Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 215 Martes, 12 de novembro de 2019 Páx. 48520

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Santiago de Compostela

RESOLUCIÓN do 30 de outubro de 2019 pola que se convoca concurso público para a provisión de prazas de persoal docente e investigador contratado.

Esta reitoría, en cumprimento do acordado polo Consello de Goberno desta universidade en sesións do 27 de setembro e do 29 de outubro de 2019, resolve convocar concurso público para a provisión das prazas de persoal docente e investigador contratado aprobadas na citada sesión e que figuran no anexo I.1.

Igualmente, pola Resolución reitoral do 8 de maio 2019 (DOG do 16 de maio) convocáronse, entre outros, os concursos 1017/19-20, 1044/19-20 e 1046/19-20, que resultaron desertos. En consecuencia, a Reitoría resolve convocar de novo, para a súa provisión mediante concurso público, as prazas de persoal docente e investigador contratado que figuran como anexo I.2.

Os concursos públicos suxeitaranse ás seguintes

Bases da convocatoria

1. Normas xerais.

1.1. Este concurso réxese polo disposto na Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro, de universidades, modificada pola Lei orgánica 4/2007, do 12 de abril (en diante, LOU); na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (en diante, LPACAP); na Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público (en diante, LRXSP); na Lei orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais; no Decreto 266/2002, do 6 de setembro, sobre contratación de profesorado universitario; nos estatutos da Universidade de Santiago de Compostela, aprobados polo Decreto 14/2014, do 30 de xaneiro; no Regulamento de selección de profesorado non permanente, aprobado por acordo do Consello de Goberno da USC do 8 de abril de 2019 (en diante, Regulamento); no II Convenio colectivo para o persoal docente e investigador laboral das universidades da Coruña, Santiago de Compostela e Vigo, subscrito con data do 26 de xaneiro de 2011 (DOG do 14 de abril), prorrogado con data do 12 de xullo de 2013 (DOG do 29 de xullo) (en diante, Convenio), e nas bases desta convocatoria.

1.2. As referencias que para cada posto de traballo se conteñen nesta convocatoria en relación coas obrigas docentes e de investigación que deberán asumir as persoas seleccionadas non suporán en ningún caso para quen obteña estes postos un dereito de vinculación exclusiva a esas actividades, nin limitarán a competencia da Universidade para asignarlles unhas tarefas docentes e investigadoras diferentes. Do mesmo xeito, a referencia ao centro en que se deberá desenvolver a actividade docente non suporá o dereito a non exercer actividade docente ou investigadora noutro centro dependente da propia universidade, aínda no caso de que radique en localidade distinta.

1.3. Cando os prazos a que fai referencia esta convocatoria se expresen en días entenderase que estes son hábiles, excluíndose do cómputo os sábados e domingos e os declarados festivos, segundo o disposto no artigo 30 da LPACAP. Consideraranse festivos para estes efectos os festivos locais tanto de Santiago de Compostela como de Lugo, e ampliarase en calquera caso en ambos os dous campus o prazo establecido por un número de días igual ao dos festivos existentes.

Cando o último día do prazo sexa inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte.

2. Requisitos das persoas aspirantes.

2.1. Requisitos de carácter xeral para poderen ser admitidas neste concurso:

a) Posuír a nacionalidade española ou a dalgún Estado membro da Unión Europea ou país estranxeiro que, nos termos previstos no artigo 52 da Lei 2/2015, do 29 de abril, de emprego público de Galicia, permita o acceso ao emprego público.

b) Estar en posesión da titulación e demais requisitos exixidos na convocatoria para cada tipo de praza.

c) Ter cumpridos os 16 anos de idade.

d) Posuír as capacidades e aptitudes físicas e psíquicas que sexan necesarias para o desempeño das correspondentes funcións ou tarefas.

e) Acreditar o coñecemento das dúas linguas oficiais na Universidade de Santiago de Compostela, de conformidade co establecido na lexislación vixente.

f) Non ter sido despedido ou separado mediante expediente disciplinario de ningunha Administración pública ou dos órganos constitucionais ou estatutarios das comunidades autónomas, nin estar na situación de inhabilitación absoluta ou especial para o desempeño de empregos ou cargos públicos por resolución xudicial, cando se tratase de acceder á mesma categoría profesional á que pertencía.

No caso de nacionais doutros Estados, non estar inhabilitado ou en situación equivalente, nin ter sido sometido a sanción disciplinaria ou equivalente que impida no Estado de procedencia o acceso ao emprego público nos termos anteriores.

g) Non ter sido condenado por sentenza firme por algún delito contra a liberdade e indemnidade sexual, que inclúe a agresión e abuso sexual, acoso sexual, exhibicionismo e provocación sexual, prostitución e explotación sexual e corrupción de menores, así como por tráfico de seres humanos.

h) Aboar as taxas previstas na base 3.4.

2.2. Requisitos de carácter específico.

2.2.1. Categoría de profesor/a axudante doutor/a:

a) Posuír o título de doutor.

b) Contar coa avaliación positiva para a figura de profesor/a axudante doutor/a ou para outra categoría superior, expedida pola ACSUG, pola ANECA ou por calquera outro órgano de avaliación, sempre que exista un convenio ou concerto previo coa Comunidade Autónoma de Galicia.

2.2.2. Categoría de profesor/a asociado/a.

a) Estar en posesión da titulación concreta, ou equivalente que, de ser o caso, se exixa para cada praza no anexo I.1 e no anexo I.2.

b) Posuír a condición de especialista de recoñecida competencia con exercicio de actividade profesional fóra do ámbito académico universitario. Esta actividade profesional deberá estar directamente relacionada cos contidos da actividade docente que se vaia desenvolver e terá que terse realizado por un período mínimo de tres anos ao longo dos cinco últimos, con referencia á data de finalización do prazo de presentación de solicitudes.

A actividade profesional requirida para poder concursar deberá manterse durante o tempo de vixencia do contrato.

2.3. O cumprimento destes requisitos, tanto de carácter xeral como específico, agás o sinalado no número 2.1.e), estará referido sempre á data de finalización do prazo de presentación de solicitudes de participación e deberase manter ao longo de todo o proceso selectivo.

3. Solicitudes.

3.1. As persoas que desexen participar nesta convocatoria deberán presentar a súa solicitude, acompañada da documentación correspondente, unicamente por medios electrónicos a través dos formularios normalizados dispoñibles na sede electrónica da USC (https://sede.usc.es/sede/publica/catalogo/procedemento/114/ver.htm), para o que deberán empregar os medios de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da USC (https://sede.usc.es/sede/publica/informacion/aspectosTecnicos.htm).

De xeito excepcional para este procedemento, as persoas de nacionalidades distintas da española poderán usar como medios de identificación as credenciais de Google, Microsoft ou Facebook.

No caso de que desexen participar en máis dun concurso, deberán presentar unha solicitude e a documentación acreditativa independente para cada un deles cubrindo os formularios electrónicos citados anteriormente. A non presentación da solicitude electrónica será causa de exclusión e non poderá repararse no prazo establecido na base 5.2 desta convocatoria.

3.2. A documentación complementaria presentarase electronicamente utilizando calquera procedemento de copia dixitalizada do documento orixinal e empregando o formato de arquivo PDF. As copias dixitalizadas garantirán a fidelidade co orixinal baixo a responsabilidade da persoa solicitante.

As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. A Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia presentada.

A inexactitude, falsidade ou omisión de carácter esencial de calquera dato ou información na declaración, así como a non presentación da documentación cando lle sexa requirida, determinará a non selección e/ou a non formalización do contrato de traballo, sen prexuízo das responsabilidades penais, civís ou administrativas que procedan.

3.3. As solicitudes deberán presentarse no prazo de dez días hábiles contados a partir do seguinte ao de publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia (DOG).

3.4. Dereitos de exame.

As persoas aspirantes deberán aboarlle á USC, por cada concurso en que soliciten participar, a cantidade de 42,24 euros en concepto de dereitos de exame.

Estarán exentas do pagamento da totalidade da taxa por dereitos de exame:

1) Aquelas persoas que teñan recoñecido un grao de discapacidade igual ou superior ao 33 %.

2) As persoas que sexan membros de familias numerosas clasificadas na categoría especial.

Gozarán dunha bonificación do 50 % da taxa por dereitos de exame:

1) As persoas que sexan membros de familias numerosas de categoría xeral.

2) As persoas que figurasen como demandantes de emprego desde polo menos seis meses antes da data de publicación desta convocatoria, e non estean a percibir prestación ou subsidio por desemprego.

Todas as circunstancias que supoñen unha bonificación total ou parcial das taxas por dereitos de exame deberán ser acreditadas documentalmente xunto coa solicitude, achegando copia da cualificación do grao de discapacidade ou do carné de familia numerosa, segundo corresponda. As relativas á condición de demandante de emprego, así como ao feito de non percibir prestación ou subsidio por desemprego, deberanse acreditar con certificados expedidos polo Servizo Público de Emprego.

A persoa solicitante deberá realizar a liquidación de taxas e o seu aboamento a través dun dos seguintes medios:

1) Pagamento presencial a través do impreso de autoliquidación. Para iso, deberá seleccionar esta opción no formulario electrónico, imprimir o documento de pagamento e realizar o ingreso na entidade bancaria.

2) Pagamento electrónico mediante cartón de crédito. Para iso, deberá seleccionar esta opción no formulario electrónico e realizar o pagamento a través da pasarela bancaria a que se lle dea acceso a través da aplicación informática.

En ningún caso a presentación e pagamento da taxa suporá a substitución do trámite de presentación, en tempo e forma, da solicitude. Entenderase como defecto non emendable non realizar o pagamento dentro do prazo de presentación de solicitudes.

Serán excluídas todas aquelas persoas aspirantes que non aboen a totalidade dos dereitos de exame dentro do prazo de presentación de solicitudes. No caso de que as persoas aspirantes se acollesen a unha exención ou bonificación e non xustifiquen ese feito, de non telo feito con anterioridade, no prazo de reposición de documentación serán excluídas do procedemento por non ter feito o pagamento da totalidade das taxas dentro do prazo de presentación de solicitudes.

Unicamente procederá a devolución dos dereitos de exame ás persoas aspirantes que sexan excluídas por causas non imputables a elas. Para tal efecto, o reintegro realizarase de oficio, para o que terán que facer constar a entidade bancaria e o seu número de conta no recadro que figura na solicitude. De non figuraren estes datos, entenderase que renuncian á devolución dos dereitos de exame.

Para calquera aclaración ou información sobre a tramitación electrónica, as persoas solicitantes poderanse poñer en contacto co Centro de Atención aos/ás Usuarios/as seguindo o procedemento indicado na páxina http://www.usc.gal/gl/servizos/atic/cau/.

No caso de non poder formalizar a solicitude mediante o formulario electrónico dentro dos prazos establecidos e sempre que sexa por causas técnicas non imputables ao interesado que imposibiliten o funcionamento ordinario da web, aplicarase o que a USC estableza nesta materia para tal fin.

4. Documentación acreditativa de requisitos e méritos.

Xunto coa solicitude, e sempre a través do formulario electrónico mencionado no número 3.1, presentarase a documentación acreditativa de requisitos e méritos alegados no currículo. Os documentos acreditativos de requisitos deberán estar en formato PDF e emitidos no idioma oficial do Estado español, en galego ou en calquera dos idiomas cooficiais das comunidades autónomas do Estado que así o expresan nos seus estatutos de autonomía. Os méritos dos números 3 e 4 dos anexos II e III poderanse acreditar na lingua en que están publicados e tamén naquela lingua ou linguas de uso habitual na área de coñecemento da praza convocada a concurso.

4.1. Acreditación de requisitos de carácter xeral.

A documentación que en todo caso debe presentarse é a seguinte:

a) Copia dixitalizada en formato PDF do documento nacional de identidade, pasaporte ou documento acreditativo da nacionalidade.

As/os descendentes e descendentes do cónxuxe non separado de dereito deberán presentar, ademais, os documentos acreditativos do vínculo de parentesco e, de ser o caso, do feito de viviren a expensas ou estaren a cargo dun nacional dun Estado membro da Unión Europea ou doutros Estados, cando así o estableza un tratado internacional subscrito pola Unión Europea e ratificado por España, con que teña o dito vínculo. A acreditación realizarase por medio de certificados expedidos polas autoridades competentes do seu país de orixe, traducidos a algunha das linguas oficiais da USC.

b) Copia dixitalizada en formato PDF do título universitario oficial (anverso e reverso) que se requira para as categorías de profesor/a axudante doutor/a ou profesor/a asociado/a, segundo a praza de que se trate. No caso de ter realizado o depósito do título universitario oficial nos últimos dous anos e non estar expedido, poderá presentarse a copia dixitalizada da certificación supletoria do título correspondente.

Os títulos expedidos por universidades ou autoridades estranxeiras deberán ser acreditados por algún dos seguintes procedementos:

1. Títulos de grao e máster oficiais necesarios para exercer unha profesión regulada: resolución de homologación ditada polo ministerio competente na materia, conforme o Real decreto 967/2014, do 21 de novembro.

2. Títulos de grao: resolución de equivalencia ditada polo ministerio competente na materia conforme a citada normativa.

3. Títulos de máster do EEES: copia do título universitario oficial e do suplemento europeo ao título (SET).

4. Títulos de máster de fóra do EEES: resolución de equivalencia ditada polo ministerio competente na materia conforme a citada normativa.

5. Título de doutor: declaración de equivalencia ao nivel académico de doutor realizada pola USC, conforme a disposición adicional quinta do Real decreto 967/2014, do 21 de novembro.

6. Mediante calquera outro procedemento de acreditación que regulamentariamente se determine.

c) De conformidade co indicado no número 2.1.e), as persoas aspirantes deberán acreditar o coñecemento das dúas linguas oficiais na Universidade de Santiago de Compostela, de conformidade co establecido na lexislación vixente. O coñecemento do español acreditarase mediante certificado de lingua española como lingua estranxeira de nivel B2 ou superior. As persoas que sexan nacionais de Estados que teñen o español como lingua oficial non terán que acreditar o seu coñecemento. A acreditación do coñecemento do idioma galego farase mediante o certificado de lingua galega Celga 3 ou equivalente.

A falta de acreditación documental deste requisito non será causa de exclusión. A comisión encargada de resolver o concurso poderá verificar o coñecemento do idioma e ao longo do procedemento, en caso necesario, poderá solicitar o asesoramento de persoas expertas. De non ser así, a acreditación do coñecemento do idioma farase a través dunha proba específica, que terá lugar antes de que transcorran dous anos desde a contratación.

4.2. Acreditación de requisitos de carácter específico.

– Para as prazas da categoría de profesor/a axudante doutor/a:

Copia dixitalizada en formato PDF da resolución de avaliación positiva para a figura de profesor/a axudante doutor/a ou para outra categoría superior expedida pola ACSUG, pola ANECA ou por calquera outro órgano de avaliación, sempre que exista un convenio ou concerto previo coa Comunidade Autónoma de Galicia.

– Para as prazas da categoría de profesor/a asociado/a:

a) Actividade desenvolvida ao servizo das administracións públicas.

– Os/as funcionarios/as públicos/as e o persoal contratado laboral ao servizo da Administración pública deberán presentar copia dixitalizada en formato PDF da certificación dos servizos prestados.

b) Actividade desenvolvida no sector privado ou en empresas/fundacións do sector público.

a. Traballadores por conta allea.

– Copia dixitalizada en formato PDF do contrato de traballo legalizado.

– Copia dixitalizada en formato PDF do documento xustificativo do período de permanencia en situación de alta no réxime xeral da Seguridade Social (vida laboral).

b. Traballadores autónomos ou profesións liberais.

– Copia dixitalizada en formato PDF da certificación do/dos período/s de alta na/nas actividade/s económica/s declarada/s da Axencia Estatal de Administración Tributaria (AEAT) ou certificado da situación do Censo de actividades da AEAT, actualizada na data da convocatoria.

– Copia dixitalizada en formato PDF do documento xustificativo do período de permanencia en situación de alta no réxime especial de traballadores autónomos (vida laboral) ou en entidades autorizadas equivalentes.

Non presentar os documentos especificados nos puntos 4.1.a), b) e 4.2 (para a categoría de que se trate), será causa de exclusión, que deberá repararse no prazo establecido na base 5.2 desta convocatoria.

4.3. Acreditación de méritos e historial académico:

Os méritos acreditaranse segundo o establecido no anexo IV a través de copias dixitalizadas en formato PDF e deberán relacionarse e anexarse en cada unha das epígrafes de que consta o formulario electrónico. Serán obxecto de valoración exclusivamente os méritos relacionados polas persoas concursantes para cada epígrafe do formulario electrónico sempre que se posúan na data de finalización do prazo de presentación de solicitudes e que dentro do dito prazo estean correctamente acreditados.

No presente concurso, consonte o artigo 28 da LPACAP, enténdese outorgado o consentimento á USC (agás oposición expresa manifestada na solicitude de participación, caso en que será necesario agregalos) para a obtención dos datos correspondentes ás epígrafes «1. Rendemento académico» e «2. Postos desempeñados no ámbito da universidade ou de organismos públicos de investigación» dos anexos II e III, que correspondan a actividades desenvolvidas na USC, sen prexuízo da obrigatoriedade de incluílos na relación de méritos.

Os méritos correspondentes ao número 2.5 da epígrafe 2 non terán que acreditalos as persoas aspirantes que realizasen colaboracións na USC ao abeiro do establecido na disposición adicional primeira, número 1, dos estatutos da USC; o resto dos méritos deste punto será preciso acreditalos consonte o que se establece no anexo IV. Todas as persoas aspirantes acreditarán os méritos dos números 2.4 e 2.6 coas copias dixitalizadas correspondentes.

No caso de titulacións acadadas nesta universidade con anterioridade a 2003, recoméndase a presentación das certificacións académicas. O expediente académico recibirá a cualificación de aprobado no suposto de que non se presente a certificación académica das cualificacións correspondentes.

Co fin de garantir a igualdade de oportunidades, teranse en conta as situacións de incapacidade temporal, risco durante o embarazo, maternidade, garda con fins de adopción, acollemento, risco durante o embarazo, lactación e paternidade.

Os períodos en que as persoas aspirantes permanecesen nalgunha das situacións citadas teranse en conta para efectos de computar ese tempo na valoración dos méritos recollidos nos anexos II e III en que se faga referencia a un número de anos determinado. O período en que se estivese nas citadas situacións acreditarase anexando no número 2.1 do formulario electrónico o arquivo PDF coa xustificación correspondente emitida polo Instituto Nacional da Seguridade Social (INSS) ou entidade equivalente.

Non se admitirá ningunha documentación acreditativa de méritos unha vez que remate o prazo de presentación de solicitudes, nin sequera no prazo de emenda de documentación a que se refire a base 5.2. A non acreditación dos méritos alegados non determinará a exclusión da persoa aspirante ao concurso, pero impedirá o cómputo e valoración de tales méritos por parte da comisión de selección do concurso de que se trate.

5. Admisión de aspirantes.

5.1. Rematado o prazo de presentación de solicitudes, nun prazo de dez días hábiles, a Vicerreitoría de Profesorado publicará unha resolución que aprobe a lista provisoria de aspirantes admitidos e excluídos no taboleiro electrónico da USC (https://sede.usc.es/sede/publica/taboleiro/inicio.htm).

5.2. Contra esta resolución, e nun prazo máximo de cinco días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación no taboleiro electrónico da USC, as persoas interesadas poderán presentar unha reclamación perante o reitor para repararen os defectos que motivaran a exclusión ou omisión da devandita listaxe. Se non o fan, serán excluídos definitivamente do proceso selectivo sen teren dereito a devolución das taxas aboadas.

5.3. Para emendar a exclusión ou omisión cubrirase o formulario que se atopa no catálogo de procedementos de «persoal docente e investigador» da sede electrónica da USC, que deberá presentarase exclusivamente a través do rexistro electrónico por sede electrónica, como anexo á solicitude de emenda.

5.4. Rematado o prazo para reparar os defectos que motivaron a exclusión ou omisión das persoas aspirantes, a Vicerreitoría de Profesorado aprobará e publicará, no prazo máximo de dez días hábiles, a lista definitiva de persoas aspirantes admitidas e excluídas, con indicación das causas de exclusión, no lugar indicado na base 5.1. Esta resolución esgota a vía administrativa e contra ela poderanse interpor os recursos oportunos.

5.5. A inclusión na listaxe definitiva de admitidos/as non prexulga o cumprimento dos requisitos normativamente exixidos para a sinatura do correspondente contrato na categoría docente de que se trate. A posesión dos requisitos exixidos terá que acreditarse no seu momento.

6. Comisións de selección e desenvolvemento dos concursos.

6.1. Os concursos obxecto desta convocatoria serán resoltos polas comisións relacionadas no anexo I.3.

Estas comisións rexeranse polo disposto no Regulamento de selección de profesorado non permanente da USC.

6.2. As comisións de selección constituiranse no prazo máximo de dous meses desde o día seguinte á data de publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

No acto de constitución e antes de acceder á documentación achegada polos aspirantes, a comisión de selección aprobará e publicará no taboleiro electrónico da USC os criterios de valoración dos méritos e os criterios para o acceso das persoas aspirantes á segunda fase.

7. Procedemento de selección.

7.1. Realización das probas.

Os concursos para a selección de prazas de profesorado axudante doutor e profesorado asociado constarán de dúas fases:

a) A primeira fase terá carácter eliminatorio e consistirá na valoración dos méritos e historial académico, docente, investigador e, de ser o caso, profesional ou sanitario-asistencial alegados polas persoas candidatas. A comisión de selección valorará os currículos das persoas aspirantes aplicando os criterios que determine e de acordo cos baremos que correspondan á categoría, recollidos nos anexos II e III desta convocatoria. Concluída a valoración dos currículos, os resultados faranse públicos a través do taboleiro electrónico. A comisión indicará a relación de aspirantes que pasan á segunda fase e realizará a convocatoria para a realización do exercicio correspondente, que non poderá iniciarse antes de transcorridos dous días desde a convocatoria, agás renuncia expresa a este prazo das persoas aspirantes. A publicación incluirá a data, a hora e o lugar de realización.

b) A segunda fase será obrigatoria e non eliminatoria, e consistirá na presentación oral por parte do candidato, durante un tempo máximo de vinte minutos, dun proxecto de actividades docentes correspondente á materia que determine a convocatoria. O proxecto deberá corresponder, consonte o indicado no perfil da praza, a unha materia de formación básica ou obrigatoria das cursadas para a obtención dun título de grao impartido na USC, agás no caso das prazas de profesorado asociado, en que a convocatoria poderá establecer outro tipo de perfil. Inmediatamente antes do inicio da proba, a persoa candidata deberá entregar a cada un dos membros da comisión de selección un resumo ou esquema do seu proxecto cunha extensión máxima orientativa de 7.500 caracteres, espazos incluídos.

Para realizar a presentación, as persoas aspirantes poderán utilizar un proxector de vídeo e un ordenador. De precisar algún outro material de apoio ou ferramenta informática, deberán indicalo con antelación suficiente á persoa que ocupe a presidencia da comisión.

Finalizada a presentación, a comisión debaterá co candidato sobre o contido da súa exposición por un espazo máximo de trinta minutos. A Comisión valorará esta presentación tendo en conta os contidos e o dominio da materia, a claridade expositiva e a capacidade de resposta da persoa candidata ás cuestións que se lle formulen, e sempre de acordo co establecido nos baremos que figuran nos anexos II e III.

Concluída a valoración dos proxectos, os resultados faranse públicos a través do taboleiro electrónico da USC.

c) A cualificación final do proceso será a suma aritmética das puntuacións correspondentes ás dúas fases do concurso. Os resultados finais faranse públicos a través do taboleiro electrónico da USC.

7.2. A orde de actuación.

A orde de actuación das persoas aspirantes a prazas con probas orais seguirá a ordenación alfabética por apelido a partir da letra «Q», de conformidade co establecido na Resolución do 24 de xaneiro de 2019, da Consellería de Facenda da Xunta de Galicia (DOG do 5 de febreiro).

8. Proposta de contratación.

8.1. No prazo máximo de tres días desde o seguinte á finalización das fases previstas no artigo 18 do Regulamento, farase pública no taboleiro electrónico da Universidade a proposta de contratación motivada e vinculante das persoas candidatas, ordenada pola puntuación acadada no proceso.

Unha vez publicada, a comisión de selección remitirá o expediente completo ao Servizo de Planificación de Persoal Docente e Investigador.

8.2. Contra as propostas de contratación os interesados poderán interpoñer reclamación ante a Reitoría nun prazo de dez (10) días contado desde o seguinte ao da publicación da devandita proposta. A admisión a trámite da reclamación non suspenderá a contratación da persoa candidata proposta, salvo resolución motivada en contrario. As reclamacións serán instruídas por unha Comisión de Revisión, que estará presidida pola persoa titular da Reitoría ou da Vicerreitoría en quen delegue.

As comisións de selección, en aplicación dos criterios establecidos, poderán deixar desertas as prazas convocadas, formulando a correspondente proposta de non provisión motivada.

9. Resolucións reitorais de contratación, presentación de documentos e formalización dos contratos.

9.1. A Reitoría ditará resolución autorizando cando proceda a contratación da persoa candidata proposta pola comisión de selección. A resolución farase pública no taboleiro electrónico da Universidade. Esta publicación substituirá a notificación persoal aos interesados e producirá os mesmos efectos, segundo o previsto no artigo 45.1 da LPACAP.

9.2. As persoas seleccionadas deberán asinar o contrato nun prazo máximo de cinco días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación no taboleiro electrónico da USC da resolución pola que se autorice a contratación. Con carácter excepcional, tras a solicitude motivada da persoa interesada e de acordo coas necesidades do servizo, este prazo poderá ser modificado pola Reitoría.

9.3. Antes de proceder á sinatura, as persoas seleccionadas deberán presentar a documentación que xustifique o cumprimento dos requisitos exixidos para acceder a cada tipo de praza de acordo co establecido nesta convocatoria.

Estes documentos deberán presentarse:

• No Servizo de Planificación de Persoal Docente e Investigador, Colexio de San Xerome, Santiago de Compostela, se a praza se convocou para Santiago de Compostela.

• Na Vicexerencia, Edificio Biblioteca Intercentros, Lugo, se a praza se convocou para Lugo.

A acreditación dos requisitos exixidos na base 2.1.a) deberá axustarse ao seguinte:

a) Para as persoas aspirantes nacionais de España e dos demais Estados membros da Unión Europea, doutros Estados parte do Acordo sobre o Espazo Económico Europeo (Islandia, Liechtenstein, Noruega) ou da Confederación Suíza, será suficiente coa copia compulsada (ou simple xunto co respectivo orixinal para o seu cotexo) do DNI ou do documento acreditativo da nacionalidade. As persoas aspirantes nacionais dos restantes Estados deberán acreditar, ademais, que teñen recoñecida a autorización de traballo.

b) As persoas aspirantes cónxuxes de nacional español, nacional doutro Estado membro da Unión Europea ou nacional doutros Estados, cando así se estableza nun tratado internacional subscrito pola Unión Europea e ratificado por España, deberán presentar, ademais do indicado na letra a), os documentos acreditativos do vínculo matrimonial e unha declaración xurada do seu cónxuxe de non estar separado de dereito del ou dela.

c) Os documentos que así o precisen deberán presentarse traducidos a algunha das linguas oficiais da USC.

A acreditación do requisito exixido na base 2.1.g) farase mediante certificación negativa do Rexistro Central de Delincuentes Sexuais. O dito certificado pode solicitarse ao ministerio con competencias en materia de xustiza.

A acreditación do requisito exixido na base 2.1.d) farase mediante a presentación de certificado médico oficial ou informe de saúde emitido polo Servizo Galego de Saúde. Tamén se poderá presentar, de ser o caso, informe emitido polo órgano equivalente en materia de saúde doutras comunidades autónomas do Estado.

As persoas aspirantes a prazas de profesorado axudante doutor deberán presentar tamén declaración responsable dos períodos en que, de ser o caso, ocuparon postos de axudante ou de axudante doutor en calquera universidade.

Agás supostos de forza maior, quen non presente a documentación referida ou cando do seu exame se deduza que carece dos requisitos requiridos decaerá no seu dereito a desempeñar o posto para o que foi seleccionado, e a Universidade formalizará a contratación coa persoa proposta na seguinte posición.

9.4. Con carácter xeral, os contratos que deriven desta convocatoria producirán efectos desde a data en que se asinen, agás que neles se dispoña outra cousa, sen que en ningún caso poidan ter efectos retroactivos. Tan só unha vez formalizada a relación xurídica terá lugar o inicio da prestación de servizos e, polo tanto, a devindicación das retribucións asignadas á praza obtida.

9.5. Cando nunha mesma data se autorice a contratación dunha persoa candidata para ocupar máis dunha praza, a sinatura dun dos contratos suporá a renuncia ao dereito a ser contratada nas outras prazas para as cales fose proposta. A sinatura do contrato suporá tamén a renuncia á praza que, de ser o caso, se estivese ocupando con anterioridade, salvo que ambos os postos resulten compatibles.

9.6. Serán de aplicación ao persoal contratado en virtude desta convocatoria as normas contidas na Lei 53/1984, do 26 de decembro, na Lei 9/1996, do 18 de outubro, de incompatibilidades dos membros da Xunta de Galicia e altos cargos da Administración autonómica, e demais normativa de incompatibilidades do persoal ao servizo das administracións públicas e as súas normas de desenvolvemento.

No caso de que o candidato desempeñe un posto noutra Administración pública susceptible de ser compatibilizado, deberá solicitar a compatibilidade na Administración en que desenvolva a súa actividade principal.

No caso de que o candidato desempeñe un posto no ámbito privado susceptible de ser compatibilizado, deberá solicitar a compatibilidade nesta universidade.

10. Características dos contratos.

10.1. Retribucións.

Os contratos que se formalicen en virtude desta convocatoria terán as remuneracións que se sinalan no artigo 32 do II Convenio colectivo para o PDI laboral.

10.2. Duración dos contratos.

Estes contratos terán efectos a partir da data de sinatura de cada un deles, ou da que se determine na resolución de autorización da contratación se é posterior, e a súa duración será a que para cada categoría corresponda.

O contrato do profesorado axudante doutor terá unha duración máxima de cinco anos e o do profesorado asociado terá unha duración dun ano, renovable logo de informe do departamento, ata un máximo de 5 anos.

O contrato da praza de profesor asociado número 2009/19-20 terá unha duración máxima dun semestre.

11. Notificacións.

De conformidade co artigo 45.1.b) da LPACAP, as publicacións dos actos derivados desta convocatoria que requiran publicación, para efectos de notificación realizaranse no taboleiro electrónico da USC (https://sede.usc.es/sede/publica/taboleiro/). Os actos de notificacións electrónicas de carácter persoal realizaranse por comparecencia en sede electrónica. Se a persoa aspirante desexa recibir avisos das notificacións que a USC poña á súa disposición, é imprescindible que indique na epígrafe de «Medios de aviso de notificación» do formulario un teléfono e un enderezo electrónico válidos.

12. Protección de datos.

A política de privacidade e protección de datos da USC pódese consultar en:

http://www.usc.es/gl/normativa/protecciondatos/Politica-privacidade.html

Norma derradeira

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpor recurso contencioso-administrativo perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ao da súa publicación, de conformidade cos artigos 46 e 8.2.a) da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa. Non obstante, as persoas interesadas poderán interpor recurso potestativo de reposición no prazo dun mes perante o órgano que a ditou. Neste caso, non se poderá interpor o recurso contencioso-administrativo anteriormente indicado mentres non se dite resolución expresa ou presunta do recurso administrativo de reposición, ao abeiro dos artigos 123 e 124 da LPACAP.

Santiago de Compostela, 30 de outubro de 2019

O reitor da Universidade de Santiago de Compostela
P.D. (Resolución do 20.6.2018; DOG do 29 de xuño)
Ernesto González Seoane
Vicerreitor de Profesorado

ANEXO I.1

Relación de prazas

Profesor/a axudante doutor/a

Nº de concurso: 2001/19-20. Dedicación: T.

Nº de prazas: 1 (FX0408).

Área de coñecemento: Ciencia da Computación e Intelixencia Artificial.

Departamento: Electrónica e Computación.

Perfil: enxeñaría do coñecemento (G4011421).

Centro (*): Escola Técnica Superior de Enxeñaría.

Localidade: Santiago de Compostela.

Nº de concurso: 2003/19-20. Dedicación: T.

Nº de prazas: 1 (FX0366).

Área de coñecemento: Didáctica e Organización Escolar.

Departamento: Pedagoxía e Didáctica.

Perfil: materias da área.

Centro (*): Facultade de Formación do Profesorado.

Localidade: Lugo.

Nº de concurso: 2004/19-20. Dedicación: T.

Nº de prazas: 1 (FX0317).

Área de coñecemento: Comercialización e Investigación de Mercados.

Departamento: Organización de Empresas e Comercialización.

Perfil: investigación comercial (G3101422).

Centro (*): Facultade de Administración e Dirección de Empresas.

Localidade: Lugo.

Profesor/a asociado/a

Nº de concurso: 2005/19-20. Dedicación: P3.

Nº de prazas: 1(HX1091).

Área de coñecemento: Comunicación Audiovisual e Publicidade.

Departamento: Ciencias da Comunicación.

Perfil: fotografía dixital contemporánea.

Titulación: graduado/a ou licenciado/a en Xornalismo ou Comunicación Audiovisual.

Centro (*): Facultade de Ciencias da Comunicación.

Localidade: Santiago de Compostela.

Nº de concurso: 2006/19-20. Dedicación: P3.

Nº de prazas: 1(HX1371).

Área de coñecemento: Comunicación Audiovisual e Publicidade.

Departamento: Ciencias da Comunicación.

Perfil: difusión cultural (G5101423).

Titulación: graduado/a ou licenciado/a en Xornalismo ou en Comunicación Audiovisual.

Centro (*): Facultade de Humanidades.

Localidade: Lugo.

Nº de concurso: 2007/19-20. Dedicación: P3.

Nº de prazas: 1(HX1348).

Área de coñecemento: Comunicación Audiovisual e Publicidade.

Departamento: Ciencias da Comunicación.

Perfil: dirección de fotografía e iluminación (G3041327).

Titulación: graduado/a ou licenciado/a en Xornalismo ou en Comunicación Audiovisual.

Centro (*): Facultade de Ciencias da Comunicación.

Nº de concurso: 2010/19-20. Dedicación: P6.

Nº de prazas: 1(HX0325).

Área de coñecemento: Economía Financeira e Contabilidade.

Departamento: Economía Financeira e Contabilidade.

Perfil: contabilidade de custos: cálculo, análise e control (G3101221).

Titulación: graduado/a ou licenciado/a en Administración e Dirección de Empresas ou licenciado/a en CC. Económicas e Empresariais.

Centro (*): Facultade de Administración e Dirección de Empresas.

Localidade: Lugo.

Nº de concurso: 2011/19-20. Dedicación: P3.

Nº de prazas: 1(HX1324).

Área de coñecemento: Organización de Empresas.

Departamento: Organización de Empresas e Comercialización.

Perfil: empresa e organizacións (G3021105).

Titulación: graduado/a en Relacións Laborais ou Recursos Humanos, ADE ou Economía ou licenciado/a en ADE ou Economía.

Centro (*): Facultade de Relacións Laborais.

Localidade: Santiago de Compostela.

Nº de concurso: 2012/19-20. Dedicación: P3.

Nº de prazas: 1(HXNP1390).

Área de coñecemento: Medicina.

Departamento: Psiquiatría, Radioloxía, Saúde Pública, Enfermaría e Medicina.

Perfil: medicina de familia e comunitaria (G2051528).

Titulación: graduado/a ou licenciado/a en Medicina.

Centro (*): Facultade de Medicina e Odontoloxía.

Localidade: Santiago de Compostela.

(*) Centro onde se realizará con carácter preferente a actividade.

ANEXO I.2

Relación de prazas que quedaron desertas

Profesor/a axudante doutor/a

Nº de concurso: 2002/19-20. Dedicación: T.

Nº de prazas: 1 (FX0384).

Área de coñecemento: Análise Matemática.

Departamento: Estatística, Análise Matemática e Optimización.

Perfil: materias da área.

Centro (*): Facultade de Matemáticas.

Localidade: Santiago de Compostela.

Profesor/a asociado/a

Nº de concurso: 2008/19-20. Dedicación: P3.

Nº de prazas: 1 (HX1265).

Área de coñecemento: Xornalismo.

Departamento: Ciencias da Comunicación.

Perfil: cibercultura e redes sociais (G5101323).

Titulación: graduado/a ou licenciado/a en Xornalismo.

Centro (*): Facultade de Humanidades.

Localidade: Lugo.

Nº de concurso: 2009/19-20. Dedicación: P3.

Nº de prazas: 1 (HX1351).

Área de coñecemento: Xornalismo.

Departamento: Ciencias da Comunicación.

Perfil: protocolo e comunicación institucional.

Titulación: graduado/a ou licenciado/a en Xornalismo ou en Comunicación Audiovisual.

Centro (*): Facultade de Humanidades.

Localidade: Lugo.

(*) Centro onde se realizará con carácter preferente a actividade.

ANEXO I.3

Relación de comisións de selección

Nº de concurso

2001/19-20

Corpo

Profesor/a axudante doutor/a

Área de coñecemento

Ciencia da Computación e Intelixencia Artificial

Comisión titular

Presidente

Bugarín Diz, Alberto José

T

Catedrático/a de universidade

Univ. de Santiago de Compostela

Secretaria

Taboada Iglesias, María Jesús

T

Catedrático/a de universidade

Univ. de Santiago de Compostela

1º vogal

Carreira Nouche, María José

T

Titular de universidade

Univ. de Santiago de Compostela

2º vogal

Losada Carril, David Enrique

T

Titular de universidade

Univ. de Santiago de Compostela

3º vogal

Mucientes Molina, Manuel Felipe

T

Profesor/a contratado/a doutor/a

Univ. de Santiago de Compostela

Comisión suplente

Presidente

Barro Ameneiro, Senén

T

Catedrático/a de universidade

Univ. de Santiago de Compostela

Secretario

Félix Lamas, Paulo

T

Titular de universidade

Univ. de Santiago de Compostela

1º vogal

Cernadas García, Eva

T

Titular de universidade

Univ. de Santiago de Compostela

2º vogal

Lama Penín, Manuel

T

Titular de universidade

Univ. de Santiago de Compostela

3º vogal

Cariñena Amigo, María Purificación

T

Profesor/a contratado/a doutor/a

Univ. de Santiago de Compostela

Nº de concurso

2002/19-20

Corpo

Profesor/a axudante doutor/a

Área de coñecemento

Análise Matemática

Comisión titular

Presidente

Nieto Roig, Juan José

T

Catedrático/a de universidade

Univ. de Santiago de Compostela

Secretaria

Rodríguez López, Rosana

T

Profesor/a contratado/a doutor/a

Univ. de Santiago de Compostela

1º vogal

Cabada Fernández, Alberto

T

Catedrático/a de universidade

Univ. de Santiago de Compostela

2º vogal

López Pouso, Rodrigo

T

Titular de universidade

Univ. de Santiago de Compostela

3º vogal

Trinchet Soria, Rosa Mª

T

Titular de universidade

Univ. de Santiago de Compostela

Comisión suplente

Presidente

Febrero Bande, Manuel

T

Catedrático/a de universidade

Univ. de Santiago de Compostela

Secretaria

Saavedra Nieves, Paula

T

Profesor/a axudante doutor/a

Univ. de Santiago de Compostela

1º vogal

Casas Méndez, Balbina

T

Titular de universidade

Univ. de Santiago de Compostela

2º vogal

Fernández Fernández, Francisco Javier

T

Profesor/a axudante doutor/a

Univ. de Santiago de Compostela

3º vogal

Fernández Tojo, Fernando Adrián

T

Profesor/a axudante doutor/a

Univ. de Santiago de Compostela

Nº de concurso

2003/19-20

Corpo

Profesor/a axudante doutor/a

Área de coñecemento

Didáctica e Organización Escolar

Comisión titular

Presidenta

Sarceda Gorgoso, Carmen

T

Profesor/a contratado/a doutor/a

Univ. de Santiago de Compostela

Secretaria

Fernández Morante, María del Carmen

T

Titular de universidade

Univ. de Santiago de Compostela

1º vogal

Fuentes Abeledo, Eduardo José

T

Titular de universidade

Univ. de Santiago de Compostela

2º vogal

Varela Portela, Cristina

T

Profesor/a axudante doutor/a

Univ. de Santiago de Compostela

3º vogal

Álvarez Núñez, Quintín

T

Titular de universidade

Univ. de Santiago de Compostela

Comisión suplente

Presidente

Fernández de la Iglesia, Josefa del Carmen

T

Profesor/a contratado/a doutor/a

Univ. de Santiago de Compostela

Secretario

Trillo Alonso, José Felipe

T

Titular de universidade

Univ. de Santiago de Compostela

1º vogal

Muñoz Carril, Pablo César

T

Profesor/a contratado/a doutor/a

Univ. de Santiago de Compostela

2º vogal

Caldeiro Pedreira, Mª Carmen

T

Profesor/a axudante doutor/a

Univ. de Santiago de Compostela

3º vogal

Iglesias Forneiro, María Lina

T

Titular de universidade

Univ. de Santiago de Compostela

Nº de concurso

2004/19-20

Corpo

Profesor/a axudante doutor/a

Área de coñecemento

Comercialización e Investigación de Mercados

Comisión titular

Presidenta

Barreiro Fernández, María Begoña

T

Titular de universidade

Univ. de Santiago de Compostela

Secretario

Varela González, José Antonio

T

Catedrático/a de universidade

Univ. de Santiago de Compostela

1º vogal

Benito Torres, José Leandro

T

Titular de universidade

Univ. de Santiago de Compostela

2º vogal

Del Río Araújo, María Luisa

T

Titular de universidade

Univ. de Santiago de Compostela

3º vogal

Ruzo Sanmartín, Emilio

T

Titular de universidade

Univ. de Santiago de Compostela

Comisión suplente

Presidente

Losada Pérez, Fernando

T

Profesor/a contratado/a doutor/a

Univ. de Santiago de Compostela

Secretaria

García Garazo, María Teresa

T

Profesor/a contratado/a doutor/a

Univ. de Santiago de Compostela

1º vogal

Varela Neira, María de la Concepción

T

Profesor/a contratado/a doutor/a

Univ. de Santiago de Compostela

2º vogal

González Vázquez, Encarnación

T

Catedrático/a de universidade

Univ. de Vigo

3º vogal

Fraiz Brea, José Antonio

T

Titular de universidade

Univ. de Vigo

Nº de concurso

2005/19-20

Corpo

Profesor/a asociado/a

Área de coñecemento

Comunicación Audiovisual e Publicidade

Comisión titular

Presidente

Soengas Pérez, José

T

Catedrático/a de universidade

Univ. de Santiago de Compostela

Secretario

López García, Xosé

T

Catedrático/a de universidade

Univ. de Santiago de Compostela

1º vogal

Campos Freire, Francisco Manuel

T

Catedrático/a de universidade

Univ. de Santiago de Compostela

2º vogal

García Orosa, Berta

T

Titular de universidade

Univ. de Santiago de Compostela

3º vogal

Rodríguez Vázquez, Ana Isabel

T

Profesor/a contratado/a doutor/a

Univ. de Santiago de Compostela

Comisión suplente

Presidente

Pousa Estévez, José Ramón

T

Titular de universidade

Univ. de Santiago de Compostela

Secretario

Túñez López, José Miguel

T

Titular de universidade

Univ. de Santiago de Compostela

1º vogal

Galindo Arranz, Fermín

T

Titular de universidade

Univ. de Santiago de Compostela

2º vogal

Silva Rodríguez, Alba

T

Profesor/a axudante doutor/a

Univ. de Santiago de Compostela

3º vogal

Toural Bran, Carlos

T

Profesor/a axudante doutor/a

Univ. de Santiago de Compostela

Nº de concurso

2006/19-20

Corpo

Profesor/a asociado/a

Área de coñecemento

Comunicación Audiovisual e Publicidade

Comisión titular

Presidente

Soengas Pérez, José

T

Catedrático/a de universidade

Univ. de Santiago de Compostela

Secretario

López García, Xosé

T

Catedrático/a de universidade

Univ. de Santiago de Compostela

1º vogal

Campos Freire, Francisco Manuel

T

Catedrático/a de universidade

Univ. de Santiago de Compostela

2º vogal

García Orosa, Berta

T

Titular de universidade

Univ. de Santiago de Compostela

3º vogal

Rodríguez Vázquez, Ana Isabel

T

Profesor/a contratado/a doutor/a

Univ. de Santiago de Compostela

Comisión suplente

Presidente

Pousa Estévez, José Ramón

T

Titular de universidade

Univ. de Santiago de Compostela

Secretario

Túñez López, José Miguel

T

Titular de universidade

Univ. de Santiago de Compostela

1º vogal

Galindo Arranz, Fermín

T

Titular de universidade

Univ. de Santiago de Compostela

2º vogal

Silva Rodríguez, Alba

T

Profesor/a axudante doutor/a

Univ. de Santiago de Compostela

3º vogal

Toural Bran, Carlos

T

Profesor/a axudante doutor/a

Univ. de Santiago de Compostela

Nº de concurso

2007/19-20

Corpo

Profesor/a asociado/a

Área de coñecemento

Comunicación Audiovisual e Publicidade

Comisión titular

Presidente

Soengas Pérez, José

T

Catedrático/a de universidade

Univ. de Santiago de Compostela

Secretario

López García, Xosé

T

Catedrático/a de universidade

Univ. de Santiago de Compostela

1º vogal

Campos Freire, Francisco Manuel

T

Catedrático/a de universidade

Univ. de Santiago de Compostela

2º vogal

García Orosa, Berta

T

Titular de universidade

Univ. de Santiago de Compostela

3º vogal

Rodríguez Vázquez, Ana Isabel

T

Profesor/a contratado/a doutor/a

Univ. de Santiago de Compostela

Comisión suplente

Presidente

Pousa Estévez, José Ramón

T

Titular de universidade

Univ. de Santiago de Compostela

Secretario

Túñez López, José Miguel

T

Titular de universidade

Univ. de Santiago de Compostela

1º vogal

Galindo Arranz, Fermín

T

Titular de universidade

Univ. de Santiago de Compostela

2º vogal

Silva Rodríguez, Alba

T

Profesor/a axudante doutor/a

Univ. de Santiago de Compostela

3º vogal

Toural Bran, Carlos

T

Profesor/a axudante doutor/a

Univ. de Santiago de Compostela

Nº de concurso

2008/19-20

Corpo

Profesor/a asociado/a

Área de coñecemento

Xornalismo

Comisión titular

Presidente

Pousa Estévez, José Ramón

T

Titular de universidade

Univ. de Santiago de Compostela

Secretario

López García, Xosé

T

Catedrático/a de universidade

Univ. de Santiago de Compostela

1º vogal

Campos Freire, Francisco Manuel

T

Catedrático/a de universidade

Univ. de Santiago de Compostela

2º vogal

García Orosa, Berta

T

Titular de universidade

Univ. de Santiago de Compostela

3º vogal

Rodríguez Vázquez, Ana Isabel

T

Profesor/a contratado/a doutor/a

Univ. de Santiago de Compostela

Comisión suplente

Presidenta

López Gómez, Antía María

T

Titular de universidade

Univ. de Santiago de Compostela

Secretario

Túñez López, José Miguel

T

Titular de universidade

Univ. de Santiago de Compostela

1º vogal

Silva Rodríguez, Alba

T

Profesor/a axudante doutor/a

Univ. de Santiago de Compostela

2º vogal

Galindo Arranz, Fermín

T

Titular de universidade

Univ. de Santiago de Compostela

3º vogal

Otero López, María Luisa

T

Titular de universidade

Univ. de Santiago de Compostela

Nº de concurso

2009/19-20

Corpo

Profesor/a asociado/a

Área de coñecemento

Xornalismo

Comisión titular

Presidente

Pousa Estévez, José Ramón

T

Titular de universidade

Univ. de Santiago de Compostela

Secretario

López García, Xosé

T

Catedrático/a de universidade

Univ. de Santiago de Compostela

1º vogal

Campos Freire, Francisco Manuel

T

Catedrático/a de universidade

Univ. de Santiago de Compostela

2º vogal

García Orosa, Berta

T

Titular de universidade

Univ. de Santiago de Compostela

3º vogal

Rodríguez Vázquez, Ana Isabel

T

Profesor/a contratado/a doutor/a

Univ. de Santiago de Compostela

Comisión suplente

Presidenta

López Gómez, Antía María

T

Titular de universidade

Univ. de Santiago de Compostela

Secretario

Túñez López, José Miguel

T

Titular de universidade

Univ. de Santiago de Compostela

1º vogal

Silva Rodríguez, Alba

T

Profesor/a axudante doutor/a

Univ. de Santiago de Compostela

2º vogal

Galindo Arranz, Fermín

T

Titular de universidade

Univ. de Santiago de Compostela

3º vogal

Otero López, María Luisa

T

Titular de universidade

Univ. de Santiago de Compostela

Nº de concurso

2010/19-20

Corpo

Profesor/a asociado/a

Área de coñecemento

Economía Financeira e Contabilidade

Comisión titular

Presidente

Piñeiro Chousa, Juan Ramón

T

Titular de universidade

Univ. de Santiago de Compostela

Secretaria

García Blanco, María Cruz

T

Titular de escola universitaria

Univ. de Santiago de Compostela

1º vogal

Veiga Carballido, Manuel

T

Titular de universidade

Univ. de Santiago de Compostela

2º vogal

Romero Castro, Noelia María

T

Profesor/a axudante doutor/a

Univ. de Santiago de Compostela

3º vogal

Portela Maseda, Marta

T

Profesor/a axudante doutor/a

Univ. de Santiago de Compostela

Comisión suplente

Presidenta

Babío Arcay, Rosario

T

Titular de universidade

Univ. de Santiago de Compostela

Secretario

Feás Vázquez, Jacobo

T

Profesor/a contratado/a doutor/a

Univ. de Santiago de Compostela

1º vogal

Aibar Guzmán, Beatriz

T

Titular de universidade

Univ. de Santiago de Compostela

2º vogal

Fernández Fernández, Mª Loreto

T

Titular de universidade

Univ. de Santiago de Compostela

3º vogal

Rodríguez Sandiás, Alfonso

T

Titular de universidade

Univ. de Santiago de Compostela

Nº de concurso

2011/19-20

Corpo

Profesor/a asociado/a

Área de coñecemento

Organización de Empresas

Comisión titular

Presidente

Varela González, José Antonio

T

Catedrático/a de universidade

Univ. de Santiago de Compostela

Secretario

Castromán Diz, Juan Luis

T

Titular de universidade

Univ. de Santiago de Compostela

1º vogal

Álvarez Pérez, María Dolores

T

Titular de universidade

Univ. de Santiago de Compostela

2º vogal

Castro Casal, María del Carmen

T

Titular de universidade

Univ. de Santiago de Compostela

3º vogal

Bastida Domínguez, María

T

Profesor/a contratado/a doutor/a

Univ. de Santiago de Compostela

Comisión suplente

Presidente

Carballo Penela, Adolfo

T

Profesor/a contratado/a doutor/a

Univ. de Santiago de Compostela

Secretaria

García Chas, Romina

T

Profesor/a contratado/a doutor/a

Univ. de Santiago de Compostela

1º vogal

Curto Rodríguez, Eduardo

T

Profesor/a contratado/a doutor/a

Univ. de Santiago de Compostela

2º vogal

Vila Vázquez, Guadalupe

T

Profesor/a axudante doutor/a

Univ. de Santiago de Compostela

3º vogal

López Cabarcos, Mª Ángeles

T

Titular de universidade

Univ. de Santiago de Compostela

Nº de concurso

2012/19-20

Corpo

Profesor/a asociado/a

Área de coñecemento

Medicina

Comisión titular

Presidente

Álvarez Escudero, Julián

T

Catedrático/a de universidade

Univ. de Santiago de Compostela

Secretario

Caamaño Isorna, Francisco

T

Titular de universidade

Univ. de Santiago de Compostela

1º vogal

González Quintela, Arturo

T

Catedrático/a de universidade

Univ. de Santiago de Compostela

2º vogal

Vidal Pan, Mª del Carmen

T

Titular de universidade

Univ. de Santiago de Compostela

3º vogal

Cordal Martínez, Teresa

Pacs

Asociado/a de ciencias da saúde

Univ. de Santiago de Compostela

Comisión suplente

Presidente

Carreira Villamor, José Martín

T

Titular de universidade

Univ. de Santiago de Compostela

Secretario

González Juanatey, José Ramón

T

Catedrático/a de universidade

Univ. de Santiago de Compostela

1º vogal

Mera Varela, Antonio José

P6

Asociado/a

Univ. de Santiago de Compostela

2º vogal

Peñalva Maqueda, Ángela

T

Catedrático/a de universidade

Univ. de Santiago de Compostela

3º vogal

Carballo Arceo, María Esther

Pacs

Asociado/a de ciencias da saúde

Univ. de Santiago de Compostela

ANEXO II

Baremo para as prazas de profesorado axudante doutor

Para cada epígrafe dos baremos establécese unha valoración máxima. No suposto de que algún aspirante supere esa valoración, normalizarase a puntuación obtida por todos os aspirantes nesa mesma epígrafe.

1. Rendemento académico. A valoración máxima será de 20 puntos.

1.1. Expediente académico de diplomatura, enxeñería técnica ou equivalente, de grao e máster ou ben de licenciatura, arquitectura, enxeñería ou equivalente. A valoración máxima será de 10 puntos. A valoración dos expedientes realizarase de acordo co establecido no protocolo de colaboración sobre valoración de expedientes académicos subscrito o 15 de setembro de 2011 pola Consellería de Educación e Ordenación Universitaria e as universidades da Coruña, Santiago de Compostela e Vigo (DOG do 23 de marzo). No caso de titulacións que, segundo o criterio razoado da comisión, correspondan a áreas afíns a aquela para a cal se convoca a praza, a puntuación asignada multiplicarase por 0,6 ou por 0,3 en función do grao de afinidade.

1.2. Doutoramento. A valoración máxima será de 8 puntos e realizarase de acordo coas seguintes táboas de equivalencias: sobresaliente cum laude (8 puntos), sobresaliente (6 puntos), notable (4 puntos), aprobado (2 puntos). No caso de que o sistema de cualificación conste unicamente de dous graos, a valoración será a seguinte: apto cum laude (8 puntos), apto (4 puntos). No caso de titulacións que, segundo o criterio razoado da comisión, correspondan a áreas afíns a aquela para a cal se convoca a praza, a puntuación asignada multiplicarase por 0,6 ou por 0,3 en función do grao de afinidade.

1.3. Mención de doutoramento internacional ou outras mencións de calidade. A valoración máxima será de 2 puntos.

2. Postos desempeñados no ámbito da Universidade ou de organismos públicos de investigación. A valoración máxima será de 30 puntos. Valoraranse unicamente méritos acreditados nos dez anos anteriores á convocatoria do concurso, tomando como data de referencia a de remate do período de presentación de solicitudes.

2.1. Postos docentes universitarios. A valoración máxima será de 20 puntos.

2.1.1. Docencia a tempo completo na área de coñecemento: 2 puntos por curso. Para períodos inferiores a un curso asignarase a puntuación proporcional que corresponda.

2.1.2. Docencia a tempo completo nunha área afín: 1 punto por curso. Para períodos inferiores a un curso asignarase a puntuación proporcional que corresponda.

2.1.3. Docencia a tempo parcial na área de coñecemento, con dedicación P6 ou equivalente: 1,5 puntos por curso. Para períodos inferiores a un curso asignarase a puntuación proporcional que corresponda.

2.1.4. Docencia a tempo parcial nunha área afín, con dedicación P6 ou equivalente: 0,75 puntos por curso. Para períodos inferiores a un curso asignarase a puntuación proporcional que corresponda.

2.1.5. Docencia a tempo parcial na área de coñecemento, con dedicación P3 ou equivalente: 0,75 puntos por curso. Para períodos inferiores a un curso asignarase a puntuación proporcional que corresponda.

2.1.6. Docencia a tempo parcial nunha área afín, con dedicación P3 ou equivalente: 0,35 puntos por curso. Para períodos inferiores a un curso asignarase a puntuación proporcional que corresponda.

2.2. Bolsas e contratos de investigación posdoutorais obtidos no marco de programas competitivos de recursos humanos, en programas propios das universidades e programas de ámbito autonómico, estatal ou internacional: 2 puntos por curso, ata un máximo de 10 puntos. Para períodos inferiores a un curso asignarase a puntuación proporcional que corresponda.

2.3. Bolsas e contratos de investigación predoutorais obtidos no marco de programas competitivos de recursos humanos, en programas propios das universidades e programas de ámbito autonómico, estatal ou internacional: 1,5 puntos por curso, ata un máximo de 6 puntos. Para períodos inferiores a un curso asignarase a puntuación proporcional que corresponda.

2.4. Contratos de investigador/a pre e posdoutoral con cargo a proxectos, contratos e convenios de investigación: 0,75 puntos por curso, ata un máximo de 5 puntos. Para períodos inferiores a un curso asignarase a puntuación proporcional que corresponda.

2.5. Colaboración na actividade docente universitaria, en prácticas externas, como profesional externo colaborador ou titor docente e noutras colaboracións: ata 1,5 puntos por curso, cun máximo de 5 puntos. Para períodos inferiores a un curso asignarase a puntuación proporcional que corresponda.

3. Calidade docente. A valoración máxima será de 5 puntos. Valoraranse unicamente 5 méritos seleccionados polo candidato, correspondentes aos dez anos anteriores á convocatoria do concurso, tomando como data de referencia a de remate do período de presentación de solicitudes.

3.1. Participación en actividades de formación docente: ata 1 punto por cada ítem. A valoración realizarase tendo en conta o tipo de participación, xa sexa como docente ou como asistente, e a súa duración.

3.2. Elaboración de materiais docentes: ata 1 punto por cada ítem.

3.3. Realización de estadías de formación docente: ata 1 punto por cada ítem, en función da súa duración.

3.4. Participación en actividades de innovación docente: ata 1 punto por cada ítem. A valoración realizarase tendo en conta o tipo de participación e a súa duración.

4. Experiencia investigadora. A valoración máxima será de 35 puntos. Valoraranse unicamente méritos acreditados nos dez anos anteriores á convocatoria do concurso, tomando como data de referencia a de remate do período de presentación de solicitudes, agás no caso das publicacións científicas, en que se aplicará o disposto no número 4.1.

4.1. Publicacións científicas: valoración máxima de 20 puntos. As persoas candidatas poderán achegar un máximo de quince publicacións, cada unha das cales poderá ser valorada cun máximo de 2 puntos. Cando menos dez destas publicacións deberán corresponder aos dez anos anteriores á convocatoria do concurso. A puntuación deberá asignarse tendo en conta a calidade da publicación, a calidade da revista ou da editorial en que está publicada, o número de autores, a contribución da persoa aspirante e o grao de afinidade con respecto á área de coñecemento da praza obxecto do concurso.

4.2. Participación en congresos e reunións científicas: valoración máxima de 4 puntos. As persoas candidatas poderán achegar un máximo de cinco participacións, cada unha das cales poderá ser valorada cun máximo de 0,8 puntos. A puntuación asignarase tendo en conta a relevancia do congreso, o tipo de participación (relator/a convidado/a, comunicación libre ou outras), o número de autores, a contribución da persoa aspirante e o grao de afinidade con respecto á área de coñecemento da praza obxecto do concurso.

4.3. Participación como investigador/a principal ou como investigador/a en proxectos de investigación competitivos de ámbito autonómico, estatal ou internacional: valoración máxima de 3 puntos. As persoas candidatas poderán achegar un máximo de tres participacións, cada unha das cales poderá ser valorada cun máximo de 1 punto. A puntuación asignarase tendo en conta o ámbito do proxecto (autonómico, estatal, internacional), o tipo de participación (investigador/a principal, membro do equipo de investigación, membro do equipo de traballo) e o grao de afinidade con respecto á área de coñecemento da praza obxecto do concurso.

4.4. Participación como investigador/a principal ou como investigador/a en convenios e contratos de investigación non competitivos con empresas e institucións: valoración máxima de 1,5 puntos. As persoas candidatas poderán achegar un máximo de tres participacións, cada unha das cales poderá ser valorada cun máximo de 0,5 puntos. A puntuación asignarase tendo en conta a relevancia da actividade, o tipo de participación (investigador/a principal, membro do equipo de investigación, membro do equipo de traballo) e o grao de afinidade con respecto á área de coñecemento da praza obxecto do concurso.

4.5. Estadías de investigación: valoración máxima de 5 puntos. As persoas candidatas poderán achegar un máximo de tres estadías, que serán valoradas en función da súa duración, a razón de 0,25 puntos por mes. Os períodos inferiores a un mes valoraranse de xeito proporcional.

4.6. Patentes, rexistros da propiedade intelectual e outras actividades de transferencia: valoración máxima de 3 puntos. As persoas candidatas poderán achegar un máximo de cinco ítems, que serán valorados en función da súa relevancia cun máximo de 0,6 puntos cada un.

5. Experiencia profesional. A valoración máxima será de 5 puntos. Valoraranse unicamente méritos relacionados coa área obxecto do concurso acreditados nos dez anos anteriores á convocatoria do concurso, tomando como data de referencia a de remate do período de presentación de solicitudes.

5.1. Actividade profesional non universitaria: ata 0,5 puntos por ano.

5.2. Actividade docente en ensino oficial non universitario: ata 0,5 puntos por ano.

5.3. Actividade asistencial: ata 0,5 puntos por ano.

6. Outros méritos non valorables en epígrafes anteriores. A valoración máxima será de 5 puntos. As persoas candidatas poderán elixir un máximo de sete ítems.

6.1. Coñecementos de linguas estranxeiras: valoración máxima de 1 punto.

6.2. Outras titulacións universitarias oficiais: valoración máxima de 1 punto.

6.3. Outras titulacións e diplomas, como o grao de licenciatura, premios extraordinarios ou outros: valoración máxima de 1 punto por ítem.

6.4. Experiencia en xestión universitaria: valoración máxima de 1 punto por ítem. Valorarase exclusivamente o exercicio de cargos unipersoais recollidos no catálogo aprobado polo Consello de Goberno da USC ou os equivalentes doutras universidades.

6.5. Outras actividades docentes, como docencia en títulos propios, dirección ou codirección de traballos académicos e proxectos de fin de carreira, etc.: valoración máxima de 1 punto por ítem.

6.6. Outras actividades de investigación, como organización de congresos, dirección de publicacións científicas, acreditación I3 e similares, etc.: valoración máxima de 1 punto por ítem.

6.7. Outras actividades de transferencia e divulgación, como conferencias, seminarios, etc.: valoración máxima de 1 punto por ítem.

6.8. Habilitación ou acreditación para corpos docentes de nivel superior ao da praza en concurso: valoración máxima de 1 punto.

6.9. Título de especialista relacionado coa área obxecto do concurso (só no caso de áreas de coñecemento con disciplinas de contido clínico): 3 puntos.

7. Proxecto de actividades docentes. A valoración máxima será de 20 puntos.

ANEXO III

Baremo para as prazas de profesorado asociado

Para cada epígrafe do baremo establécese unha valoración máxima. No suposto de que algún aspirante supere esa valoración, normalizarase a puntuación obtida por todos os aspirantes nesa mesma epígrafe.

1. Rendemento académico. A valoración máxima será de 10 puntos.

1.1. Expediente académico de diplomatura, enxeñaría técnica ou equivalente, de grao e máster ou ben de licenciatura, arquitectura, enxeñaría ou equivalente. A valoración máxima será de 4 puntos. A valoración dos expedientes realizarase de acordo co establecido no Protocolo de colaboración sobre valoración de expedientes académicos subscrito o 15 de setembro de 2011 pola Consellería de Educación e Ordenación Universitaria e as universidades da Coruña, Santiago de Compostela e Vigo (DOG do 30 de setembro). No caso de titulacións que, segundo o criterio razoado da comisión, correspondan a áreas afíns a aquela para a cal se convoca a praza, a puntuación asignada multiplicarase por 0,6 ou por 0,3 en función do grao de afinidade.

1.2. Doutoramento. A valoración máxima será de 4 puntos e realizarase de acordo coas seguintes táboas de equivalencias: sobresaliente cum laude (4 puntos), sobresaliente (3 puntos), notable (2 puntos), aprobado (1 punto). No caso de que o sistema de cualificación conste unicamente de dous graos a valoración será a seguinte: apto cum laude (4 puntos), apto (2 puntos). No caso de titulacións que, segundo o criterio razoado da comisión, correspondan a áreas afíns a aquela para a cal se convoca a praza, a puntuación asignada multiplicarase por 0,6 ou por 0,3 en función do grao de afinidade.

1.3. Mención de doutoramento internacional ou outras mencións de calidade. A valoración máxima será de 2 puntos.

2. Postos desempeñados no ámbito da Universidade ou de organismos públicos de investigación. A valoración máxima será de 15 puntos. Valoraranse unicamente os méritos acreditados nos dez anos anteriores á convocatoria do concurso, tomando como data de referencia a de remate do período de presentación de solicitudes.

2.1. Postos docentes universitarios. A valoración máxima será de 10 puntos.

2.1.1. Docencia a tempo completo na área de coñecemento: 1 punto por curso. Para períodos inferiores a un curso asignarase a puntuación proporcional que corresponda.

2.1.2. Docencia a tempo completo nunha área afín: 0,5 puntos por curso. Para períodos inferiores a un curso asignarase a puntuación proporcional que corresponda.

2.1.3. Docencia a tempo parcial na área de coñecemento, con dedicación P6 ou equivalente: 0,75 puntos por curso. Para períodos inferiores a un curso asignarase a puntuación proporcional que corresponda.

2.1.4. Docencia a tempo parcial nunha área afín, con dedicación P6 ou equivalente: 0,35 puntos por curso. Para períodos inferiores a un curso asignarase a puntuación proporcional que corresponda.

2.1.5. Docencia a tempo parcial na área de coñecemento, con dedicación P3 ou equivalente: 0,35 puntos por curso. Para períodos inferiores a un curso asignarase a puntuación proporcional que corresponda.

2.1.6. Docencia a tempo parcial nunha área afín, con dedicación P3 ou equivalente: 0,175 puntos por curso. Para períodos inferiores a un curso asignarase a puntuación proporcional que corresponda.

2.2. Bolsas e contratos de investigación posdoutorais obtidos no marco de programas competitivos de recursos humanos, en programas propios das universidades e programas de ámbito autonómico, estatal ou internacional: 1 punto por curso, ata un máximo de 5 puntos. Para períodos inferiores a un curso asignarase a puntuación proporcional que corresponda.

2.3. Bolsas e contratos de investigación predoutorais obtidos no marco de programas competitivos de recursos humanos, en programas propios das universidades e programas de ámbito autonómico, estatal ou internacional: 0,75 puntos por curso, ata un máximo de 3 puntos. Para períodos inferiores a un curso asignarase a puntuación proporcional que corresponda.

2.4. Contratos de investigador/a pre e posdoutoral con cargo a proxectos, contratos e convenios de investigación: 0,35 puntos por curso, ata un máximo de 3 puntos. Para períodos inferiores a un curso asignarase a puntuación proporcional que corresponda.

2.5. Colaboración na actividade docente universitaria, en prácticas externas, como profesional externo colaborador ou titor docente e noutras colaboracións: ata 1 punto por curso, cun máximo de 10 puntos. Para períodos inferiores a un curso asignarase a puntuación proporcional que corresponda.

2.6. Participación na ECOE (só en áreas clínicas): 1 punto por curso, ata un máximo de 5 puntos.

2.7. Dirección ou codirección de traballos académicos, como teses de doutoramento, traballos de fin de grao e máster ou proxectos de fin de carreira: ata 1 punto por traballo, ata un máximo de 5 puntos. A valoración de cada un dos traballos asignarase en función do tipo de traballo de que se trate e de se se trata dunha dirección ou codirección.

3. Calidade docente. A valoración máxima será de 5 puntos. Valoraranse unicamente 5 méritos seleccionados polo candidato, correspondentes aos dez anos anteriores á convocatoria do concurso, tomando como data de referencia a de remate do período de presentación de solicitudes.

3.1. Participación en actividades de formación docente: ata 1 punto por cada ítem. A valoración realizarase tendo en conta o tipo de participación, xa sexa como docente ou como asistente, e a súa duración.

3.2. Elaboración de materiais docentes: valoración máxima de 1 punto por cada ítem.

3.3. Realización de estadías de formación docente: ata 1 punto por cada ítem, en función da súa duración.

3.4. Participación en actividades de innovación docente: ata 1 punto por cada ítem. A valoración realizarase tendo en conta o tipo de participación e a súa duración.

4. Experiencia investigadora. A valoración máxima será de 15 puntos. Valoraranse unicamente méritos acreditados nos dez anos anteriores á convocatoria do concurso, tomando como data de referencia a de remate do período de presentación de solicitudes, agás no caso das publicacións científicas, en que se aplicará o disposto no número 4.1.

4.1. Publicacións científicas. A valoración máxima será de 10 puntos. As persoas candidatas poderán achegar un máximo de dez publicacións, cada unha das cales poderá ser valorada cun máximo de 1 punto. Cando menos sete destas publicacións deberán corresponder aos dez anos anteriores á convocatoria do concurso. A puntuación deberá asignarse tendo en conta a calidade da publicación, a calidade da revista ou da editorial en que está publicada, o número de autores, a contribución da persoa aspirante e o grao de afinidade con respecto á área de coñecemento da praza obxecto do concurso.

4.2. Participación en congresos e reunións científicas. A valoración máxima será de 2 puntos. As persoas candidatas poderán achegar un máximo de cinco participacións, cada unha das cales poderá ser valorada cun máximo de 0,4 puntos. A puntuación deberá asignarse tendo en conta a relevancia do congreso, o tipo de participación (relator/a convidado/a, comunicación libre ou outras), o número de autores, a contribución da persoa aspirante e o grao de afinidade con respecto á área de coñecemento da praza obxecto do concurso.

4.3. Participación como investigador/a principal ou como investigador/a en proxectos de investigación competitivos de ámbito autonómico, estatal ou internacional. A valoración máxima será de 1 punto. As persoas candidatas poderán achegar un máximo de tres participacións, cada unha das cales poderá ser valorada cun máximo de 0,35 puntos. A puntuación asignarase tendo en conta o ámbito do proxecto (autonómico, estatal ou internacional), o tipo de participación (investigador/a principal, membro do equipo de investigación, membro do equipo de traballo), e o grao de afinidade con respecto á área de coñecemento da praza obxecto do concurso.

4.4. Participación como investigador/a principal ou como investigador/a en convenios e contratos de investigación non competitivos con empresas e institucións. A valoración máxima será de 0,5 puntos. As persoas candidatas poderán achegar un máximo de tres participacións, cada unha das cales poderá ser valorada cun máximo de 0,2 puntos. A puntuación asignarase tendo en conta a relevancia da actividade, o tipo de participación (investigador/a principal, membro do equipo de investigación, membro do equipo de traballo) e o grao de afinidade con respecto á área de coñecemento da praza obxecto do concurso.

4.5. Estadías de investigación. A valoración máxima será de 0,5 puntos. As persoas candidatas poderán achegar un máximo de tres estadías, que serán valoradas en función da súa duración, a razón de 0,1 puntos por mes. Os períodos inferiores a un mes valoraranse de xeito proporcional.

4.6. Patentes, rexistros da propiedade intelectual e outras actividades de transferencia. A valoración máxima será de 4 puntos. As persoas candidatas poderán achegar un máximo de cinco ítems, que serán valorados, en función da súa relevancia, cun máximo de 0,8 puntos cada un.

5. Experiencia profesional. A valoración máxima será de 50 puntos. Valoraranse unicamente méritos relacionados coa área obxecto do concurso acreditados nos quince anos anteriores á convocatoria do concurso, tomando como data de referencia a de remate do período de presentación de solicitudes.

5.1. Actividade profesional non universitaria: ata 5 puntos por ano.

5.2. Actividade docente en ensino oficial non universitario: ata 5 puntos por ano.

5.3. Actividade asistencial: ata 5 puntos por ano.

6. Outros méritos non valorables en epígrafes anteriores. A valoración máxima será de 5 puntos. As persoas candidatas poderán elixir un máximo de sete ítems.

6.1. Coñecementos de linguas estranxeiras: valoración máxima de 1 punto.

6.2. Outras titulacións universitarias oficiais: valoración máxima de 1 punto.

6.3. Outras titulacións e diplomas, como o grao de licenciatura, premios extraordinarios ou outros: valoración máxima de 1 punto por ítem.

6.4. Experiencia en xestión universitaria: valoración máxima de 1 punto por ítem. Valorarase exclusivamente o exercicio de cargos unipersoais recollidos no catálogo aprobado polo Consello de Goberno da USC ou os equivalentes doutras universidades.

6.5. Outras actividades docentes, como docencia en títulos propios, etc.: valoración máxima de 1 punto por ítem.

6.6. Outras actividades de investigación, como organización de congresos, dirección de publicacións científicas, acreditación I3 e similares, etc.: valoración máxima de 1 punto por ítem.

6.7. Outras actividades de transferencia e divulgación, como conferencias, seminarios, etc.: valoración máxima de 1 punto por ítem.

6.8. Habilitación ou acreditación para corpos docentes de nivel superior ao da praza en concurso: valoración máxima de 3 puntos.

7. Proxecto de actividades docentes. A valoración máxima será de 20 puntos.

ANEXO IV

Acreditación dos méritos

A documentación acreditativa dos méritos deberá reunir os requisitos establecidos no presente anexo e incorporarse á epígrafe correspondente do formulario electrónico en copia dixitalizada en formato PDF. No caso de que a documentación presentada para acreditar un mérito non sexa a adecuada ou non conteña a totalidade da información requirida, o mérito alegado non será obxecto de valoración por parte das comisións de selección.

1. Rendemento académico.

1.1. Expediente académico.

Certificacións académicas oficiais dos estudos universitarios realizados en que consten as titulacións cursadas, as cualificacións recibidas en cada unha das materias e a convocatoria en que foron superadas.

Os expedientes académicos expedidos por universidades estranxeiras, de non podérense valorar de xeito numérico, serán valorados como aprobado.

1.2. Doutoramento.

Título de doutor e certificación en que consten a denominación do título, o título da tese, o nome do director ou directora e a cualificación obtida.

1.3. Mención de doutoramento internacional e outras mencións de calidade.

No caso de que o programa de doutoramento cursado teña mención de calidade ou se trate dun doutoramento europeo, esta circunstancia deberá ser acreditada mediante a certificación pertinente xustificación da súa publicación no BOE.

2. Postos desempeñados no ámbito da universidade ou de organismos públicos de investigación.

2.1. Postos docentes universitarios.

Certificación da universidade, asinada pola autoridade que teña esta función (en xeral, a Secretaría Xeral) onde se expliciten a categoría docente dos postos ocupados, as datas de inicio e fin de cada un deles, o réxime de dedicación e as materias impartidas no marco de titulacións oficiais. No caso de que a certificación sexa asinada por delegación (vicerreitores, decanos/directores de centro, secretario do centro, xefe de servizo...), deberase facer constar este feito no certificado correspondente.

2.2. Bolsas e contratos de investigación posdoutorais obtidos no marco de programas competitivos de recursos humanos.

Copia do contrato ou do documento de concesión por parte do organismo financiador e documentación acreditativa do centro ou institución receptora en que conste a duración efectiva do contrato.

Poderase acreditar este mérito nun único documento emitido pola entidade receptora en que se certifique o tipo de bolsa/contrato e a súa duración efectiva.

2.3. Bolsas e contratos de investigación predoutorais obtidos no marco de programas competitivos de recursos humanos.

Copia do contrato ou do documento de concesión por parte do organismo financiador e documentación acreditativa do centro ou institución receptora en que conste a duración efectiva do contrato.

Poderase acreditar este mérito nun único documento emitido pola entidade receptora en que se certifique o tipo de bolsa/contrato e a súa duración efectiva.

2.4. Contratos de investigador pre e posdoutoral con cargo a proxectos, contratos e convenios de investigación.

Copia do contrato e da documentación acreditativa da súa duración e da función realizada.

2.5. Colaboración na actividade docente universitaria (prácticas externas, docencia clínica e outras colaboracións).

Certificación expedida polo órgano competente da universidade en que consten a actividade realizada e as datas do seu inicio e finalización.

2.6. Participación na ECOE (só en áreas clínicas).

Certificación expedida polo órgano competente da universidade en que se acrediten a participación realizada e a data.

2.7. Dirección ou codirección de traballos académicos.

Certificación expedida polo órgano competente da universidade en que consten o número de traballos dirixidos ou codirixidos, o tipo de traballo a que corresponde cada un, a función realizada e a data de presentación.

3. Calidade docente.

3.1. Participación en actividades de formación docente.

Documentación acreditativa expedida polo órgano competente da universidade ou entidade organizadora en que consten a actividade realizada e a súa duración.

3.2. Elaboración de materiais docentes.

No caso de publicacións accesibles a través de repositorios, enlace á páxina correspondente.

No caso de publicacións impresas, PDF co texto íntegro ou, en todo caso, da primeira e da última páxinas do traballo. Se non figura na primeira páxina a información relativa ao título e número da revista ou ao título do volume, engadiranse copias das páxinas do índice ou da portada en que figuren o ISSN ou o ISBN, segundo corresponda.

No caso de material en soporte electrónico, enlace á páxina correspondente ou PDF co índice e os créditos.

3.3. Estadías de formación docente.

Documentación en que o centro receptor constate a realización da estadía, as súas datas de inicio e finalización e a actividade desenvolvida.

De ser o caso, documento de concesión da axuda para a realización da estadía expedido pola entidade financiadora.

3.4. Participación en actividades de innovación docente.

Documentación acreditativa expedida polo órgano competente da universidade en que consten a actividade realizada e a súa duración.

4. Experiencia investigadora.

4.1. Publicacións científicas.

No caso de publicacións accesibles a través de repositorios, enlace á páxina correspondente.

No caso de artigos e capítulos de libros, PDF co texto íntegro ou, en todo caso, copia da primeira e da última páxinas. Se non figura na primeira páxina a información relativa ao título e número da revista ou ao título do volume, engadiranse copias das páxinas do índice ou da portada en que figuren o ISSN ou o ISBN, segundo corresponda.

No caso de libros, PDF co texto íntegro ou, en todo caso, copia da portada e das páxinas en que figuren os créditos do libro (autor ou editor, editorial, ISBN, data de publicación...) e o índice.

No caso de traballos aceptados para publicación ou en prensa, achegarase unha carta asinada polo editor da revista ou polo responsable da editorial, en que se faga constar a aceptación e o estado da publicación. Non se aceptarán correos electrónicos.

4.2. Participación en congresos e reunións científicas.

No caso de traballos publicados, enlace a un repositorio dixital en que se encontre o texto ou ben PDF co texto íntegro ou, en todo caso, a portada, o índice e os créditos da editorial e a primeira e última páxinas da contribución.

No caso de traballos non publicados, documento que acredite o tipo de participación e PDF coa copia do resumo ou da presentación.

4.3. Participación como investigador principal ou como investigador en proxectos de investigación competitivos.

Copia do documento oficial de concesión, así como das páxinas que acrediten a participación da persoa interesada e que, ademais, indiquen o tipo de participación, a duración do proxecto e a subvención total concedida, ou ben certificado da universidade ou do centro de investigación onde figuren estes datos.

4.4. Participación como investigador principal ou como investigador en convenios e contratos non competitivos con empresas ou institucións.

Certificado da universidade ou do centro de investigación en que se indiquen a actividade obxecto do convenio ou do contrato e a súa duración e importe, e en que se acredite a participación da persoa interesada.

4.5. Estadías de investigación.

Documentación en que o centro receptor constate a realización da estadía, as súas datas de inicio e finalización e a actividade desenvolvida.

De ser o caso, documento de concesión da axuda para a realización da estadía expedido pola entidade financiadora.

4.6. Patentes, rexistros da propiedade intelectual e outras actividades de transferencia.

No caso de patentes concedidas, copia dos documentos oficiais de rexistro e concesión, así como, de ser o caso, dos documentos que acrediten a súa explotación.

No caso de patentes non concedidas, copia dos documentos que acrediten a solicitude e o estado de tramitación. En todo caso, para poder ser valorada unha solicitude de patente, esta deberá ter superado algunha fase que supoña un indicio de calidade.

No caso de rexistros da propiedade intelectual e doutras actividades de transferencia, copia dos documentos que o acrediten.

5. Experiencia profesional.

5.1. Actividade profesional non universitaria.

Copia do contrato de traballo e documento da Seguridade Social ou equivalente en que se acrediten a actividade desenvolvida e as datas de realización.

5.2. Actividade docente en ensino oficial non universitario.

Acreditación do organismo público (mediante certificado dos servizos prestados) ou privado (mediante copia do contrato e documento da Seguridade Social ou equivalente) en que se recollan a actividade docente desenvolvida, a categoría profesional e as datas de realización. Só será computable a ensinanza impartida na educación regrada que conduza á expedición de títulos oficiais.

5.3. Actividade asistencial.

Acreditación do organismo público ou privado en que se desenvolve a actividade e na que figuren as actividades desenvolvidas, a categoría profesional e as datas de realización.

6. Outros méritos non valorables en epígrafes anteriores.

6.1. Coñecementos de linguas estranxeiras.

Certificación do organismo público ou privado en que se acredite este coñecemento.

6.2. Outras titulacións universitarias oficiais.

Título oficial ou certificación académica correspondente.

6.3. Outras titulacións e diplomas (grao de licenciatura, DEA, etc.).

Certificación do organismo público ou privado en que se acrediten os estudos realizados.

6.4. Experiencia en xestión universitaria.

Certificación do exercicio de cargos unipersoais recollidos no catálogo aprobado polo Consello de Goberno da USC (ou equivalentes doutras universidades) en que se acrediten as actividades de xestión realizadas e as datas de realización.

6.5. Outras actividades docentes non incluíbles en epígrafes anteriores.

Certificación do organismo público ou privado en que se acrediten os méritos alegados.

6.6. Outras actividades de investigación non incluíbles en epígrafes anteriores.

Certificación ou documentación acreditativa dos méritos alegados (por exemplo, dirección de publicacións científicas, participación en consellos de redacción e en comités científicos, organización de congresos e reunións científicas, etc.).

6.7. Outras actividades de transferencia e divulgación non incluíbles en epígrafes anteriores.

Certificación ou documentación acreditativa dos méritos alegados (como por exemplo conferencias, seminarios, comisariado ou organización de exposicións, elaboración de catálogos e folletos, etc.).

6.8. Habilitación ou acreditación para figuras e corpos docentes de nivel superior ao da praza en concurso.

Certificado de acreditación expedido pola axencia correspondente.