Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 214 Luns, 11 de novembro de 2019 Páx. 48373

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Lugo

EDICTO (134/2019).

V91. Remoción do titor 134/2019-E

Procedemento de orixe: tutela 134/2019

Sobre tutela

Ministerio Fiscal

Demandadas: María Begoña Pequeño Vázquez, María Salomé Pequeño Vázquez, Guadalupe Pequeño Vázquez

Procuradora: María José Arias Regueira

Avogado: Francisco Javier Fernández Silva

Eu, María José Núñez Abeledo, letrada da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Lugo, por este edicto

Anuncio:

Neste procedemento seguido por instancia do Ministerio Fiscal contra Begoña Pequeño Vázquez, ditouse a sentenza cuxo encabezamento e resolución son os seguintes:

Sentenza 245/2019

Remoción do titor 134/2019.

Xuíz que a dita: José Luis Deaño Rodríguez.

Lugar: Lugo.

Data: 5 de setembro de 2019.

Demandante: Ministerio Fiscal.

Antecedentes de feito.

Iniciouse, por instancia do Ministerio Fiscal, o procedemento para a remoción de titor no cal se seguiron todos os trámites legalmente exixibles e que culminou cunha vista que tivo lugar no día de hoxe.

Resolvo que Begoña Pequeño Vázquez sexa removida do cargo de titora da incapaz Julia Vázquez Díaz que ata o de agora viña desempeñando e designo a Guadalupe Pequeño Vázquez como a súa defensora xudicial, coas funcións que viña desempeñando a titora, que se manterá nesta función mentres non se nomea un novo titor.

Requíraselle a Begoña Pequeño Vázquez que no prazo de tres meses presente neste xulgado a conta xeral xustificada da administración do patrimonio de Julia Vázquez Díaz que desempeñou como titora.

En canto sexa firme esta resolución, remítase testemuño ao Rexistro Civil para efectuar a correspondente anotación marxinal (artigos 283 e 287 do Regulamento do Rexistro Civil), e incóese procedemento para o nomeamento de novo titor.

Notifíqueselles ás partes e fágaselles saber que esta resolución non é firme e que contra ela cabe interpor recurso de apelación, ante este xulgado, no prazo de vinte días desde o día seguinte ao da súa notificación.

Así o pronuncia, manda e asina José Luis Deaño Rodríguez, maxistrado xuíz do Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Lugo.

Ao encontrarse a dita demandada, María Begoña Pequeño Vázquez, en paradoiro descoñecido, expídese este edicto co fin de que lle sirva de notificación en forma.

Lugo, 21 de outubro de 2019

A letrada da Administración de xustiza