Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 215 Martes, 12 de novembro de 2019 Páx. 48583

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Facenda

ORDE do 30 de outubro de 2019 pola que se acorda a adxudicación do procedemento de alleamento dun inmoble situado no concello de Ferrol.

Mediante a Orde da Consellería de Facenda do 13 de xuño de 2017 acordouse o alleamento dun inmoble no concello de Ferrol procedente dunha herdanza ab intestato.

Logo de publicarse o 14 de decembro de 2017 no Diario Oficial de Galicia número 236, e nun xornal de ampla difusión (La Voz de Galicia do mesmo día), o Anuncio do 24 de novembro de 2017, da Secretaría Xeral Técnica e do Patrimonio, de alleamento do citado inmoble, celebrouse o día 7 de febreiro de 2018 a primeira, segunda e terceira poxa pública.

Mediante Orde do 8 de marzo de 2018 acordouse declarar deserta a adxudicación do procedemento de alleamento mediante poxa pública do inmoble citado, en primeira, segunda e terceira poxa (DOG núm. 48, do 8 de marzo).

Logo de publicarse o 19 de xuño de 2019 no Diario Oficial de Galicia número 130, e nun xornal de ampla difusión (La Voz de Galicia do mesmo día), o Anuncio da Secretaría Xeral Técnica e do Patrimonio de alleamento do citado inmoble, celebrouse o 18 de setembro de 2019 a poxa pública anunciada, co que á vista da acta da mesa de contratación, de conformidade co disposto no artigo 70 do Decreto 50/1989, polo que se aproba o Regulamento para a execución da Lei do patrimonio da Comunidade Autónoma de Galicia, e tras a proposta da Secretaría Xeral Técnica e do Patrimonio,

DISPOÑO:

Primeiro

Aprobar a seguinte adxudicación:

A Hugo Antonio Jiménez Zamora (DNI 23924126D) polo prezo de vinte e un mil euros (21.000,00 €), en cuarta poxa o local descrito como:

Predio urbano. Letra B (fondo esquerda) da planta 11 do bloque 3 denominado Edificio 13, sito no polígono de Caranza, na avenida de Castelao, sen número, na cidade de Ferrol. Ocupa unha superficie útil de 72,50 m2 e está distribuído en vestíbulo, cociña, estar-comedor, tendedeiro, terraza, baño, aseo e 3 dormitorios. Linda fronte, vivenda A da mesma planta e relanzo de escaleiras; dereita, relanzo de escaleiras e despois ascensores; fondo, zona verde e despois parcela VI-N; esquerda, espazo libre. Libre de cargas. Inscrita no Rexistro da Propiedade de Ferrol como predio 47.615, tomo 1.531, libro 580, folio 140. Referencia catastral 4446303NJ6144N0046PO.

Segundo

O pagamento do prezo de adxudicación efectuarase segundo o estipulado no artigo 70.3 do Decreto 50/1989, do 9 de marzo, polo que se aproba o Regulamento para a execución da Lei de patrimonio.

Terceiro

A venda formalizarase como corpo certo en escritura pública e serán por conta do adquirente os custos do seu outorgamento. Os tributos derivados da transmisión serán exixidos conforme o disposto na lexislación tributaria. Así mesmo, queda a cargo do adxudicatario o pagamento dos custos dos anuncios que se teñan producido neste procedemento de alleamento.

Cuarto

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición perante esta consellería no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, ou recurso contencioso-administrativo perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses.

Santiago de Compostela, 30 de outubro de 2019

O conselleiro de Facenda
P.D. (Orde do 9.1.2012; DOG núm. 9, do 13 de xaneiro)
Mª del Socorro Martín Hierro
Secretaria xeral técnica e do Patrimonio da Consellería de Facenda