Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 213 Venres, 8 de novembro de 2019 Páx. 48242

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Reforzo da Coruña

EDICTO (SS 59/2017).

Eu, Marta Yanguas del Valle, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de reforzo da Coruña, fago saber que no procedemento de seguridade social 59/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de Fremap Mutua Colaboradora con la Seguridad Social número 61 contra Celuisma, S.A., Tesouraría Xeral da Seguridade Social e Instituto Nacional da Seguridade Social, sobre seguridade social, se ditou a Sentenza número 394/2019, do 9 de outubro, en que se estima a demanda, e contra a cal cabe interpor recurso de suplicación, ante o Tribunal Superior de Xustiza, que deberá ser anunciado por comparecencia ou mediante escrito presentado neste xulgado dentro dos cinco días seguintes ao da publicación deste edicto. O texto íntegro da resolución está á disposición dos interesados no propio xulgado.

Para que sirva de notificación en legal forma a Celuisma, S.A., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle á destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 16 de outubro de 2019

A letrada da Administración de xustiza