Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 223 Venres, 22 de novembro de 2019 Páx. 49751

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (RSU 1655/2019-M).

Eu, María Asunción Barrio Calle, letrada da Administración de xustiza da Sección Primeira da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 1655/2019 desta sección, seguido por instancia de Minera de Rocas, S.L. contra Canteras Hermanos Cortiñas, S.L., Minor Galicia, S.L., Canteras Vilafría, S.L., MGS Seguros y Reaseguros, S.A., Albino Piñeiro Sanjuan, Graniatios, S.L., Allianz Compañía de Seguros y Reaseguros, S.A., Ricardo Garrido Insua, Francisco Cabaleiro Nogueira, Clementina Cabaleiro Núñez, AXA Seguros Generales, S.A. Seguros y Reaseguros, Mutua General de Seguros, S.A., Imperio Vida y Diversos, S.A. de Seguros y Reaseguros, Tomás Santodomingo Arguindey sobre outros dereitos de Seguridade Social, se ditou a seguinte resolución:

A sala acorda

Aclarar a sentenza ditada en data do 31 de xullo de 2015, cuxa decisión, en canto ás custas, quedará redactada do seguinte teor: «condénase a demandada recorrente a que aboe a suma de 300 (trescentos) euros, en concepto de honorarios para cada un dos letrados impugnantes do recurso».

Notifíquese a presente resolución ás partes, informándolles que contra esta non cabe ningún recurso.

Así, por este auto, pronúnciano, mándano e asínano, os maxistrados sinalados do que eu, letrada da Administración de xustiza, dou fe.

E para que sirva de notificación en legal forma a Canteras Hermanos Cortiñas, S.L., e a Imperio Vida y Diversos, S.A. de Seguros y Reaseguros en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 29 de outubro de 2019

A letrada da Administración de xustiza