Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 221 Mércores, 20 de novembro de 2019 Páx. 49460

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Infraestruturas e Mobilidade

ANUNCIO do 7 de novembro de 2019, do Servizo de Informes e Recursos, polo que se notifican as resolucións ditadas no expediente sancionador en materia de transportes terrestres PO-00566-O-2019 e dous máis.

A persoa titular da Subdirección Xeral de Inspección do Transporte ditou a resolución dos expedientes sancionadores número PO-00566-O-2019 e dous máis por infracción da normativa sobre transporte terrestre.

Intentada a notificación da resolución por correo certificado con xustificante de recepción no domicilio que consta no correspondente expediente sancionador, esta foi devolta polo servizo de Correos. Por este motivo, e de conformidade co artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a notificación efectúase por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), que previamente se publica no Diario Oficial de Galicia. En consecuencia, mediante este anuncio notifícanse as resolucións ditadas ás persoas interesadas.

Son informadas de que os expedientes sancionadores se atopan á súa disposición nas oficinas da Subdirección Xeral de Inspección do Transporte, situadas na praza de Europa, 5 A, 2º, en Santiago de Compostela.

Comunicáselles que contra a resolución sancionadora, que non é definitiva na vía administrativa, cabe recurso de alzada ante o director xeral de Mobilidade da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE.

En caso de conformidade coa resolución sancionadora, a persoa interesada deberá aboar a multa imposta, empregando o modelo impreso que se facilitará na Subdirección Xeral de Inspección do Transporte.

No caso de non presentar recurso de alzada e non pagar a sanción imposta, procederase ao seu cobro pola vía de constrinximento segundo o previsto na normativa vixente.

Santiago de Compostela, 7 de novembro de 2019

María Inmaculada Carril Barco
Xefa do Servizo de Informes e Recursos

ANEXO

Expediente

Matrícula

DNI/CIF Persoa

sancionada

Infracción cometida

Data-hora-estrada-p.q.

Precepto cualificador

Precepto sancionador

Sanción imposta

PO-00566-O-2019

6545-FMF

34938005Q

Atenuante-Realizar transporte público de mercadorías en vehículo lixeiro, carecendo de título habilitante.

31.7.2018; 11.36; A-55; 6,1

Art. 141.25 en relación co Art. 140.1 LOTT

Art. 143.1.k) en relación coa letra f) LOTT

801 euros

PO-00568-O-2019

6545-FMF

34938005Q

O exceso igual ou superior ao 15 por cento e inferior ao 25 por cento sobre a MMA total en vehículos con MMA ata 12 toneladas. Exceso de peso igual ou superior ao 21 %.

31.7.2018; 11.37; A-55; 6,1

Art. 141.2 LOTT

Art. 143.1.f) LOTT

950 euros

PO-04003-S-2018

PO-9410-BP

76853977Y

A realización de transportes de produtos alimenticios ou mercadorías perecedoiras utilizando un vehículo que careza do certificado de conformidade para o transporte de mercadorías perecedoiras ou telo caducado ou falseado.

31.5.2018; 20.10

Art. 141.21 LOTT

Art. 19825 ROTT

Art. 201.d) ROTT

Art. 143.1 LOTT

401 euros