Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 220 Martes, 19 de novembro de 2019 Páx. 49216

III. Outras disposicións

Axencia Turismo de Galicia

RESOLUCIÓN do 11 de novembro de 2019 pola que se publica o resultado da edición 2019 dos Premios Camiño de Santiago nas súas distintas modalidades.

Mediante a Resolución do 26 de marzo de 2019 establecéronse as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, dos Premios Camiño de Santiago e procedeuse á súa convocatoria para o ano 2019 (DOG núm. 68, do 8 de abril).

Para financiar esta convocatoria existía un crédito de 75.000 € que se imputou á conta orzamentaria identificada co número 10 2019 11 20 00797 e nas aplicacións orzamentarias 2019.11.A2.761A.444.0; 2019.11.A2.761A.460.0; 2019.11.A2.761A.470.0 e 2019.11.A2.761A.480.0.

O artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, dispón que o órgano concedente publicará no Diario Oficial de Galicia as subvencións concedidas.

De acordo co anterior,

RESOLVO:

Publicar no Diario Oficial de Galicia e na páxina web da Axencia Turismo de Galicia (http://turismo.xunta.es//) os resultados da edición 2019 dos Premios Camiño de Santiago.

Santiago de Compostela, 11 de novembro de 2019

Mª Nava Castro Domínguez
Directora da Axencia Turismo de Galicia

ANEXO

Categoría

Solicitante

Premio

Contía

Segunda

Modalidade A

Fundación Acogida Cristiana en los Caminos de Santiago

Único

10.000 €

Asociación de Amigos de los Caminos de Santiago de Madrid

Mención especial

Sen contía económica

Segunda

Modalidade B

Asociata Prientenilor Camino de Santiago

Único (distribución do premio a partes iguais)

5.000 €

Círculo Chileno de Amigos del Camino de Santiago de Compostela

Único (distribución do premio a partes iguais)

5.000 €

Terceira

Leidiz, S.L.

Primeiro

15.000 €

Tdinet App, SLNEU

Segundo

5.000 €

Cuarta

Modalidade A

Albert Feliu Soler

Único

10.000 €

Cuarta

Modalidade B

CEIP Plurilingüe do Camiño Inglés

Único

5.000€