Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 223 Venres, 22 de novembro de 2019 Páx. 49752

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 2 de Santiago de Compostela

EDICTO (695/2018).

No procedemento de referencia ditouse a resolución do teor literal seguinte:

«Sentenza número 137/2019

Xuízo verbal número 695/2018

Maxistrada xuíza: María Jesús Sánchez Carbajales

Demandante: Jesús José Santasmarinas Devesa

Avogado: Sr. Pérez Rubín

Procurador: Sr. Fernández Pérez

Demandados: herdanzas xacentes e/ou herdeiros de Juan Santasmarinas Suárez e Manuel Santasmarinas Suárez

Obxecto: declarativa de dominio.

En Santiago de Compostela o 15 de outubro de 2019

Resolución

Estimo integramente a demanda presentada por Jesús José Santasmarinas Devesa contra as herdanzas xacentes de Juan e Manuel Santasmarinas Suárez, e, en consecuencia, declaro que o demandante é propietario dos seguintes terreos:

1. Rústica: parcela número catrocentos cincuenta e cinco da zona de concentración parcelaria de San Breixo de Sergude, concello de Boqueixón. Labradío no sitio da Corga, que mide cincuenta e tres áreas e setenta e oito centiáreas e linda: norte, Jesusa Francisco Barreiro e outros e Jesús Casal; sur, José Dopazo Rey; leste, estrada de Santiago a Ourense, e oeste, Manuel Regueiro Francisco e Manuel Balado Santasmarinas e outros.

Inscrición: Rexistro da Propiedade de Santiago número 1, tomo 661, libro 51, folio 218, predio 7478.

Titular: Juan Santasmarinas Suárez.

Referencia catastral: 15012C505004550000DF.

Cargas: libre de cargas e gravames, e ao día de pagamento de todo tipo de gastos e impostos.

2. Rústica: parcela número trescentos cincuenta e seis da zona de concentración parcelaria de San Breixo de Sergude, concello de Boqueixón. Prado e labradío no sitio de Penasqueira, que mide trinta áreas e trinta e unha centiáreas, e linda: norte, Manuel Pérez Canicoba e outros; sur, Carmen Rey Dopazo e outros; leste, camiño construído polo Servizo Nacional de Concentración Parcelaria e Ordenación Rural, e oeste, Agustín Brocos Picón e Carmen Santasmarinas Suárez e outros.

Inscrición: Rexistro da Propiedade de Santiago número 1, tomo 661, libro 51, folio 110, predio 7370.

Titular: Manuel Santasmarinas Suárez

Referencia catastral: 15012C505003560000DL.

Cargas: libre de cargas e gravames, e ao día de pagamento de todo tipo de gastos e impostos.

Todo iso con imposición de custas á parte demandada.

Notifíquese esta resolución ás partes coa indicación de que é firme e que contra ela non poderá interpoñerse recurso de apelación ante a Sala do Civil da Audiencia Provincial, ao tratarse de xuízo verbal por razón da contía e non superar esta os 3.000 euros. Artigo 455 da LAC.

Expídase testemuño da presente resolución para a súa unión aos autos principais e lévese o orixinal ao libro de sentenzas deste xulgado.

Así por esta miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo, María Jesús Sánchez Carbajales, maxistrada xuíza do Xulgado de Primeira Instancia número 2 de Santiago de Compostela».

E como consecuencia do ignorado paradoiro da herdanza xacente de Juan Santasmarinas Suárez e de Manuel Santasmarinas Suárez, expídese a presente para que sirva de cédula de notificación.

Santiago de Compostela, 16 de outubro de 2019

A letrada da Administración de xustiza