Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 207 Mércores, 30 de outubro de 2019 Páx. 47086

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 15 de outubro de 2019, da Xefatura Territorial de Pontevedra, polo que se dá publicidade á Resolución do 16 de setembro de 2019, da Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural, pola que se modifica o acordo de concentración parcelaria da zona de Monte Val do Vea, sector II (A Estrada-Pontevedra).

O 16 de setembro de 2019 o director xeral de Desenvolvemento Rural ditou resolución de modificación do acordo de concentración parcelaria da zona de Monte Val do Vea, sector II (A Estrada-Pontevedra):

O acordo da zona de concentración parcelaria de Monte Val do Vea, sector II (A Estrada-Pontevedra), foi aprobado pola dirección xeral competente na materia con data do 22 de agosto de 2012 e na actualidade encóntrase pendente de declaración de firmeza.

Con posterioridade a estes actos, o Concello da Estrada solicitou a cesión da titularidade dos predios para os fins que seguidamente se indican:

• Predio nº 42 para cargadoiro de madeira.

• Predio nº 122 para área de lecer Pasarela Xirimbao.

• Predio nº 123 para área de lecer Pasarela Xirimbao.

• Predio nº 149 para ampliación dunha curva.

• Predio nº 154 para aparcadoiro.

• Predio nº 187 para cargadoiro de madeira.

• Predio nº 357 para cargadoiro de madeira.

• Predio nº 474 para cargadoiro de madeira.

• Predio nº 497 para área de lecer.

• Predio nº 589 contorna Fonte do Santo.

• Predio nº 592 para área de lecer.

• Predio nº 688 para cargadoiro de madeira.

• Predio nº 766 para depósito de repartición de augas.

• Predio nº 828 para depósito de repartición de augas.

• Predio nº 920 para ampliación do espazo do colexio público Villar Paramá de Souto de Vea.

• Predio nº 951 para cargadoiros de madeira.

• Predio nº 997 para ampliación do local social.

Vista a proposta da xunta local da zona, a Lei de reforma e desenvolvemento agrario, do 12 de xaneiro de 1973; a disposición transitoria primeira da Lei 4/2015, do 17 de xuño, de mellora da estrutura territorial agraria de Galicia; a Lei de reforma e desenvolvemento agrario, do 12 de xaneiro de 1973; a Lei 10/1985, do 14 de agosto, de concentración parcelaria para Galicia, modificada pola Lei 12/2001, do 10 de setembro; a Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e demais disposicións vixentes de aplicación ao caso.

Dados os destinos para os que se solicitan os referidos predios, e respecto dos que se entende que é perfectamente subsumible no suposto recollido no artigo 32 da antedita lei galega, esta dirección xeral resolve:

1. Modificar o acordo de concentración parcelaria da zona de Monte Val do Vea, sector II (A Estrada-Pontevedra), e adxudicar ao Concello da Estrada a titularidade dos predios nº 42, 122, 123, 149, 154, 187, 357, 474, 497, 589, 592, 688, 766, 828, 920, 951 e 997, que causan baixa no Fondo de terras da zona, para seren destinados aos fins que se recollen na parte expositiva da presente resolución.

Transcorridos cinco anos desde a cesión das propiedades, sen que os predios fosen destinados ao fin para os cales son adxudicados, a titularidade dos referidos predios reverterá sobre o Fondo de terras da zona, o patrimonio da Comunidade Autónoma, a Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader) ou outra entidade que corresponda, segundo o caso.

2. Ordenar que á presente resolución se lle dea a oportuna publicidade, sen prexuízo da súa notificación ao Concello da Estrada.

Contra esta resolución, que non é definitiva na vía administrativa, poderase interpor recurso de alzada ante a persoa titular da Consellería do Medio Rural no prazo dun mes, que se contará desde o día seguinte ao da publicación desta resolución.

Pontevedra, 15 de outubro de 2019

Antonio Crespo Iglesias
Xefe territorial de Pontevedra