Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 202 Mércores, 23 de outubro de 2019 Páx. 46493

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Negreira

ANUNCIO de ampliación da oferta de emprego público 2018.

A ampliación da oferta de emprego público correspondente ao exercicio 2018 é a contida no Decreto desta alcaldía 184/2019, do 26 de setembro, que está integrada pola seguintes prazas:

Persoal funcionario:

1º. Administrativos. Escala: administrativa de Administración xeral. Subescala: administrativa. Grupo de clasificación: C; subgrupo: C1. O acceso será por promoción interna vertical e a provisión mediante concurso-oposición. Número de prazas: 2.

2º. Coordinadores de Cultura e Deportes. Escala: administrativa de Administración especial. Subescala: administrativa. Grupo de clasificación: C; subgrupo: C1. O acceso será por promoción interna vertical e a provisión mediante concurso-oposición. Número de prazas: 2.

O que se fai público en cumprimento do preceptuado polo artigo 70 do Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público.

Negreira, 26 de setembro de 2019

Manuel Ángel Leis Míguez
Alcalde presidente