Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 213 Venres, 8 de novembro de 2019 Páx. 48232

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Pontevedra

EDICTO (MMC 401/2017).

Modificación de medidas suposto contencioso 401/2017.

Procedemento orixe: modificación de medidas suposto contencioso 101/2017.

Sobre modificación de medidas.

Demandante: Senén Fernández de la Calle.

Procurador: Rafael Barrios Pérez.

Avogada: Sonia Gulias Torreiro.

Demandada: María del Carmen García Quintela.

Gema Antolín Pérez, letrada da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Pontevedra, polo presente anuncio:

No presente procedemento MMC 401/2017 seguido por instancia de Senén Fernández de la Calle fronte a María del Carmen García Quintela ditouse a Sentenza 206/2019 o 7.6.2019, cuxo encabezamento e parte dispositiva se insiren a seguir:

«Sentenza.

En Pontevedra o sete de xuño de dous mil dezanove.

Vistos por min, María Lourdes Soto Rodríguez, xuíza substituta do Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Pontevedra, os autos de modificación de medidas número 401/2017 en que son parte demandante Senén Fernández de la Calle, representado polo procurador Rafael Barrios Fernández e asistido pola letrada Sonia Gulias Torreiro, e en calidade de demandada María del Carmen García Quintela, en rebeldía procesual».

«Resolución:

Estimo a demanda interposta polo procurador Rafael Barrios Fernández, en nome e representación de Senén Fernández de la Calle, contra María del Carmen García Quintela, en rebeldía procesual, e en consecuencia, dispoño a modificación das medidas acordadas na sentenza ditada polo Xulgado de Primeira Instancia número 1 de Marín en autos de divorcio contencioso 149/2007, do 18 de abril de 2008, nos seguintes termos:

– Déixase sen efecto a patria potestade e o réxime de visitas respecto dos dous fillos maiores de idade ao seren maiores de idade.

– Extínguese a pensión de alimentos a que viña obrigado o pai respecto ao seu fillo Ignacio Fernández García ao ser este maior de idade.

– Establécese a favor da súa outra filla, Carlota Fernández García, a obriga por cada un dos proxenitores de aboar a cantidade de 300 euros/mes e respecto aos gastos extraordinarios deberán ser asumidos por metades por ambos os proxenitores.

Dada a natureza do presente procedemento, non se fai especial pronunciamento en canto ás custas procesuais causadas.

Contra a presente resolución cabe recurso de apelación do que coñecerá a Audiencia de Pontevedra de conformidade co disposto na LAC.

Así, por esta miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E encontrándose a dita demandada, María del Carmen García Quintela, en paradoiro descoñecido, expídese o presente co fin de que sirva de notificación en forma a esta.

Pontevedra, 2 de outubro de 2019

A letrada da Administración de xustiza