Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 223 Venres, 22 de novembro de 2019 Páx. 49755

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Viveiro

EDICTO (DCT 248/2018).

Eu, Marina Sofía López Pérez, letrada da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Viveiro, fago saber que no procedemento DCT 248/2018 seguido por instancia de Bouchra El Jaadi fronte a Mahmoud Al Chemali se ditou sentenza, cuxo encabezamento e parte dispositiva son do seguinte teor literal:

Sentenza:

Maxistrado: Pablo Muñoz Vázquez.

Lugar: Viveiro.

Data: 9 de setembro de 2019.

Demandante: Bouchra el Jaadi.

Avogada: María del Mar Hermida Cupeiro.

Procurador: Constantino Prieto Vázquez.

Demandado: Mahmoud Al Chemali.

Demandado: Ministerio Fiscal.

Tipo de procedemento: divorcio contencioso número 248/2018.

Decido que debo estimar e estimo parcialmente a demanda formulada polo procurador dos tribunais Constantino Prieto Vázquez, en nome e representación de Bouchra El Jaadi fronte a Mahmoud Al Chemali, e, por conseguinte, debo declarar e declaro a disolución por divorcio do matrimonio formado por Bouchra El Jaadi e Mahmoud Al Chemali, con todos os efectos legais inherentes a tal declaración, e o establecemento das seguintes medidas definitivas:

1º. A privación da patria potestade de Mahmoud Al Chemali sobre o seu fillo menor Selayman.

2º. A titularidade e o exercicio da patria potestade recaerá en exclusiva en Bouchra El Jaadi, nai do menor Selayman.

3º. A garda e custodia do menor, Selayman, atribúese á nai, Bouchra El Jaadi.

4º. Non se establece ningún réxime de visitas e de comunicacións do proxenitor non custodio, Mahmoud Al Chemali, co seu fillo menor Selayman.

5º. Non procede pronunciarse sobre a atribución do uso da vivenda familiar.

6º. O pai, Mahmoud Al Chemali, deberá aboar, desde a data de interposición da demanda (2 de maio de 2018), en concepto de pensión alimenticia a favor do seu fillo menor, Selayman, a cantidade de 120 euros mensuais que ingresará nos cinco primeiros días do mes na conta que para tal efecto designe a nai, Bouchra El Jaadi, ante este xulgado. Esta pensión alimenticia actualizarase cada 1 de xaneiro de conformidade coas variacións que experimente o IPC ou índice que no futuro o substitúa.

7º. Os gastos extraordinarios xerados polo fillo menor, Selayman, deberán ser satisfeitos por metade por ambos os proxenitores.

8º. Denegar o establecemento dunha pensión compensatoria a favor de Bouchra El Jaadi.

Sen imposición das custas.

Notifíquese esta resolución ás partes.

Firme esta sentenza, a letrada da Administración de xustiza acordará a súa inscrición no rexistro civil correspondente.

Esta sentenza non é firme. Contra ela cabe interpoñer recurso de apelación ante a Audiencia Provincial de Lugo.

Así por esta miña sentenza, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo.

Publicación. Lida e publicada que foi a anterior sentenza, polo maxistrado que a autoriza, en audiencia pública, lugar e data nesta indicados. Dou fe.

Acordouse notificar a sentenza a Mahmoud Al Chemali, en paradoiro descoñecido, mediante edicto que se publicará no Diario Oficial de Galicia, polo que se expide o presente edicto co fin de que sirva de notificación en forma.

Viveiro, 30 de outubro de 2019

A letrada da Administración de xustiza