Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 225 Martes, 26 de novembro de 2019 Páx. 50315

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Santiago de Compostela

RESOLUCIÓN do 12 de novembro de 2019 pola que se nomea o tribunal cualificador das probas selectivas para cubrir unha praza da categoría profesional de técnico/a especialista de investigación, especialidade saúde, grupo III, pola quenda de promoción interna e pola quenda de acceso libre.

Mediante a Resolución do 30 de setembro de 2019 (DOG do 11 de outubro) convócanse probas selectivas para cubrir unha praza da categoría profesional de técnico/a de especialista de investigación, especialidade saúde, grupo III, pola quenda de promoción interna e pola quenda de acceso libre, e no seu punto 5.1 establécese que o tribunal cualificador será nomeado mediante resolución reitoral que se publicará no DOG. De conformidade con isto, resolvo nomear o seguinte tribunal cualificador:

Tribunal titular:

Presidenta: Rosa María Señarís Rodríguez, catedrática de universidade da USC.

Vogais:

– Mercedes Otero Cristobo, persoal laboral fixo do grupo III da USC.

– María José Pazos Guldrís, persoal laboral fixo do grupo III da USC.

– Javier José López Rodríguez, persoal laboral fixo do grupo III da USC.

Secretario: José Manuel Caamaño Jerez, funcionario de carreira da escala administrativa da USC, que actuará con voz e voto.

Tribunal suplente:

Presidente: José Manuel Cifuentes Martínez, profesor titular de universidade da USC.

Vogais:

– Manuel Pérez Calvelo, persoal laboral fixo do grupo III da USC.

– Verónica Piñeiro Gómez, persoal laboral fixo do grupo I da USC.

– Ezequiel Vázquez Fernández, persoal laboral fixo do grupo III da USC.

Secretaria: María Obdulia Lareo Currás, funcionaria de carreira da escala administrativa da USC, que actuará con voz e voto.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpor un recurso contencioso-administrativo, ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Non obstante, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes, perante o órgano que a ditou. Neste caso non se poderá interpor o dito recurso contencioso-administrativo mentres non se dite resolución expresa ou presunta do recurso administrativo de reposición, ao abeiro do artigo 123 e seguintes da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 12 de novembro de 2019

Antonio López Díaz
Reitor da Universidade de Santiago de Compostela