Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 207 Mércores, 30 de outubro de 2019 Páx. 47054

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (XVB 160/2017).

José Luis Pérez García, letrado da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia número 1 de Santiago de Compostela, polo presente anuncio:

Xuízo verbal 160/2017, seguido por instancia de Santander Consumer Establecimiento Financiero de Crédito, S.A., contra Rubén Iglesias Villar, ditouse sentenza, cuxo teor literal é o seguinte:

Sentenza número 75/2018

Maxistrado xuíz: Jorge Martínez Vázquez

Demandante: Santander Consumer Establecimiento Financiero de Crédito, S.A.

Procuradora: Sra. Malagón Loyo

Avogado: Sr. Rodríguez Hervada

Demandado: Rubén Iglesias Villar (en rebeldía procesual)

Xuízo verbal 160/2017 sobre reclamación de cantidade.

En Santiago de Compostela o 10 de setembro de 2018.

Decido estimar totalmente a demanda interposta por Santander Consumer Establecimiento Financiero de Crédito, S.A., representado pola Sra. Malagón Loyo, contra Rubén Iglesias Villar, en rebeldía procesual, e condeno o demandado a aboar á demandante 3.115,97 euros, máis os xuros legais desde a data de interposición da demanda (o 13 de marzo de 2017).

Iso con imposición de custas ao demandado.

Notifíquese esta sentenza ás partes, facéndolles saber que contra ela cabe recurso de apelación que, se é o caso, deberá interpoñerse ante este mesmo xulgado para a Audiencia Provincial dentro dos vinte días seguintes a aquel en que se notifique esta resolución.

Para a interposición do recurso de apelación será necesaria a constitución previa de depósito de 50 euros, que deberá consignarse na conta de depósitos e consignacións do xulgado, debendo xustificar a consignación no momento de presentar o escrito de interposición. Se o recurso se estimar total ou parcialmente restituirase o depósito, que se perderá para sufragar as actividades do Ministerio de Xustiza e comunidades autónomas en caso de desestimación total. Quedan exentos os que teñan recoñecido do dereito asistencia xurídica gratuíta, así como o Ministerio Fiscal, administracións públicas e organismos autónomos.

Lévese o orixinal ao libro de sentenzas.

Por esta miña sentenza, da que se expedirá testemuño para incorporalo ás actuacións, pronúncioo, mándoo e asínoo. Jorge Martínez Vázquez, maxistrado xuíz deste xulgado.

E encontrándose o devandito demandado, Rubén Iglesias Villar, en paradoiro descoñecido, expídese o presente co fin de que sirva de notificación en forma a este.

Santiago de Compostela, 10 de setembro de 2018

O letrado da Administración de xustiza