Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 225 Martes, 26 de novembro de 2019 Páx. 50317

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 3 de Ourense

EDICTO (423/2018).

Eu, María Dolores Prieto Rascado, letrada da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia número 3 de Ourense, polo presente anuncio que no xuízo ordinario seguido neste xulgado de Primera Instancia número 3 de Ourense co número 423/2019 por instancia de Santander Consumer EFC, S.A. fronte a Delina Soto Valeriano se ditou sentenza, cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

«Que estimando a demanda formulada polo procurador Sr. Enríquez Naharro, en nome e representación da compañía mercantil Santander Consumer EFC, S.A., NIF: A-79082244, contra Delina Soto Valeriano, en situación procesual de rebeldía, condeno a demandada a que aboe á demandante a suma de vinte e un mil douscentos vinte e dous euros con vinte e nove céntimos (21.222,29 euros), así como o xuros pactados sobre o importe de cada un dos recibos impagados desde o día seguinte ao do vencemento de cada un dos recibos, ata a data de sentenza, e desde esta ata o completo pagamento dos xuros procesuais do artigo 576 da Lei de axuizamento civil (LAC), con imposición de custas á demandada.

Notifíquese a presente sentenza ás partes e en relación coa demandada declarada en rebeldía procesual na forma sinalada no artigo 497.2 da LAC.

Esta resolución non é firme, contra esta poden interpoñer as partes ante este xulgado, no prazo de 20 días desde a notificación da sentenza, recurso de apelación, do que coñecerá a Audiencia Provincial de Ourense.

Así, por esta a miña sentenza, da que se levará testemuño aos autos, quedando o orixinal no libro de sentenzas deste xulgado, a pronuncio, mando e asino».

E encontrándose a devandita demandada, Delina Soto Valeriano, en paradoiro descoñecido, expídese o presente edicto co fin de que sirva de notificación en forma a esta.

Ourense, 30 de setembro de 2019