Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 214 Luns, 11 de novembro de 2019 Páx. 48371

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Santiago de Compostela

RESOLUCIÓN do 24 de outubro de 2019 pola que se nomea o tribunal cualificador das probas selectivas para cubrir seis prazas da categoría profesional de técnico/a de investigación, área bioloxía-saúde, grupo III, pola quenda de promoción interna e pola quenda de acceso libre.

Mediante a Resolución do 3 de outubro de 2019 (DOG do 16 de outubro) convócanse probas selectivas para cubrir seis prazas da categoría profesional de técnico/a de investigación, área bioloxía-saúde, grupo III, dúas pola quenda de promoción interna e catro pola quenda de acceso libre, e no seu punto 5.1 establécese que o tribunal cualificador será nomeado mediante resolución reitoral que se publicará no DOG. De conformidade con isto, resolvo nomear o seguinte tribunal cualificador.

Tribunal titular.

Presidente:

– Jesús Aboal Viñas, profesor titular de universidade da USC.

Vogais:

– Ana María García Arrese, persoal laboral fixo, do grupo III da USC.

– Verónica Piñeiro Gómez, persoal laboral fixo do grupo I da USC.

– Bruño da Cuña Mariño, persoal laboral fixo do grupo I da USC.

Secretario:

– José Manuel Caamaño Jerez, funcionario de carreira da escala administrativa da USC, que actuará con voz e voto.

Tribunal suplente.

Presidente:

– María Isabel Santos Rodríguez, profesora titular de universidade da USC.

Vogais:

– Margarita Vilas Cruz, persoal laboral fixo, do grupo III da USC.

– María del Pilar Riveiro López, persoal laboral fixo do grupo III da USC.

– José Manuel Sánchez González, persoal laboral fixo do grupo III da USC.

Secretaria:

– María Obdulia Lareo Currás, funcionaria de carreira da escala administrativa da USC, que actuará con voz e voto.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpor un recurso contencioso-administrativo, ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Non obstante, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso potestativo de reposición, no prazo dun mes, perante o órgano que a ditou. Neste caso non se poderá interpor o dito recurso contencioso-administrativo mentres non se dite resolución expresa ou presunta do recurso administrativo de reposición, ao abeiro do artigo 123 e seguintes da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 24 de outubro de 2019

Antonio López Díaz
Reitor da Universidade de Santiago de Compostela