Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 228 Venres, 29 de novembro de 2019 Páx. 51219

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (852/2017).

Eu, María Iria Román Vidarte, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 852/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de María Lourdes González Tarrío contra Hipescar, S.L., se ditou a seguinte resolución:

Sentenza:

Santiago de Compostela, 3 de outubro de 2019.

Vistos por Ana María Souto González, maxistrada xuíza de reforzo do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela e o seu partido, os presentes autos 852/2018, seguidos por instancia de María Lourdes González Tarrío, asistida polo letrado Sr. Romero Salgado, contra a entidade Refojo y González, S.L., Hipescar, S.L. e Campiñas de Laíño, S.L.

Resolvo:

Estímase a demanda presentada a instancia de María Lourdes González Tarrío contra a entidade Refojo y González, S.L., Hipescar, S.L. e Campiñas de Laíño, S.L., e, en consecuencia, condeno solidariamente as demandadas a aboar á demandante a cantidade total de 14.497,09 euros como cantidades debidas máis o xuros de mora do artigo 29.3 do ET.

E para que sirva de notificación en legal forma a Hispescar, S.L., en ignorado paradoiro, expido este para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese a destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 8 de novembro de 2019

A letrada da Administración de xustiza