Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 209 Luns, 4 de novembro de 2019 Páx. 47479

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 22 de outubro de 2019, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se fai pública a inscrición do acordo de modificación de estatutos sociais da entidade Simbiosis, Sociedade Cooperativa Galega.

En cumprimento do disposto no artigo 53 do Decreto 430/2001, do 18 de decembro, polo que se aproba o Regulamento do Rexistro de Cooperativas, faise público que esta xefatura territorial resolveu inscribir a modificación de estatutos sociais da entidade Simbiosis, Sociedade Cooperativa Galega, acordada na asemblea xeral do 30 de xullo de 2019, no Rexistro Provincial da Coruña. O seu novo domicilio social é no polígono de Pocomaco, avenida Primeira, número 9, 1º, CP 15190, concello da Coruña, provincia da Coruña.

A Coruña, 22 de outubro de 2019

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña