Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 214 Luns, 11 de novembro de 2019 Páx. 48375

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Pontevedra

EDICTO (DCT 747/2018).

Divorcio contencioso 747/2018.

Sobre divorcio contencioso.

Demandante: María Fernanda Tilve Tilve.

Procuradora: Alejandra Freire Riande.

Avogada: María Dolores Carpintero Vázquez.

Demandado: Luis Antonio Vilardell Weiss.

Gema Antolín Pérez, letrada da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Pontevedra, polo presente anuncio:

No presente procedemento seguido por instancia de María Fernanda Tilve Tilve fronte a Luis Antonio Vilardell Weiss ditouse sentenza, cuxo encabezamento e resolución son do teor literal seguinte:

Sentenza.

En Pontevedra o vinte e cinco de xuño de dous mil dezanove.

Vistos por min, Mª del Mar Felices Esteban, maxistrada xuíza do Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Pontevedra, os precedentes autos de xuízo de divorcio, seguidos ante este xulgado co número 747/2018, en que é parte demandante, María Fernanda Tilve Tilve, representada pola procuradora Alejandra Freire Riande e asistida da letrada Mª Dolores Carpintero Vázquez, e como parte demandada Luis Antonio Vilardell Weiss, declarado en rebeldía procesual.

Resolución:

Estimo a demanda presentada pola procuradora Alejandra Freire Riande, en nome e representación de María Fernanda Tilve Tilve, contra Luis Antonio Vilardell Weiss, en rebeldía procesual, e en consecuencia declaro a disolución por divorcio do matrimonio contraído entre os litigantes o día 6 de setembro de 1991, inscrito no tomo 109, páxina 341 da sección 2ª do Rexistro Civil de Pontevedra, con todos os efectos legais que a devandita declaración comporta. Enténdense revogados definitivamente os poderes e consentimentos que os cónxuxes se outorgasen. Os cónxuxes poderán vivir separados e cesa a presunción de convivencia conxugal. Todo iso sen facer expresa imposición das custas.

Firme esta resolución, comuníquese de oficio ao rexistro civil onde consta inscrito o matrimonio dos cónxuxes litigantes, Rexistro Civil de Pontevedra.

Notifíquese esta resolución en forma legal ás partes, ás cales se advirte que contra esta cabe recurso de apelación para ante a Audiencia Provincial de Pontevedra, que deberá prepararse dentro dos cinco días seguintes á súa notificación ante este xulgado e que se tramitará polas regras establecidas na Lei de axuizamento civil.

Así, por esta miña sentenza, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E encontrándose o devandito demandado, Luis Antonio Vilardell Weiss, en paradoiro descoñecido, expídese o presente co fin de que sirva de notificación en forma a este.

Pontevedra, 27 de setembro de 2019

A letrada da Administración de xustiza