Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 215 Martes, 12 de novembro de 2019 Páx. 48582

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Gijón/Xixón

EDICTO (ETX 85/2019).

Gonzalo Pérez Vázquez, letrado da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Xixón, fai saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 85/2019 deste xulgado do social, se ditou a resolución cuxos datos se fan constar a continuación, da cal os interesados poderán ter coñecemento integro na oficina xudicial, e contra a cal cabe interpor o recurso que se indica:

– Resolución: Auto do 3.6.2019.

– Prazo para a interposición do recurso de reposición: tres días.

– Empresa ou persoa a quen se notifica: Francisco Rafael Vincelle Parejo-Bravo.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

Xixón, 21 de outubro de 2019

O letrado da Administración de xustiza