Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 220 Martes, 19 de novembro de 2019 Páx. 49221

IV. Oposicións e concursos

Academia Galega de Seguridade Pública

RESOLUCIÓN do 5 de novembro de 2019, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo unitario nos corpos da policía local, categoría de policía, quenda de acceso libre, convocado pola Orde do 31 de maio de 2019 (Diario Oficial de Galicia número 115, do 19 de xuño), pola que se dá publicidade a diversos acordos.

Na sesión que tivo lugar o día 5 de novembro de 2019, o tribunal nomeado pola Orde do 30 de setembro de 2019 (DOG núm. 195, do 14 de outubro), adoptou os seguintes acordos:

Primeiro. O terceiro exercicio deste proceso selectivo correspondente ás probas de aptitude física desenvolveranse o día 24 de novembro do ano en curso no Centro Galego de Tecnificación Deportiva sito na rúa Padre Fernando Olmedo, 1, 36002 Pontevedra.

As persoas aspirantes que teñan que realizar estas probas, acudirán a elas coa roupa e calzado adecuados para o seu desenvolvemento, deberán ir provistas de DNI ou documento fidedigno acreditativo da súa entidade, e entregarán ao tribunal un informe sobre o estado de saúde en que se faga constar expresamente que a persoa aspirante reúne as condicións físicas e sanitarias para a realización dos exercicios físicos que deberá ter sido expedido dentro dos 15 días inmediatamente anteriores á data de realización destas probas. A non presentación deste documento suporá a exclusión da persoa aspirante do proceso selectivo.

As probas que se van realizar son:

– Comprobación da estatura.

– Proba de velocidade: carreira de 50 metros lisos.

Proba de potencia de tren superior (homes: flexións de brazos, mulleres: suspensión en barra).

Proba de potencia de tren inferior: salto horizontal.

Proba de resistencia xeral: carreira de 1.000 metros lisos.

Proba de natación: 25 metros estilo libre.

O chamamento comezará a partir das 9.00 horas e a través da páxina web da Agasp publicaranse as listaxes cos horarios correspondentes.

A Estrada, 5 de novembro de 2019

Alejandro Tuero González
Presidente do tribunal