Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 204 Venres, 25 de outubro de 2019 Páx. 46676

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 6 de Santiago de Compostela

EDICTO e auto de aclaración de sentenza (38/2019).

Cristina Cao Sánchez, letrada da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia número 6 de Santiago de Compostela, fai saber que no presente procedemento, seguido por instancia de Ana Isabel Benites Serquen, beneficiaria de xustiza gratuíta, fronte a Luis Manuel Martins Veiga, se ditaron sentenza e auto de rectificación dela, cuxos teores literais son os seguintes:

«Sentenza 38/2019

Santiago de Compostela, 29 de xaneiro de 2019.

Vistos por min, Roberto Soto Sola, maxistrado xuíz titular do Xulgado de Primeira Instancia número 6 desta localidade e o seu partido xudicial, o presente xuízo verbal nº 120/2018, promovido pola procuradora Sra. Domelo Gómez, en nome e representación de Ana Isabel Benítez Serquen, asistida da letrada Sra. Fernández González, fronte a Luis Manuel Martins Veiga, declarado en rebeldía procesual, con intervención do representante do Ministerio Fiscal, dada a concorrencia dun menor de idade Adrián Martins Benites.

Resolvo:

Que estimando a demanda de xuízo verbal presentada pola procuradora Sra. Domelo Gómez, en nome e representación de Ana Isabel Benítez Serquen, asistida da letrada Sra. Fernández González, fronte a Luis Manuel Martins Veiga, declarado en rebeldía procesual, con intervención do representante do Ministerio Fiscal, dada a concorrencia dun menor de idade Adrián Martins Benites, procede acceder á adopción das seguintes medidas definitivas:

1. Atribúase a garda e custodia do fillo menor de idade á nai, e sexa o exercicio da patria potestade compartido por ambos os proxenitores.

Procede a atribución cautelar, ex 156 e 158.6 do Código civil, en exclusiva á demandante do exercicio da patria potestade en materia de obtención e renovación de DNI e pasaporte de ambos os menores e análogos trámites administrativos.

Remítase oficio ás forzas e corpos de seguridade do Estado para os efectos oportunos, xuntando copia desta sentenza.

En relación coas saídas do menor do país, permíteselle expresamente a Ana Isabel Benites co fin de que poida ir co seu fillo Adrián Martins Benites a Perú visitar a súa familia ou pasar as súas vacacións.

2. Non se fixa réxime de estadías e comunicación, sen prexuízo de ulterior valoración da procedencia da súa fixación por instancia do actual demandado a través da vía dun proceso de modificación de medidas definitivas.

3. Fíxase, en concepto de pensión alimenticia a favor do fillo menor de idade que o demandado deberá aboar, a cantidade de 200 euros mensuais, por meses anticipados, en doce mensualidades ao ano e dentro dos cinco días primeiros de cada mes.

Esta cantidade actualizarase anualmente conforme as variacións que experimente o IPC que publique o INE ou organismo que o substitúa. Así mesmo, deberá aboar os atrasos da dita cantidade desde a interposición da presente demanda.

O demandado deberá contribuír, ademais, ao pagamento do 50 % dos gastos extraordinarios do seu fillo Adrián. Neste punto deberanse incluír expresamente:

a) Gastos médicos e farmacéuticos: gastos relacionados coa saúde que non estean directamente cubertos pola Seguridade Social, mutualidade ou organismo a que puider estar afiliado calquera dos proxenitores e dos que se puider beneficiar o seu fillo Adrián (en particular: odontoloxía, aparellos ortopédicos, lentes, lentes de contacto, etc.), así como calquera consulta ou intervención con facultativo especialista que sexa necesaria e/ou aconsellable por cuestións de saúde e cumpra os requisitos expostos para ser incluída no presente punto.

b) Gastos de estudos: matrículas ou realización de cursos, clases particulares, libros e/ou uniforme escolar, de ser o caso.

c) En particular, calquera gasto considerado como extraordinario, entendendo como tal todos os que sexan necesarios e imprescindibles e que se comuniquen.

d) Todos os gastos aquí relacionados serán liquidados entre os dous proxenitores e, de ser solicitado por eles, con factura ou documento análogo acreditativo do gasto.

Non procede efectuar especial pronunciamento sobre as custas do presente proceso.

Esta resolución non é firme e contra ela cabe interpor recurso de apelación nos prazos e termos previstos na vixente Lei de axuizamento civil, para a súa resolución pola Audiencia Provincial da Coruña (artigos 458 ss. e 776 da Lei de axuizamento civil), logo de consignación do depósito de 50 € previsto na disposición adicional décimo quinta da LOPX.

Así, por esta miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo, Roberto Soto Sola, maxistrado xuíz titular do Xulgado de Primeira Instancia número 6 desta localidade e o seu partido xudicial.

Auto

Maxistrado xuíz: Roberto Soto Sola.

Santiago de Compostela, 5 de febreiro de 2019

Parte dispositiva

Acordo:

Rectificar a Sentenza nº 38/2019, do 29.1.2019, nos seguintes termos:

– Onde di: “ambos os menores”.

– Debe dicir: “o menor Adrián Martins Benites”.

Modo de impugnación: contra esta resolución non cabe ningún recurso, sen prexuízo dos recursos que procedan, de ser o caso, contra a resolución que aquí se aclara/engade.

Así o acorda e asina S.Sª.; dou fe.

O maxistrado xuíz. A letrada da Admón. de xustiza».

E ao estar o dito demandado, Luis Manuel Martins Veiga, en paradoiro descoñecido, expídese este edicto co fin de que lle sirva de notificación en forma.

Santiago de Compostela, 1 de outubro de 2019

A letrada da Administración de xustiza