Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 208 Xoves, 31 de outubro de 2019 Páx. 47257

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Pontevedra

EDICTO (ETX 118/2019).

Eu, Blanca Susana Janeiro Amela, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 de Pontevedra, fago saber que no procedemento execución de títulos xudiciais 118/2019 deste xulgado do social, seguido por instancia de Miguel Ángel Fernández Moledo contra a empresa Senra Alquiler y Venta, S.L., sobre ordinario, se ditou dilixencia de ordenación, auto e decreto con data do 8.10.2019 e 10.10.2019, impugnables en reposición no prazo de tres días, que se encontran á súa disposición na sede do xulgado.

Para que sirva de notificación en legal forma a Senra Alquiler y Venta, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

Pontevedra, 11 de outubro de 2019

A letrada da Administración de xustiza