Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 215 Martes, 12 de novembro de 2019 Páx. 48585

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

ANUNCIO do 24 de outubro de 2019, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, polo que se dá publicidade á resolución pola que se outorga a autorización ambiental integrada 2018-IPPC-48-326 para a ampliación dunha explotación porcina de ceba en Codesoso, no concello de Sobrado. Titular: A Riveira, S.C.

De conformidade co disposto no artigo 42 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental (BOE núm. 296, do 11 de decembro), e co artigo 24 do Real decreto lexislativo 1/2016, do 16 de decembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de prevención e control integrados da contaminación (BOE núm. 316, do 31 de decembro), dáse publicidade á seguinte resolución:

Proxecto: ampliación de explotación porcina de ceba en Codesoso.

Procedemento: autorización ambiental integrada e avaliación de impacto ambiental.

Titular: A Riveira, S.C.

Expediente: 2018-IPPC-I-48.

Localización: concello de Sobrado (A Coruña).

Esta resolución poderase consultar en https://cmatv.xunta.gal/busca-de-expedientes-da-autorizacion-ambiental-integrada ou presencialmente na Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático (Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda; rúa San Lázaro, s/n, 2º andar, 15781 Santiago de Compostela).

Santiago de Compostela, 24 de outubro de 2019

María Cruz Ferreira Costa
Directora xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático