Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 221 Mércores, 20 de novembro de 2019 Páx. 49462

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Infraestruturas e Mobilidade

ANUNCIO do 7 de novembro de 2019, do Servizo de Informes e Recursos, polo que se notifica a resolución ditada no expediente sancionador en materia de transportes terrestres LU-01074-O-2019.

A persoa titular da Subdirección Xeral de Inspección do Transporte ditou a resolución do expediente sancionador número LU-01074-O-2019 por infracción da normativa sobre transporte terrestre.

Intentada a notificación da resolución por correo certificado con xustificante de recepción no domicilio que consta no correspondente expediente sancionador, esta foi devolta polo servizo de Correos. Por este motivo e de conformidade co artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a notificación efectúase por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), que previamente se publica no Diario Oficial de Galicia. En consecuencia, mediante este anuncio notifícase a resolución ditada á persoa interesada.

É informada de que o expediente sancionador se atopa á súa disposición nas oficinas da Subdirección Xeral de Inspección do Transporte, situadas na praza de Europa, 5A, 2º, en Santiago de Compostela.

Comunícaselle que contra a resolución sancionadora, que non é definitiva na vía administrativa, cabe recurso de alzada ante o director xeral de Mobilidade da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE.

A sanción imposta foi aboada anticipadamente cunha redución do seu importe conforme o previsto no artigo 146.3 da Lei 16/1987, do 30 de xullo, de ordenación dos transportes terrestres.

Santiago de Compostela, 7 de novembro de 2019

María Inmaculada Carril Barco
Xefa do Servizo de Informes e Recursos

ANEXO

Expediente

Matrícula

DNI/CIF da persoa

sancionada

Infracción cometida

Data-Hora-Estrada-p.q.

Precepto

cualificador

Precepto

sancionador

Sanción

imposta

LU-01074-O-2019

2159-DJH

Y2871073C

Atenuante-Realizar transporte público de mercadorías en vehículo lixeiro carecendo de título habilitante.

18.6.2019; 13.25; CG-2.2; 13,0

Art. 140.1 LOTT

Art. 141.25 LOTT

Art. 143.1.k) LOTT

Art. 143.1.f) LOTT

Art. 143.1 LOTT

801 euros