Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 202 Mércores, 23 de outubro de 2019 Páx. 46490

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Barro

ANUNCIO da aprobación inicial do estudo de detalle das parcelas D-01 a D-10 do Plan de sectorización SRAU-I Outeda-Curro.

Unha vez aprobado inicialmente pola Xunta de Goberno Local do Concello de Barro, en sesión do 7 de outubro de 2019, o estudo de detalle redactado por instancia de Distribuciones Froiz, S.A.U., denominado estudo de detalle das parcelas D-01 A D-10 do Plan de sectorización solo rústico apto para urbanizar (SRAU-I) Outeda-Curro, referente a parcelas D-01 a D-10 do Plan de sectorización SRAU-I Outeda-Curro, co obxecto de reaxustar as aliñacións das parcelas D-01 a D-10.

De conformidade co artigo 80.2 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, sométese o expediente a información pública polo prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Durante o período de información pública quedará o expediente á disposición de calquera que queira examinalo, para os efectos de que se presenten as alegacións que se consideren pertinentes. Así mesmo, estará á disposición dos interesados na sede electrónica deste concello [https://http://barro.sedelectronica.gal].

A aprobación inicial do estudo de detalle comporta a suspensión do outorgamento de licenzas no ámbito afectado por este, suspensión que se extinguirá coa aprobación definitiva do estudo de detalle.

Barro, 17 de outubro de 2019

Xosé Manuel Fernández Abraldes
Alcalde