Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 208 Xoves, 31 de outubro de 2019 Páx. 47258

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (ETX 104/2019).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 104/2019 deste xulgado do social, seguido por instancia de Alfonso Rey Pérez contra María José Lorenzo Gómez, Fidel Derivados Cárnicos, S.L., Campiñas de Laíño, S.A., Refojo y González, S.L., Fogasa e Juan Manuel Capella Pérez, se ditou a seguinte resolución cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

«Auto

Maxistrada xuíza: Ana María Souto González.

Santiago de Compostela, 8 de outubro de 2019

Parte dispositiva

Estímase parcialmente a excepción de incompetencia de xurisdición suscitada e declárase a competencia de xurisdición deste xulgado para coñecer da demanda de execución que deu orixe a este procedemento contra Fidel Derivados Cárnicos, S.L., pero non respecto de Campiñas de Laíño, S.A., Refojo y González, S.L. e Hipescar, S.L.

Notifíqueselles esta resolución ás partes na forma prevista no artigo 248.4 da Lei orgánica do poder xudicial, e fágaselles saber que contra ela non cabe recurso, sen prexuízo de poder reproducir a cuestión no xuízo e, de ser o caso, no recurso contra a sentenza.

Así o pronuncia, manda e asina. Dou fe.

A maxistrada A letrada da Administración de xustiza»

Para que sirva de notificación en legal forma a Fidel Derivados Cárnicos, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 9 de outubro de 2019

A letrada da Administración de xustiza