Mediante a presente cédula, e debido a que as persoas relacionadas non se atoparon nos domicilios que figuran nos rexistros deste centro, ou que se alegaron distintas causas para non recibir as notificacións as persoas que a lexislación autoriza para facerse cargo delas, comunícaselles ás persoas incluídas na relación que se insire que:
Segundo o recollido no anexo IX do Real decreto 1030/2006, do 15 de setembro, polo que se establece a carteira de servizos do Sistema Nacional de Saúde e o procedemento para a súa actualización, así como no artigo 83 da Lei xeral de sanidade e na disposición adicional 10 do texto refundido da Lei xeral de seguridade social, aprobado polo Real decreto lexislativo 8/2015, do 30 de outubro, de non achegaren no prazo de dez (10) días os datos e a documentación necesaria para poder facturar ao terceiro obrigado ao pagamento a asistencia sanitaria que lle foi prestada neste centro sanitario, os gastos asistenciais serán ao seu cargo, tal e como se recolle no artigo 1 do Decreto 56/2014, do 30 de abril (DOG nº 96, do 21 de maio) polo que se establecen as tarifas dos servizos sanitarios prestados nos centros dependentes do Servizo Galego de Saúde, polo que se emitirá factura de gastos sanitarios ao seu nome.
Para todo tipo de consulta ou aclaración sobre a documentación que achegar, deberán poñerse en contacto co Servizo de Facturación deste centro sanitario no teléfono 988 38 58 48/988 36 91 11.
Para que conste, sirva de notificación ao interesado e en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, expido, asino e selo esta cédula; a eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).
Ourense, 10 de outubro de 2019
Félix Rubial Bernárdez
Xerente de Xestión Integrada de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras
ANEXO
Expediente |
DNI/NIF/pasaporte |
201902376 |
47217682Q |
201903124 |
34995381F |
201904124 |
X9734131W |
201802111 |
Y1673133N |
201903785 |
28801197E |
201905763 |
X8302327V |
201903973 |
Y1390065M |
201903249 |
34936172T |
201905572 |
32762573Q |
201904477 |
34628816Q |
201804668 |
47083286D |
201902930 |
36277412H |
201904660 |
49683339G |
201904667 |
34950775K |
201905559 |
34668121Z |
201807586 |
71511663V |