Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 202 Mércores, 23 de outubro de 2019 Páx. 46491

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Coruña

ANUNCIO da aprobación da modificación na ficha de catálogo 8319302, rúa Cantón Pequeno, 27, do Plan especial de protección e reforma interior 2015 da Coruña (expediente 631/2019/151).

O Pleno municipal, na sesión que tivo lugar o 12 de setembro de 2019, adoptou entre outros o seguinte acordo:

Primeiro. Aprobar o documento redactado polo Departamento de Planeamento, denominado Execución da Sentenza número 70/2018, do 15 de febreiro, do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, ditada no procedemento ordinario 4199/2015, contra o Plan especial de protección e reforma interior da Coruña, no Cantón Pequeno, 27, que contén a modificación na ficha e plano número 5.12 nos termos sinalados na Sentenza 70/2018, do 15 de febreiro, ditada pola Sección Segunda da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Segundo. Publicar o acordo de aprobación definitiva no Diario Oficial de Galicia, remitir o documento aprobado á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, para os efectos da súa inscrición no Rexistro de Planeamento Urbanístico de Galicia, e publicar a normativa no Boletín Oficial da provincia.

Terceiro. Comunicar este acordo ao Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no marco da execución da sentenza ditada no PO 4199/2015.

O contido íntegro do documento aprobado pódese consultar nas dependencias municipais de Urbanismo, no enderezo electrónico https.www.coruna.gal/urbanismo na epígrafe «planeamiento/planeamiento vigente», ou ben, desde a mesma web, a través do «Visor estado desarrollo PGOM 2013».

Contra este acordo, con carácter de disposición administrativa de carácter xeral, cabe interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo, ante a sala correspondente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (artigo 84.1 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, e artigo 201.1 do seu regulamento) no prazo de dous meses, que se contarán a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, sen prexuízo de interpoñer calquera outro recurso que se entenda máis procedente e sexa conforme dereito.

A Coruña, 27 de setembro de 2019

A alcaldesa
P.D. (Decreto 3847/2019, do 27.6.2019)
María Hernández García
Directora da Área de Urbanismo