Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 213 Venres, 8 de novembro de 2019 Páx. 48241

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Pontevedra

EDICTO (PO 673/2018).

Eu, Blanca Susana Janeiro Amela, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 de Pontevedra, fago saber que no procedemento ordinario 673/2018 deste xulgado do social, seguido por instancia de José Manuel González Otero contra a empresa Carpintería y Decoraciones Dios, S.L., Gescarpin, S.L., o Fogasa e Rilcapur, S.L., ditouse a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva se xunta:

Acordo: apróbase a conciliación alcanzada entre as partes, nos termos expresados:

As empresas demandadas Carpintería y Decoraciones Dios, S.L. e Gescarpin, S.L. ofrecen a cantidade de 3.000,00 en concepto de nóminas reclamadas en demanda e liquidación, da que a parte demandante manifesta que se procedeu a aboar con carácter previo a este acto, manifestando o demandando ter entregado a devandita cantidade ao demandante o cal manifesta a súa aceptación.

Dado traslado da proposta empresarial presentada de contrario, o traballador acéptaa, así como a forma de pagamento, e queda co percibo da citada cantidade saldado e liquidado por todos os conceptos reclamados.

Arquívense as actuacións.

E para que sirva de notificación en legal forma a Rilcapur, S.L., en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Pontevedra, 17 de outubro de 2019

A letrada da Administración de xustiza