Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 221 Mércores, 20 de novembro de 2019 Páx. 49458

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Infraestruturas e Mobilidade

ANUNCIO do 7 de novembro de 2019, do Servizo de Informes e Recursos, polo que se notifican as resolucións ditadas no expediente sancionador en materia de transportes terrestres OU-00001-O-2019 e cinco máis.

O director xeral de Mobilidade ditou a resolución dos expedientes sancionadores número OU-00001-O-2019 e cinco máis por infracción da normativa sobre transporte terrestre.

Intentada a notificación da resolución por correo certificado con xustificante de recepción no domicilio que consta no correspondente expediente sancionador, esta foi devolta polo servizo de Correos. Por este motivo e de conformidade co artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a notificación efectúase por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), que previamente se publica no Diario Oficial de Galicia. En consecuencia, mediante este anuncio notifícanse as resolucións ditadas ás persoas interesadas.

Son informadas de que os expedientes sancionadores se atopan á súa disposición nas oficinas da Subdirección Xeral de Inspección do Transporte, situadas na praza de Europa, 5 A, 2º, en Santiago de Compostela.

Comunicáselles que contra a resolución sancionadora, que non é definitiva na vía administrativa, cabe recurso de alzada ante a persoa titular da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE.

En caso de conformidade coa resolución sancionadora, a persoa interesada deberá aboar a multa imposta, empregando o modelo impreso que se facilitará na Subdirección Xeral de Inspección do Transporte.

No caso de non presentar recurso de alzada e non pagar a sanción imposta, procederase ao seu cobramento pola vía de constrinximento segundo o previsto na normativa vixente.

Santiago de Compostela, 7 de novembro de 2019

María Inmaculada Carril Barco
Xefa do Servizo de Informes e Recursos

ANEXO

Expediente

Matrícula

DNI/CIF

Persoa sancionada

Infracción cometida

Data-Hora-Estrada-p.q.

Precepto cualificador

Precepto sancionador

Sanción imposta

OU-00001-O-2019

0713-BSG

10048214C

Transporte de mercadorías perigosas sen a carta de porte preceptiva para as mercadorías perigosas transportadas.

23.10.2018; 10.40; N-120; 448,0

Artigo 140.15.8 da LOTT

Artigo 143.1.i) da LOTT

4.001 euros

OU-00003-O-2019

0713-BSG

10048214C

Transporte de mercadorías perigosas utilizando envases/embalaxes, recipientes a presión, GRG ou grandes embalaxes non autorizados para a mercadoría de que se trate.

23.10.2018; 10.40; N-120; 448,0

Artigo 140.15.18 da LOTT

Artigo 143.1.i) da LOTT

4.001 euros

PO-00650-O-2019

PO-2290-BK

76984064M

O exceso igual ou superior ao 25 % sobre a MMA total en vehículos con MMA ata 12 toneladas. Exceso de peso igual ou superior ao 35 %.

27.7.2018; 11.40; PO-305; 1,0

Artigo 140.23 da LOTT

Artigo 143.1.h) da LOTT

4.000 euros

PO-03707-O-2018

5497-BBN

B27811181

O exceso igual ou superior ao 25 % sobre a MMA total en vehículos con MMA ata 12 toneladas. Exceso de peso igual ou superior ao 35 %.

30.5.2018; 12.12; AP-9; 137,5

Artigo 140.23 da LOTT

Artigo 143.1.h) da LOTT

4.000 euros

PO-04149-O-2018

0011-FHC

35316479W

Non levar inserida no tacógrafo o cartón de condutor ou a folla de rexistro dos tempos de condución e descanso, cando iso resulte exixible ou facelo de forma incorrecta. Ou non efectuar os documentos impresos ao comezo e á finalización da viaxe nos supostos de deterioración ou mal funcionamento do cartón de condutor ou no caso de que esta non obre en poder seu.

29.6.2018; 18.12; N-550; 86,5

Artigo 140.22 da LOTT

Artigo 143.1.h) da LOTT

2.001 euros

PO-04150-O-2018

0011-FHC

35316479W

Realizar transporte público de mercadorías utilizando un condutor que carece do CAP.

29.6.2018; 18.18; N-550; 86,5

Artigo 140.18 da LOTT

Artigo 143.1.h) da LOTT

2.001 euros