Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 228 Venres, 29 de novembro de 2019 Páx. 51220

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (PO 750/2017).

Eu, María Iria Román Vidarte, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 750/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de Juan Carlos Taco Suntaxi contra Antonio Aren Adán, Kekopelli Santiago, S.L. e Fogasa sobre ordinario, ditouse a seguinte resolución:

«Sentenza

En Santiago de Compostela, 9 de setembro de 2019.

Vistos por Ana María Souto González, maxistrada xuíza de reforzo do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela e o seu partido, os presentes autos 750/2017, seguidos por instancia de Juan Carlos Taco Suntaxi, asistido pola letrada Elena Moreira Agra, contra a entidade Kekopeli Santiago, S.L.

Resolvo

Estímase a demanda presentada por instancia de Juan Carlos Taco Suntaxi contra a entidade Kekopeli Santiago, S.L., e en consecuencia, condeno á demandada a aboar ao demandante a cantidade total de 3.400,75 euros euros como cantidades debidas máis os xuros de legal da devandita cantidade.

Todo sen prexuízo das responsabilidades legais do Fondo de Garantía Salarial.

E, igualmente, condénase a demandada ao pagamento dos honorarios do letrado, que se cuantifican no importe de 200 euros.

Notifíquese ás partes a presente resolución.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución abondando a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social colexiado ou representante dentro do indicado prazo.

Así o acorda, manda e asina».

E para que sirva de notificación en legal forma a Kekopelli Santiago, S.L.U. en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios deste xulgado.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 8 de novembro de 2019

A letrada da Administración de xustiza