Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 215 Martes, 12 de novembro de 2019 Páx. 48564

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 6 de Santiago de Compostela

EDICTO (524/2018).

No procedemento de referencia ditouse a sentenza cuxo encabezamento e resolución son do teor literal seguinte:

«Sentenza número 409/2019.

Santiago de Compostela, 17 de outubro de 2019.

Vistos por min, Roberto Soto Sola, maxistrado xuíz titular do Xulgado de Primeira Instancia número 6 desta localidade e o seu partido xudicial, o presente xuízo de divorcio nº 524/2018, promovido polo procurador Sr. González-Concheiro Álvarez, en nome e representación de Iván David Pérez Pérez, asistido da letrada Sra. Míguez Macho, fronte a Elena Sumano Salcedo, maior de idade, mencionada en autos, declarada en rebeldía procesual, e sen intervención da representante do Ministerio Fiscal ao non concorrer no citado matrimonio fillos menores de idade ou con capacidade modificada.

Resolvo.

Que estimando integramente a demanda de divorcio interposta polo procurador Sr. González-Concheiro Álvarez, en nome e representación de Iván David Pérez Pérez, asistido da letrada Sra. Míguez Macho, fronte a Elena Sumano Salcedo, maior de idade, mencionada en autos, declarada en rebeldía procesual, e sen intervención da representante do Ministerio Fiscal ao non concorrer no citado matrimonio fillos menores de idade ou con capacidade modificada e, en consecuencia, debo decretar e decreto o divorcio do matrimonio contraído polos litigantes o 27.11.2010 en Coatzacoalcos, Veracruz, México, inscrito no tomo 2333, páxina 91, sección 2º, do Rexistro Civil Central, unha vez transcorridos máis de tres meses de matrimonio.

En canto sexa firme a presente resolución, remítanse os oportunos oficios para as procedentes anotacións rexistrais.

Non procede efectuar especial pronunciamento sobre as custas do presente proceso.

Esta resolución non é firme e fronte a ela cabe interpor recurso de apelación nos prazos e termos previstos na vixente Lei de axuizamento civil para a súa resolución pola Audiencia Provincial da Coruña (artigos 458 e 776 da Lei de axuizamento civil), logo de consignación do depósito previsto na D.A. 15º da LOPX.

Así, por esta miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo, Roberto Soto Sola, maxistrado xuíz titular do Xulgado de Primeira Instancia número 6 desta localidade e do seu partido xudicial».

Publicación. A anterior resolución leuna e publicouna, en audiencia pública, o xuíz que a ditou, no día da data; dou fe.

E como consecuencia do ignorado paradoiro de Elena Sumano Salcedo, expídese o presente edicto para que sirva de cédula de notificación.

Santiago de Compostela, 18 de outubro de 2019

A letrada da Administración de xustiza