Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 209 Luns, 4 de novembro de 2019 Páx. 47477

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 11 de outubro de 2019, da Xefatura Territorial de Ourense, pola se conceden as autorizacións administrativas previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Montederramo (expediente IN407A 2019/032-3).

Visto o expediente para outorgamento da autorización administrativa previa e da autorización administrativa de construción das instalacións eléctricas que a continuación se describen, tal e como se recollen no proxecto asinado polo enxeñeiro industrial Pedro Tizón Barro, colexiado nº 3270 Coeticor, en Ourense o día 22.8.2019, e asinado electronicamente con data do 30.8.2019,

Solicitante: Unión Fenosa Distribución Electricidad, S.A.

Enderezo: A Batundeira, nº 2, 32960 Velle-Ourense.

Denominación: LMT, CT, Alto da Portela (pol. 121, parc. 97, lugar Alto da Portela (Montederramo); ampliación de potencia do CT de 25 kVA Pena Blanca do expte. nº 2834-AT).

Situación: concello de Montederramo.

Descricións técnicas:

– Ampliación de potencia do CT intemperie existente Pena Blanca (32A532) en Alto da Portela, que pasa de 25 a 100 kVA e r/t: 20.000/400 V.

– Reforma da LMT existente a CT Alto da Portela, con inicio en apoio existente BV8I92FD//162-15 e final en apoio de celosía proxectado C-2000/12, cunha lonxitude de 43 m en condutor tipo LA-56.

– Orzamento: 14.209,45 €.

Unha vez cumpridos os trámites ordenados na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e os regulamentarios previstos no capítulo II do título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, coa simplificación dos procedementos que lle son, se é o caso, de aplicación, tal e como se regula nos artigos 37 e 38 da Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais, e na Resolución da Dirección Xeral de Enerxía e Minas do 19 de febreiro de 2014 (DOG do 19.3.2014), esta xefatura territorial, á vista do informe do Servizo de Enerxía e Minas emitido ao respecto, resolve:

Conceder a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción ás devanditas instalacións, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ao proxecto arriba sinalado e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos, se é o caso, polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Esta autorización outórgase sen prexuízo das concesións e autorizacións que sexan necesarias, de acordo con outras disposicións que resulten de aplicación e, en especial, as relativas á ordenación do territorio e ao ambiente.

O prazo de posta en marcha das instalacións que se autorizan será de seis meses, contados a partir da data da última autorización administrativa necesaria para a súa execución.

Contra a presente resolución poderá interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Economía, Emprego e Industria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación desta resolución; tamén poderá interpoñer calquera outro recurso que estime pertinente ao seu dereito.

Ourense, 11 de outubro de 2019

Santiago Álvarez González
Xefe territorial de Ourense