Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 213 Venres, 8 de novembro de 2019 Páx. 48234

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Pontevedra

EDICTO (195/2018).

Divorcio contencioso 195/2018

Sobre divorcio contencioso

Demandante: Racheal Ahinaquah

Procuradora: María Ángeles Gerpe Álvarez

Avogado: Francisco Javier Campos Couselo

Demandado: John Yaw Kuma

Gema Antolín Pérez, letrada da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Pontevedra, polo presente anuncio:

No presente procedemento seguido por instancia de Racheal Ahinaquah fronte a John Yaw Kuma ditouse sentenza, cuxo encabezamento e resolución son do teor literal seguinte:

Sentenza

En Pontevedra o 24 de xuño de 2019.

Vistos por min, Mª del Mar Felices Esteban, maxistrada xuíza do Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Pontevedra, os precedentes autos de xuízo de divorcio, seguidos ante este xulgado co número 195/2018, en que é parte demandante Racheal Ahinaquah, representada pola procuradora María Ángeles Gerpe Álvarez e asistida do letrado Francisco Javier Campos Couselo, e parte demandada John Yaw Kuma, declarado en rebeldía procesual.

Resolución

Admito a demanda presentada pola procuradora María Ángeles Gerpe Álvarez, en nome e representación de Racheal Ahinaquah contra John Yaw Kuma, en rebeldía procesual, e en consecuencia declaro a disolución por divorcio do matrimonio contraído entre os litigantes o 9 de marzo de 2007, inscrito no tomo 104, páxina 157 da Sección segunda do Rexistro Civil de Marín, con todos os efectos legais que a devandita declaración comporta. Enténdense revogados definitivamente os poderes e consentimentos que os cónxuxes outorgasen. Os cónxuxes poderán vivir separados e cesa a presunción de convivencia conxugal.

E encontrándose o devandito demandado, John Yaw Kuma, en paradoiro descoñecido, expídese o presente co fin de que sirva de notificación en forma a este.

Pontevedra, 2 de outubro de 2019

A letrada da Administración de xustiza