Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 202 Mércores, 23 de outubro de 2019 Páx. 46494

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Fundación Manuel Ventura Figueroa

ANUNCIO polo que se fai pública a convocatoria de axudas ao estudo para o curso académico 2019/20.

Á presidenta da Fundación Manuel Ventura Figueroa, en virtude da delegación efectuada polos membros do Padroado na súa reunión do día 27 de xuño de 2019, correspóndelle aprobar a convocatoria das axudas ao estudo para o curso académico 2019/20, con suxeición ás bases da convocatoria cuxo texto se pode consultar na seguinte páxina web (https://sites.google.com/site/fundacionmvfigueroa/).

Os interesados poderán presentar as súas solicitudes no lugar e durante o prazo establecido na convocatoria mediante o modelo que figura como anexo dela.

O que se fai público para xeral coñecemento.

Santiago de Compostela, 1 de outubro de 2019

Carmen Pomar Tojo
Presidenta do Padroado da Fundación Manuel Ventura Figueroa