Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 220 Martes, 19 de novembro de 2019 Páx. 49218

III. Outras disposicións

Instituto Galego da Vivenda e Solo

RESOLUCIÓN do 13 de novembro de 2019 pola que se amplía a dotación orzamentaria da convocatoria de subvencións dos programas de fomento de mellora da eficacia enerxética e sustentabilidade e de fomento da conservación, da mellora da seguridade de utilización e da accesibilidade en vivendas do Plan estatal de vivenda 2018-2021, para o ano 2019.

O 30 de xullo de 2019 publicouse no Diario Oficial de Galicia a Resolución do 15 de xullo de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras das subvencións dos programas de fomento de mellora da eficacia enerxética e sustentabilidade e de fomento da conservación, da mellora da seguridade de utilización e da accesibilidade en vivendas do Plan estatal de vivenda 2018-2021, e se convocan para o ano 2019, con carácter plurianual.

O ordinal trixésimo primeiro, parágrafo 1, da citada resolución establece que as axudas previstas nesta convocatoria faranse efectivas con cargo ás aplicacións orzamentarias 07.83.451A.770.2 e 07.83.451A.780.6 dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia, coa seguinte repartición plurianual:

Liñas de axudas

Aplicación

Importe 2019

Importe 2020

Importe 2021

Total

Liña A, de fomento de mellora da eficacia enerxética e sustentabilidade en vivendas

07.83.451A.770.2

Prox. 2018 0005

100.000

100.000

100.000

300.000

07.83.451A.780.6

Prox. 2018 0005

1.230.000

900.000

1.400.000

3.530.000

07.83.451A.780.6

Prox. 2018 0001

2.991.000

800.000

500.000

4.291.000

Liña B, de fomento da conservación, da mellora da seguridade de utilización e da accesibilidade en vivendas

07.83.451A.770.2

Prox. 2018 0006

100.000

100.000

100.000

300.000

07.83.451A.780.6

Prox. 2018 0006

2.453.300

2.200.000

1.400.000

6.053.300

07.83.451A.780.6

Prox. 2018 0002

1.280.000

850.000

500.000

2.630.000

Total

8.154.300

4.950.000

4.000.000

17.104.300

Ademais, no parágrafo 2 do mesmo ordinal, prevese que a contía establecida nesta convocatoria poderá ser obxecto de ampliación por resolución ditada pola persoa titular da Dirección Xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo (en diante, IGVS), que terá efecto logo da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido no artigo 30 do Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, aprobado polo Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro.

Tendo en conta o importante número de solicitudes presentadas, preto das 1.700, considérase oportuna a ampliación da dotación orzamentaria inicialmente prevista, para o cal existen remanentes de crédito de fondos finalistas procedentes doutras convocatorias.

De conformidade co artigo 30.2 do Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, e co ordinal vixésimo sétimo da Resolución do 12 de decembro de 2018, é competente para ditar esta resolución a persoa titular da Dirección Xeral do IGVS.

Polo exposto,

RESOLVO:

Ampliar a dotación orzamentaria para a convocatoria de subvencións dos programas de fomento de mellora da eficacia enerxética e sustentabilidade e de fomento da conservación, da mellora da seguridade de utilización e da accesibilidade en vivendas do Plan estatal de vivenda 2018-2021, para o exercicio 2019.

O incremento da dotación afectará a anualidade 2019 dos proxectos 2018 0005 (Programa de fomento de mellora da eficacia enerxética e sustentabilidade) e 2018 0006 (Programa de fomento da conservación, da mellora da seguridade de utilización e da accesibilidade en vivendas) das aplicacións 07.83.451A.770.2 e 07.83.451A.780.6 conforme o seguinte cadro:

Liñas de axudas

Aplicacións/

proxectos

Crédito inicial 2019

Ampliación

Crédito definitivo 2019

Liña A, de fomento de mellora da eficacia enerxética e sustentabilidade en vivendas

07.83.451A.770.2

Proxecto 2018 0005

100.000,00

100.000,00

200.000,00

07.83.451A.780.6

Proxecto 2018 0005

1.230.000,00

439.386,92

1.669.386,92

07.83.451A.780.6

Proxecto 2018 0001

2.991.000,00

00,00

2.991.000,00

Total

4.321.000,00

539.386,92

4.860.386.92

Liña B, de fomento da conservación, da mellora da seguridade de utilización e da accesibilidade en vivendas

07.83.451A.770.2

Proxecto 2018 0006

100.000,00

100.000,00

200.000,00

07.83.451A.780.6

Proxecto 2018 0006

2.453.300,00

2.209.625,57

4.662.925,57

07.83.451A.780.6

Proxecto 2018 0002

1.280.000,00

00,00

1.280.000,00

Total

3.833.300,00

2.309.625,57

6.142.925,57

Esta ampliación non implica a apertura do prazo para presentar novas solicitudes nin o inicio dun novo cómputo do prazo máximo para resolver.

Esta resolución producirá efectos desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 13 de novembro de 2019

Heriberto García Porto
Director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo