Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 213 Venres, 8 de novembro de 2019 Páx. 48240

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Pontevedra

EDICTO (PO 616/2016).

Eu, Blanca Susana Janeiro Amela, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 de Pontevedra, fago saber que no procedemento PO 616/2016 deste xulgado do social, seguido por instancia de Francisco José Vidal Blanco contra a empresa Construcciones y Demoliciones Sanmartín, S.L.U., se ditou sentenza con data do 6 de xuño de 2019, contra a cal non cabe ningún recurso, que se encontra á súa disposición na oficina xudicial.

E para que sirva de notificación en legal forma a Construcciones y Demoliciones Sanmartín, S.L.U., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese a destinataria de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

Pontevedra, 17 de outubro de 2019

A letrada da Administración de xustiza