustificativa (artigo 17.3.d)

– Corrixir anexo III e achegar os xustificantes de pagamento para acreditar a cobertura durante toda a execución do proxecto (artigo 4.1.c)

BS508C 2019/034

Asociación Protectora de Animais Bai.Senpulgas

G27805910

– Xustificación de ter solicitada a inscrición das experiencias voluntarias e dos certificados das experiencias (artigo 17.2.a)

– Presentar póliza do seguro de accidentes e xustificante de pagamento para a totalidade da duración do proxecto (artigo 17.2.d.3º)

BS508C 2019/035

Asociación Protectora de Animais Os Biosbardos

G27753268

– Anexo II

– Anexo IV

– Memoria de actividades (artigo 17.2.a)

– Memoria económica (artigo 17.2.b)

– Presentar facturas orixinais e xustificantes de pagamento (artigo 17.2.d.1º)

– Xustificación de ter solicitada a inscrición das experiencias voluntarias e dos correspondentes certificados das experiencias (artigo 17.2.a)

BS508C 2019/036

Valoresc Innovation

G70377585

– Xustificantes de pagamento dos seguros de accidentes e responsabilidade civil das persoas voluntarias que participaron no proxecto, durante todo o período de execución deste (artigo 17.2.d.3º)

– Anexo IV: corrixir importe de gasto total acorde co indicado na memoria económica

– Anexo II: corrixir acorde ao indicado no anexo IV

– Facturas orixinais (artigo 17.2.b)

BS508C 2019/037

Federación de Centros Xuvenís Don Bosco de Galicia

G15450828

– Presentar facturas orixinais (artigo 17.2.d.1º)

– Indicar os números de póliza dos dous seguros na certificación de Anagan (artigo 17.2.d.3º)