Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 204 Venres, 25 de outubro de 2019 Páx. 46674

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 4 de Pontevedra

EDICTO de notificación de sentenza (PO 116/2018).

Eu, Pilar Millán Mon, letrada da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia número 4 de Pontevedra, dou fe de que nos autos que se relacionan foi pronunciada a sentenza cuxo encabezamento e parte dispositiva din literalmente:

«Sentencia nº 120/19.

Pontevedra, 25 de maio de 2019.

Vistos por min, Mª del Carmen Novoa Santás, maxistrada xuíza do Xulgado de Primeira Instancia número 4 de Pontevedra, os autos de xuízo ordinario 116/2018 seguidos neste xulgado en virtude de demanda interposta polo procurador Gil Tránchez en nome e representación da entidade Caixabank, S.A. asistida polo letrado Sr. Fernández Varela, contra Alex Mauricio Cerna Araujo, representado polo procurador Domínguez Lino e asistido pola letrada Sra. Carpintero Vázquez e contra Yolanda del Rocío Espín Montenegro, en situación de rebeldía procesual, e sobre acción de resolución contractual con restitución de cantidade e subsidiaria de reclamación de cotas vencidas.

Decido que debo estimar e estimo a demanda formulada polo procurador dos tribunais Gil Tránchez en nome e representación da entidade Caixabank, S.A., declarando o vencemento anticipado da total obriga de pagamento do contrato de crédito hipotecario subscrito polas partes mediante escritura autorizada polo notario de Pontevedra, José Antonio de la Cruz Calderón, o día 30 de agosto de 2006, número 688 do seu protocolo, por incumprimento da obriga de pagamento. Condénase os demandados, solidariamente, a aboar á demandante a cantidade de 190.265,08 euros debida por principal e xuros ao feche da conta, ben como os xuros moratorios que se produzan desde esa data, ao tipo ordinario pactado e despois de sentenza ao tipo legal máis dous puntos, ata o completo pagamento.

Declárase que a demandante ten dereito a que a execución da sentenza se realice con cargo, entre outros, ao dereito real de hipoteca que garante o cumprimento das obrigas pecuniarias do contrato non pago, conservando a hipoteca a súa preferencia e rango tal e como foi pactada na escritura referida.

Todo iso con imposición de custas aos demandados.

Que debo estimar e estimo en parte a demanda reconvencional formulada polo procurador dos tribunais Sr. Domínguez Lino en nome e representación de Álex Mauricio Cerna Araujo e Yolanda del Rocío Espín Montenegro, declarando a nulidade do pacto quinto, relativo a gastos, coas consecuencias expresadas no fundamento de dereito sexto desta sentenza; todo isto sen facer expresa imposición de custas.

Así, por esta sentenza, que non é firme e contra a cal se poderá interpor recurso de apelación ante este mesmo xulgado no prazo de vinte días, logo de constitución de depósito na forma e contía determinada pola Lei 1/2009, do 3 de novembro, mándao e asínao Mª del Carmen Novoa Santás, maxistrada xuíza de primeira instancia deste xulgado. Dou fe».

E como consecuencia do ignorado paradoiro de Yolanda Rocío Espín Montenegro, e para a súa publicación no boletín oficial, expídese este edicto para que sirva de cédula de notificación.

Pontevedra, 2 de outubro de 2019

A letrada da Administración de xustiza